|
eTwinning forma parte do programa eLearning da Comisión Europea, posto en marcha no 2004. O seu obxectivo é conseguir que dous centros de dous países europeos diferentes aproveiten as posibilidades que as TIC lles ofrecen para colaborar e obter irmandamentos pedagóxicos, sociais e culturais.
Trátase de irmandamentos escolares electrónicos, nos que se promove a conciencia dun modelo europeo de sociedade multilingüe e multicultural.
eTwinning permite desenvolver os seguintes aspectos nos centros participantes:
- Integración das TIC e o marco europeo no ensino
- Innovación pedagóxica
- Unha rede europea fiable
- Beneficios interculturais
|