COMMEMORACIÓN DO 20º ANIVERSARIO DO IES

O vindeiro sábado día 8 de maio de 2010 as 12 horas comezarán os actos conmemorativos do aniversario do IES. Tentamos volver xuntar antigos profesores e alumnos. O noso desexo e chegar ó maior número posible de persoas.
O acto constara de dúas partes a “prehistoria” da educación secundaria en Guitiriz, cando este estaba sito na Casa Habanera, e a historia do IES propiamente dito, cando se mudou á Rúa Xermade no curso 89-90.

Avance de programa:
• Recordarán aqueles tempos diferentes profesores e alumnos de cada época,
• A banda municipal e a escola de música interpretarán durante o acto diferentes pezas musicais.
• Teremos unha degustación dun viño da terra e uns pinchos.

Estes actos terán lugar no instituto, a continuación os que o desexen reunirémonos no Restaurante A Casilla, aproximadamente ás 3 da tarde.

O menú será o que segue:
Pinchos variados: croquetas, Xamón, Gambas Orly, etc
• Primeiro: Ameixas á mariñeira.
• Segundo: Tenreira asada con patacas e ensalada de leituga e tomate.
• Postre: Copa especial da casa.
• Bebidas: Branco Albariño e tinto Rioxa Cervexa
,

Prezo por persoa, 30 €

(O restaurante ten un aforo de 220 persoas, superado este número non poderemos admitir máis comensais)

Nota, os interesados deberán ingresar esta cantidade na conta seguinte de Caixa Galicia de Guitiriz:

2091-0122-00-304-0011527

Poñer en concepto o Nome e Apelidos da persoa e a indicación 20 Aniversario.

Pasade este evento a todos os vosos contactos que tiveran relación co Instituto de Guitiriz, e se coñecedes a outra xente que non teña acceso a tuenti, facebook… pasádelle este evento por correo electrónico ou comentádello de outro xeito, porque este e un bo pretexto para xuntarnos e retomar vellos tempos e vellas amizades. Gracias a todos por colaborar.