GRUPO DE TEATRO PRÓSOPON DO IES POETA DÍAZ CASTRO DE GUITIRIZ

 

Dende a súa orixe no ano 2002 o Grupo de Teatro Prósopon estivo vencellado ao Departamento Didáctico de Latín e Grego do IES Poeta Díaz Castro. Naceu co obxectivo primordial de difundir o teatro grecolatino, promocionar as Humanidades e a Cultura Clásica, e dar a coñecer a herdanza e as pegadas clásicas no teatro posterior, con especial atención ao teatro galego actual.

O Grupo Prósopon está composto por alumnos de 3º, 4º da ESO e 1º, 2º de Bacharelato e está dirixido por Antonio Mauriz, Xefe do Departamento de Latín e Grego e Guadalupe Pardo, Profesora de Lingua e Literatura Castelás.

 


UNIDADE DIDÁCTICA sobre O SOLDADO FARFALLÁN, de PLAUTO


  1. INTRODUCCIÓN.

    O SOLDADO FARFALLÁN é unha das mellores comedias de Plauto. Nela asistimos á burla dun omnipresente tipo humán, o farfallán, neste caso encarnado nun soldado que cre que todas as mulleres tolean de amor por el.

    Con esta peza de teatro o grupo PRÓSOPON participou no IX FESTIVAL XUVENIL de TEATRO GRECOLATINO de LUGO, organizado no ano 2009 no Auditorio Gustavo Freire pola Delegación Galega da Sociedad de Estudios Clásicos (SEEC) coa colaboración do CONCELLO DE LUGO.

  1. FOTOS

  1. CUESTIÓNS DIDÁCTICAS.

Tenta dar unha resposta ás seguintes cuestións didácticas a partires das fotos que ves enriba.

  1. Tenta extraer conclusións sobre a vida dun soldado na Antigüidade a partires da caracterización escénica (dicción, expresión corporal, vestiario, etc.) de Pirgopolinices, o soldado farfallán.

  1. Observa ben a escenografía e, a partires dela, tenta explicar como era a vida doméstica nas cidades antigas.

  2. Observa a caracterización escénica de Palestrión, o escravo do soldado, e a dos outros escravos e tenta describir, a partires dela, como sería a vida desta clase social na Antigüidade. Compáraa coa clase social dos soldados.

  3. Observa a caracterización escénica de Filocomasia, Acroteleucia e Milfidipa, todas elas cortesanas, e tenta describir, a partires dela, como sería a vida desta clase social na Antigüidade.

  4. Nesta peza hai unha burla aos que se cren poderosos. ¿En que manifestacións concretas de dita peza podes observala? ¿Como cres ti que se podería aplicar ao mundo actual?

  1. FICHA TÉCNICA DO ESPECTÁCULO

Personaxes-Actores

Pirgopolinices, o soldado farfallán---------------Esteban Grandío (2 BAC)

Filocomasia-----------------------------------------Laura Pardo (1 BAC)

Acroteleucia----------------------------------------Iria Villares (1 BAC)

Pleusicles-------------------------------------------Roberto Campello (1 BAC)

Milfidipa--------------------------------------------Sandra Freire (1 BAC)

Palestrión------------------------------------------- Antonio Losada (veterano Prósopon)

Periplectómeno-------------------------------------Julio González (Prof. Dpto. Filosofía)

Artotrogo-------------------------------------------Manuel Carro (4 ESO)

Esceledro--------------------------------------------Yago Freire del Valle (2 BAC)

Escravos de Periplectómeno-------------------------José Bayo, Nicolás Hoces,Samuel Pena, Angel Fraga (2 BAC)

Equipo técnico y artístico, vestiario, decorados:

Carlos Freire, Isaac Currás, Tamara Fernández, Tatiana Fernández, Iago Sánchez,

Estefanía Bergantiños, Alba Losada, Alejandro Paz (4 ESO)

Iria Villares, Alba Penas, Eva Lameiro, Tamara Vázquez, Joana Iglesias, Rocío (1 BAC)

Música:

Carlos Freire (4 ESO)

Dirección:

Lupe Pardo (Prof. Dpto. Lingua e Literatura Castelás) e Antonio Mauriz (Prof. Dpto. Latín e Grego)


UNIDADE DIDÁCTICA sobre NUBES, de ARISTÓFANES


  1. INTRODUCCIÓN.

    NUBES é, quizais, a mellor comedia de Aristófanes. Nela asistimos á crítica do pensamento filosófico de Sócrates, identificado coa doutrina sofística, e á burla da retórica e a oratoria sen sentido. NUBES é unha obra de lectura obrigatoria en 2 BAC e entra na selectividade.

