Visitas dende 24/04/2003: 337700 | Visitas hoxe: 104

SECRETARÍA

ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO


NOVAS


Só aplicable o curso académico 2008-2009 nas ensinanzas de bacharelato, o prazo de presentación de solicitudes de admisión será:

Do 17 de xuño de 2008 ao 2 de xullo de 2008.

PRAZOS Reserva de praza dun centro a outro a outro ao que se estea adscrito

Do 1 ao 15 de febreiro de cada ano.

Solicitude de admisión

Do 1 de marzo ao 31 de marzo de cada ano.

Nos centros en que exista máis demanda que oferta de postos escolares, as nais / pais ou titores legais do alumnado poderá presentar documentación dos criterios de baremación para ser tidos en conta do 1 ao 20 de abril, ambos os dous inclusive.

Realizada a baremación das solicitudes de admisión publicarase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de admitidos antes do 30 de abril.

O alumnado admitido en cada centro educativo formalizará a matrícula nel (IR A MATRÍCULA).

DOCUMENTACIÓN Documento para reserva de praza. Cambio dun centro a outro ao que se estea adscrito.

Documento para solicitude de admisión

LEXISLACIÓN

Orde do 19 de febreiro de 2008 pola que se establece o prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, nas ensinanzas de bacharelato, para o curso académico 2008-2009.

Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos .

Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Visitas dende 24/04/2003: 337701 | Visitas hoxe: 105

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462