¿Que son os Ciclos
Formativos?
A Formación Profesional Específica comprende un conxunto de Ciclos
Formativos que se organizan en módulos profesionais, de formación teórico-práctica
e cunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional
característica do título correspondente.
O
obxectivo da nova Formación Profesional oriéntase non só cara á adquisición
de coñecementos, senón, sobre todo, á adquisición de competencias profesionais
que permitan desempeñar e realiza-los roles e situacións de traballo requeridos
no emprego.
CICLO
FORMATIVO DE GRAO MEDIO:
TÉCNICO EN XESTIÓN
ADMINISTRATIVA
¿Como se accede?
Unha vez superados os 18 anos de idade.
Unha vez superado un Programa de Garantía Social.
Acreditando un ano de experiencia laboral ou de inscrición como demandante
de emprego.
¿Que titulación se
consegue?
Técnico
en Xestión Administrativa.
¿Que facer despois
de cursar este Ciclo Formativo?
Bacharelato
en calquera modalidade.
Ciclo Formativo de Grao Superior mediante
proba de acceso (máis de 18 anos)
Mundo laboral:
Este título permite desempeñar funcións como Auxiliar administrativo,
Axudante de oficina, Auxiliar de documentación e archivo,
Administrativo de banca e institucións financeiras, Auxiliar administrativo
na Administración Pública, Empregado de seguros de producción, Sinistros
e reaseguros, Administrativo comercial, Administrativo de xestión e
de persoal, Xestor de cobros e pagamentos, Caixeiro, Empregado de tesourería,
Empregado de medios de pagamento, Empregado de carteira, Empregado de
valores, Empregado de estranxeiro
Esquema
xeral
Lista de materias
CICLO
FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR:
TÉCNICO SUPERIOR EN
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
¿Como se accede?
-
Co título de Bacharelato.
-
Ter superado o COU.
-
Posuír o título de
Técnico Especialista, Técnico superior ou equivalente para efectos
académicos.
-
Estar en posesión
dunha titulación universitaria ou equivalente.
-
Acceso mediante proba:
Unha vez superados os 20 anos de idade.
Unha vez superado un Ciclo de grao medio se se teñen máis de 18 anos.
¿Que titulación se
consegue?
Técnico
Superior en Administración e Finanzas.
¿Que facer despois
de cursar este Ciclo Formativo?
Acceso á Universidade
nas titulacións relacionadas coa Familia Profesional de Administración:
Mestre, Diplomado
en Biblioteconomía e Documentación, Diplomado en Ciencias Empresariais,
Diplomado en Educación Social, Diplomado en Estatística, Diplomado en
Xestión e Administración Pública, Diplomado en Relacións Laborais, Diplomado
en Traballo Social, Diplomado en Turismo, Enxeñeiro Técnico en Informática
de Xestión, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas.
Mundo laboral:
Administrativo de oficina ou despacho profesional, Administrativo comercial
de xestión e de persoal, Contable, Administrativo de banca e institucións
financeiras, Responsable de tesourería, Responsable de medios de pagamento,
Responsable de Carteira, Responsable de valores, Responsable de estranxeiro,
Administrativo de Administración pública, Técnico en xestión de cobros,Auxiliar
de auditoría, Axente comercial de seguros e bancas e institucións financeiras,
Xestores administrativos,
|