    Con esta peza de teatro o grupo PRÓSOPON fixo, ata o momento, 7 representacións. Participou nos VIII e IX FESTIVAL XUVENIL de TEATRO GRECOLATINO de LUGO, organizados nos anos 2008 e 2009 no Auditorio Gustavo Freire pola Delegación Galega da Sociedad de Estudios Clásicos (SEEC) coa colaboración do CONCELLO DE LUGO e actuou no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

  1. FOTOS

  1. CUESTIÓNS DIDÁCTICAS.

Tenta dar unha resposta ás seguintes cuestións didácticas a partires das fotos que ves enriba.

  1. Tenta extraer conclusións do pensamento socrático a partires da caracterización escénica (dicción, expresión corporal, vestiario, etc.) de Sócrates e os seus discípulos.

        ¿Qué significación simbólica teñen as protagonistas da peza, as Nubes?

B) ¿Por qué inventaría Aristófanes un lugar escénico como o Pensadoiro? ¿Que nos quere transmitir a través desa invención? ¿Como o imaxinarías ti?

  1. Nos casos de Estrepsíades e Fidípides, ¿como cres que axuda a súa caracterización escénica (dicción, expresión corporal, vestiario, etc.) a salientar os seus rasgos principais? ¿Cales son estes?

  2. Tenta describir a relación pai-fillo existente entre Estrepsíades e Fidípides a través da afición deste aos cabalos. ¿Como contribúe a isto o decorado escénico da casa de ambos?

  1. FICHA TÉCNICA DO ESPECTÁCULO

Personaxes-Actores

Estrepsíades---------------Fabián Vázquez (1 BAC)/Julio González (Prof. Dpto. Filosofía)

Fidípides-------------------Esteban Grandío (1 BAC)

Sócrates--------------------Borja Rivas (2 BAC)

Jantias----------------------Roberto Campello (4 ESO)

Coro de Nubes-----------Iria Villares, Sandra Freire, Laura Pardo (4 ESO)

Bailarinas-----------------Silvia Saavedra, Yaiza Vilela (2 BAC)

Razonamiento Justo---Santiago Dans (Prof. Dpto. Historia)

Razonamiento Injusto---Eneko Sertucha (Prof. Dpto. Educación Física)

Acreedor 1º y 2º--------Yago Freire del Valle

Testigo------------------- Melodi Díaz (4 ESO)

Discípulo de Sócrates---Nicolás Hoces (1 BAC)

Otros discípulos-------- Martín, Manuel Carro (4 ESO),

Jordi López y Manuel López (4 ESO D.C.)

4 Cariátides---------------- Noemí Vázquez, Rocío Rego (1 BAC)

Natalia Penas y María Morandeira (2 BAC)

Zeus-------------------------- Julio González (Prof. Dpto. Filosofía)

Nube Reina----------------- Yolanda Gondell (Prof. Dpto. Inglés)

Equipo técnico y artístico:

Thais Chao e Estela Chao (1 BAC)

Vestiario, Decorados:

Thais Chao e Estela Chao (1 BAC), Ángel Fraga (2 BAC), Nieves Andón (4 ESO), Gloria Otero (Prof. Dpto. Historia) e os seus alumnos de Cultura Clásica, Susana Couselo (Prof. Dpto. Tecnoloxía) e os seus alumnos de 3º D.C.

Dirección:

Lupe Pardo (Prof. Dpto. Lingua e Literatura Castelás) e Antonio Mauriz (Prof. Dpto. Latín e Grego)



NOVAS e PRÓXIMAS ACTUACIÓNS:
 

-O Grupo de Teatro Prósopon foi invitado por Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá a participar, coa representación do seu espectáculo, O PREMEXENTES NON PODE COS PAXAROS REBEZOS, de Marica Campo, na HOMENAXE LITERARIA A MARICA CAMPO, CHAIREGA DE HONRA.

 

Data e lugar de representación: 10 de novembro de 2007, ás 17:00h. no Salón de Actos do IES Poeta Díaz Castro.

 

-O Grupo de Teatro Prósopon foi invitado pola Delegación Galega da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos) a participar coa representación do seu espectáculo NUBES, de Aristófanes no Festival de Teatro Grecolatino Lugo 2008 que vai se celebrar os días 3,4,5 e 6 de marzo do 2008 (programa do festival e máis información na páxina web: seecgalicia.org).

