SECRETARÍA

TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Solicitude

Segundo do artigo 18 da Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.

1. Para a obtención do título de técnico ou de técnico superior, cumprirá acreditar a superación de todos os módulos profesionais de que conste o correspondente ciclo formativo, así como cumprir os requisitos académicos de acceso a el, establecidos no artigo 21 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.

2. Quen non superase na súa totalidade as ensinanzas de cada un dos ciclos formativos recibirá un certificado académico dos módulos profesionais superados que terá, ademais dos efectos académicos, efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional. A certificación realizarase segundo o modelo oficial que se indica no anexo XIII desta orde.

Segundo o artigo 2 da Orde do 23 de abril de 2007 pola que se regulan o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional, en réxime ordinario e para as persoas adultas, e as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e técnico superior.


Os títulos de formación profesional poderán obterse a través das ofertas de ensinanzas que se recollen no artigo 3 desta orde ou ben mediante a superación das probas ( ver www.edu.xunta.es/fp) organizadas para a súa obtención directa.

Así mesmo, para a obtención dos títulos terase en conta o establecido no artigo 8.3 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional.

Artigo 3º.-Oferta das ensinanzas de ciclos formativos.

As ensinanzas de ciclos formativos poderán cursarse:

1. Polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial.

2. Polo réxime para as persoas adultas, de xeito parcial por módulos, nas modalidades presencial, semipresencial ou a distancia, nas condicións e cos requisitos que se establezan.


O alumnado deberá solicitar no centro onde remate os estudos do ciclo formativo de grao superior o título de técnico superior do seguinte xeito:
1.- Encher a solicitude para a expedición do Título de Técnico Superior que se facilita na Secretaría.
2.- Adxuntar fotocopia do DNI do alumno/a.
3.- Abonar a taxa correspondente en calquera entidade bancaria mediante o impreso que se facilitará en Secretaría.

 

 

TAXAS VIXENTES NO ANO 2008

 

TÍTULO
TARIFA NORMAL

FAMILIA NUMEROSA

CATEGORÍA XERAL

FAMILIA NUMEROSA CATEGORÍA ESPECIAL
Técnico Superior
48,84 Euros
24,45 Euros
0 Euros

 



 

Visitas dende 24/04/2003: 337710 | Visitas hoxe: 114

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462