|
![]() |
TÍTULO
DE EDUCACIÓN SECUNDARIA |
Segundo dispón o artigo 17 do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O alumnado que supere todas as materias da etapa obterá o título
de graduado en educación secundaria obrigatoria. Da mesma maneira,
poderán obter o devandito título as alumnas e alumnos que
rematasen o cuarto curso con avaliación negativa nunha ou dúas
materias, e excepcionalmente en tres, sempre que o equipo docente considere
que a natureza e o peso destas 3. O alumnado que curse programas de diversificación curricular obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se supera todos os ámbitos e materias que integran o rograma. Así mesmo, poderá obter o devandito título o alumnado que, tendo superado os dous ámbitos, teñan avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres, sempre que ao xuízo do equipo docente alcanzasen as competencias básicas e os obxectivos da etapa. 4. O alumnado que curse un programa de cualificación profesional inicial obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria se cursa e supera, ademais dos módulos obrigatorios, os módulos voluntarios indicados no artigo 16º. 6 deste decreto. 5. O alumnado con dezaoito anos cumpridos que non obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non teña avaliación negativa en máis de cinco materias disporá, durante os dous anos inmediatamente seguintes ao remate da escolarización, dunha convocatoria anual de probas para superar as materias pendentes de cualificación positiva, nos termos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. En todo caso, as probas terán lugar no mes de xuño e serán incompatibles con estar cursando as ensinanzas de adultos e presentarse ás probas para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria previstas no artigo 68.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 6. O título de graduado en educación secundaria obrigatoria permitirá acceder ao bacharelato, á formación profesional de grao medio, aos ciclos de grao medio de artes plásticas e deseño, ás ensinanzas deportivas de grao medio e ao mundo laboral. 7. O alumnado que curse a educación secundaria obrigatoria e non
obteña o título de graduado en educación secundaria
obrigatoria recibirá un certificado de escolaridade en que se farán
constar os anos e materias cursados.
|
|
||||||||