 

Data e lugar de representación: 6 de marzo de 2008, ás 17:00 h. no Auditorio Gustavo Freire (Lugo).

 

-Estrea de NUBES, de Aristófanes: 20 de febreiro, no Salón de Actos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.


-2ª representación de NUBES, de Aristófanes: 26 de febreiro, no Salón de Actos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.


-O Grupo Prósopon crea unha AULA DE TEATRO, dirixida a alumnos de 2º e 3º ESO (sobre todo de Cultura Clásica), co obxectivo de formar novos actores, futuros membros de Prósopon, e dotalos de coñecementos técnicos (Técnica Vocal e Expresión Corporal).

 

ESPECTÁCULOS EN CARTEL:

Na actualidade o Grupo Prósopon ten tres espectáculos en cartel:

 

-NUBES, de Aristófanes (en preparación)

 

-O PREMEXENTES NON PODE COS PAXAROS REBEZOS, de Marica Campo

 

-O MUSICLOWN, texto propio

 

INFORMACIÓN SOBRE OS ESPECTÁCULOS EN CARTEL:

 

O PREMEXENTES NON PODE COS PAXAROS REBEZOS

de Marica Campo

 

Durante o curso 2006-07 o grupo de teatro PRÓSOPON quixo facer, á súa maneira, unha homenaxe á escritora e compañeira MARICA CAMPO, profesora do Departamento de Galego no propio IES POETA DÍAZ CASTRO, levando a cabo a montaxe dunha obra súa, O PREMEXENTES NON PODE COS PAXAROS REBEZOS.


Nela asistimos como espectadores á historia duns paxaros que viven tristeiros, pechados nunha gaiola baixo a tiranía do seu dono, o cruel Premexentes. Na montaxe realizada fíxose fincapé na idea da liberdade como froito dunha loita solidaria contra o autoritarismo. Realizouse, ademais, unha “performance” con este contido temático durante algún recreo en varios lugares do IES.


Con este espectáculo o grupo PROSOPON vai participar nunha HOMENAXE LITERARIA A MARICA CAMPO, organizada pola asociación XERMOLOS de GUITIRIZ e a FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DA TERRA CHÁ e que terá lugar o día 10 de novembro.


A continuación podedes ver a ficha técnica dos participantes na montaxe e unhas cantas fotos da mesma:

FICHA TÉCNICA

Personaxes e actores (por orde de aparición):
Paporrubio---------------------------------------------------Esteban Grandío (4 ESO)
Laberca------------------------------------------------------Yolanda Gondell (Profesora do Dpto. Inglés)
Ouriolo----------------------------------------------------- -Sandra Teixido (3 ESO)
Lavandeira----------------------------------------------------Laura Pardo(3 ESO)
Andoriña------------------------------------------------------Iria Villares (3 ESO)
Estorniño-----------------------------------------------------Sonia Martínez (3 ESO)
Canario-------------------------------------------------------Roberto Campello (3 ESO)
Martiño-peixeiro----------------------------------------------Nieves Andón (3 ESO)
Merlo---------------------------------------------------------Fabián Vázquez (3 ESO)
Merla---------------------------------------------------------Melodi Díaz (3 ESO)
Escribano-----------------------------------------------------Santiago Dans (Profesor do Dpto. Xeografía/Historia)
Premexentes--------------------------------------------------Julio González (Profesor do Dpto. Filosofía)
Merliño-------------------------------------------------------Martín Prieto (3 ESO)
Periodista-----------------------------------------------------Sara Castro(4 ESO)
Fotógrafo-----------------------------------------------------Ángel Fraga (1 BAC)
2 nenos do público-------------------------------------------Michael Calvo (1 ESO) e Xosé Manuel López (4 ESO)
Froilán florez, poeta------------------------------------------Eneko Sertucha (Profesor do Dpto. Educación Física)
2 nenas vendedoras------------------------------------------Silvia Saavedra (1 BAC)e Yaiza Vilela (1 BAC)

Escenografía, vestiario e iluminación:
Alba Vidal, Mónica Cruz, Tania Pereira, Iria Salgueiro, Javier Fraga, Jordi López, e Manuel López (Alumnos de 4 ESO DIVERSIFICACION CURRICULAR)

Música:
Lara Valcuence ---Profesora do Dpto. Música

Dirección:

Lupe Pardo e Antonio Mauriz

Fotos de "O PREMEXENTES":

 

O MUSICLOWN,
texto propio

 

O MUSICLOWN é unha obra de teatro na que se misturan o mundo dos clowns e dos paiasos, a música, o baile e o disparate.


