PROBAS DE ACCESO ÓS CICLOS

PROBA DE ACCESO Ó CICLO MEDIO

A proba de acceso é común para todos os ciclos formativos de grao medio. O seu contido atenderá ós aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da ESO.

Os alumnos que non posúan o título da ESO, poderán optar á Proba de acceso ó ciclo cumprindo algún dos seguintes requisitos:

  • Ter 18 anos ou cumprilos no ano de realización das probas

  • Ter superado algún programa de Garantía Social

A inscrición para a proba farase na Secretaría do Centro no prazo comprendido entre o 15 e o 28 de maio de 2002.

Antes do 1 de xuño comunicarase a relación de Centros nos que se realizarán as probas.

As probas celebraranse o 7 de xuño de 2002, en horario de 9:30 a 14:00.

O resultado das probas coñecerase antes do 17 de xuño de 2002.

 

PROBA DE ACCESO Ó CICLO SUPERIOR

Os contidos da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior adecuaranse ós currículos das correspondentes modalidades de Bacharelato.

Os alumnos que non posúan o título de Bacharelato, poderán optar á proba de acceso ó ciclo superior cumprindo algún dos seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos 20 anos ou cumprilos no ano da proba.

  • Ter 18 anos e estar en posesión do título de Técnico da mesma familia profesional.

A inscrición para a proba farase na Secretaría do Centro no prazo comprendido entre o 15 e o 28 de maio de 2002.

Antes do 1 de xuño comunicarase a relación de Centros nos que se realizarán as probas.

As probas celebraranse o 7 de xuño de 2002, en horario de mañá e tarde.

O resultado das probas coñecerase antes do 17 de xuño de 2002.

 

O enderezo da web de ciclos formativos é:

http://edu.xunta.es/ciclos

Visitas dende 24/04/2003: 509778 | Visitas hoxe: 94

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462