PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR.
ANO 2007

Requisitos:
- Ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano da realización da proba.
- Ou 18 anos, para quen estea en posesión dun título de técnico da mesma familia profesional ou dunha familia afín.

Inscrición:
- A solicitude preséntase na Secretaría do Instituto entre o día 16 e o 24 de abril de 2007.

A relación provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba publícase o día 25 de abril.

Características da proba:
- A proba consta de dúas partes:
a) Parte xeral: contido linguistico ( lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira) e área de matemáticas.
b) Parte específica: avaliaranse as materias especificas que correspondan en función do ciclo formativo que se desexa cursar (no caso do ciclo de Administración e finanzas, a parte específica corresponderá unicamente a unha materia: Economía e organización de empresas).

Exencións:
- As persoas que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos quedarán exentas da realización da proba.

- As persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudos que se pretendan cursar poden quedar exentos de realizar a parte específica da proba.

Data de celebración das probas:
- O día 22 de maio de 2007.

- As cualificacións provisionais publícanse, no taboleiro do centro e na páxina web www.edu.xunta.es/fp, o 28 de maio de 2007.

- As cualificacións definitivas públicanse o 5 de xuño de 2007.

Visitas dende 24/04/2003: 509766 | Visitas hoxe: 82

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462