SINOPSE: a obra está composta por catro sketches diferentes pero que, á fin, se unen para ofrecer unha visión única (a dos paiasos) das debilidades humanas. No primeiro sketch, titulado “ENFERMAS DE ENVEXA”, dúas vellas rivalizan por ver quen está máis enferma; no segundo, “O MUSICLOWN”, dúas bailarinas ofrecen un numeriño de baile moi curioso; no terceiro, “O DISPARATE”, unha muller ciumenta e o seu marido mullereiro teñen unha liorta disparatada e no cuarto, “A FUNCION DE TEATRO”, uns paiasos asisten a unha estraña función de teatro.

FICHA TÉCNICA

REPARTO:

 

TAQUILLEIRA-------------------------------SONIA MARTÍNEZ (4 ESO)
CIGARREIRA 1/BAILARINA 1-------------YAIZA VILELA (1 BAC)/NOEMI VAZQUEZ (3 ESO)
CIGARREIRA 2/BAILARINA 2-------------SILVIA SAAVEDRA (1 BAC)/ROCIO REGO (3 ESO)
TITIRO, CLOWN----------------------------ESTEBAN GRANDIO (4 BAC)
VELLA ENVEXOSA 1-----------------------IRIA VILLARES (3 ESO)
VELLA ENVEXOSA 2-----------------------MELODI DIAZ (3 ESO)
ACOMODADOR----------------------------SANDRA TEIXIDO (3 ESO)
PEPE (XOSE DO CARME)/ MÉDICO-----BORJA RIVAS (1 BAC)
HOME SERIO/ENFERMEIRA-------------IAGO DEL VALLE (1 BAC)
ENFERMEIRA-------------------------------NIEVES ANDÓN (3 ESO)
MULLER CIUMENTA----------------------LAURA PARDO (3 ESO)
MARIDO MULLEREIRO-------------------FABIAN VAZQUEZ (3 ESO)

 

COREOGRAFÍA: YAIZA VILELA (1 BAC)
VESTIARIO, MAQUILLAXE E DECORADOS: GRUPO PRÓSOPON
TEXTO: GRUPO PRÓSOPON

DIRECCIÓN: GUADALUPE PARDO E ANTONIO MAURIZ

Fotos de "O MUSICLOWN":

HISTORIA do GRUPO de TEATRO PRÓSOPON:

O grupo de teatro PRÓSOPON do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz foi creado no ano 2002. Ao longo destes anos o Grupo Prósopon fixo as seguintes montaxes:

-2007-08: NUBES, de Aristófanes (en preparación)

-2006-07: O PREMEXENTES NON PODE COS PAXAROS REBEZOS, de Marica Campo


-2005-06: O MUSICLOWN, texto propio

-2004-05: O INSPECTOR, de Nikolai Gógol

-2003-04: TRES SOMBREROS DE COPA, de Miguel Mihura

-2002-03: LISÍSTRATA, de Aristófanes
      
Nestes anos o Grupo Prósopon fixo 26 representacións e acadou a cifra aproximada de 2800 espectadores en todas elas, o que fai un promedio de máis de 100 espectadores por función.


      O Grupo Prósopon participou en festivais ou encontros de teatro como as VII e VIII XORNADAS DE ARTES ESCENICAS de FINGOI (Lugo), o IX CAMPAMENTO DE TEATRO XUVENIL de ANTAS de ULLA (Lugo). Representou en centros, entre outros, como o IES POLITÉCNICO de Lugo, o IES ANXEL FOLE de Lugo, o IES XOGRAR AFONSO GOMEZ de Sarria, a UNIVERSIDADE LABORAL de A Coruña, o IES ELVIÑA de A Coruña e o IES ALLER ULLOA de Lalín.

 

Aquí abaixo tedes unhas cantas fotos das nosas representacións máis antigas:

 

Fotos de "EL INSPECTOR":

 

Fotos de "TRES SOMBREROS DE COPA":

 

Fotos de "LISISTRATA":

 

CONTACTO:

Por e-mail: antoniomauriz@edu.xunta.es

 

 

Visitas dende 24/04/2003: 509732 | Visitas hoxe: 48

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462