CLAUSTRO DE PROFESORES

 

O claustro do centro reunirase, en sesión ordinaria, alomenos unha vez ó trimestre.

As competencias do Claustro de profesores son segundo o artigo 47 do DOG. do 9 de agosto 1.996:

  • Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativo e curricular do centro e da programación xeral anual.
  • Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual, conforme ó proxecto educativo do centro.
  • Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
  • Elexi-los seus representantes no Consello Escolar do instituto e no consello directivo do centro de formación continuada do profesorado.
  • Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos.
  • Aproba-los criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
  • Aproba-la planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e calendario dos exames ou probas extraordinarias.
  • Analizar e valora-lo rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren pertinentes.
  • Coñece-las candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
  • Coordina-las funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas.
  • Analizar e valora-los resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa ou calquera informe referente á súa marcha.
  • Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación do centro.

Os órganos colexiados reuniranse preceptivamente en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que os convoque o seu presidente ou o solicite un tercio, polo menos, dos seus membros. Neste último caso, o presidente realizará a convocatoria no prazo máximo de vinte días a contados desde o seguinte día a aquel no que se presente a petición. A sesión celebrarase como máximo no prazo dun mes a contado desde o día seguinte á entrega da petición de convocatoria.

En todo caso reuniranse ó inicio e remate de curso.

Visitas dende 24/04/2003: 324817 | Visitas hoxe: 142

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462