O Instituto de Educación Secundaria (I.E.S.) de Guitiriz é un centro de titularidade pública dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, con código de Centro nº 27016200. 


 
Foi creado, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, con efectos do día 1 de xullo de 1989, resultado da fusión dunha Sección de Formación Profesional (dependente do Instituto Politécnico de Lugo) e un Instituto Homologado de Bacharelato.

Durante o seu primeiro curso académico de funcionamento, 1989-1990, tivo o seu enderezo oficial na rúa Xeral Franco nº 42, onde funcionara máis de 10 anos a Sección de FP, ainda que utilizou tamén os locais do Homologado e parte da Casa do Concello.

O día 1 de outubro de 1990 estrenou a súa actual ubicación na rúa Xermade. Ten capacidade para 500 alumnos aproximadamente, e conta cunhas instalacións modernas, nas que podemos citar:

Laboratorio de Física e Química
Laboratorio de Ciencias
Aula de Tecnoloxía
Aula de Debuxo
Biblioteca informatizada
Pista polideportiva cuberta e Ximnasio
Aula de Música
Aula de audiovisuais  
Taller de P.G.S. soldadura
Salón de actos
Sala de Profesores
Cafetería
Aula de Informática

Visitas dende 24/04/2003: 325108 | Visitas hoxe: 5

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462