|
O IES Poeta Díaz Castro renova o seu compromiso co medio ambiente neste curso, participando en proxectos a curto, medio e longo prazo que combinen a educación para a sostibilidade coa responsabilidade na innovación educativa aplicada ó curriculum. Por iso, ademais de continuar co Comenius do pasado curso, vai iniciar a súa andaina na Axenda 21 Escolar Galega, un programa desenvolvido desde o núcleo de sostibilidade que é Guitiriz para reforzar os compromisos da Axenda 21 europea. Tamén participará en eTwinning, cun proxecto con Irlanda para o estudo das características do centro educativo que desenvolva un análise crítico das mesmas para mellorar o emprego das enerxías no seu mantemento. E por primeira vez, o MEC aprobou un agrupamento escolar con Cádiz e Badajoz para un estudo compartido dos empregos da auga. Desde esta páxina podes consultar cada un dos proxectos. |
|
|
Presentación da a21eg no IES Creación do Comité Ambiental Confirmación da Celebración da primeira xuntanza de alumnos A21 Conferencia sobre Cambio Climático Non esquezas mirar tódalas novidades dos Proxectos eTwinning e da Agrupación Escolar
|
|
|