Formación e Orientación Laboral
  ( F.O.L.)

O Departamento Didáctico de Formación e Orientación Laboral é o órgano básico encargado de organizar e desenvolver as ensinanzas propias do módulo profesional de F.O.L. nos distintos Ciclos Formativos e Programas de Garantía, e as actividades que se lle encomenden, dentro do ámbito de súas competencias.

Ó Departamento de Administrativo do I.E.S. Guitiriz pertence o profesor/profesora que imparta o módulo profesional en:

   CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

   CLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

   PROGRAMA DE GARANTÍA SOCIAL: OPERARIO DE SOLDADURA E CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS

   PROGRAMA DE INICIACIÓN PROFESIONAL

 

As Programacións Didácticas de cada módulo, segundo ó Ciclo ou Programa no que se imparta, indicarán os obxectivos, contidos, metodoloxía... pero dun xeito ou doutro buscarán capacidades terminais sobre...

                Contidos procedementais:

Saúde laboral

  • Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores
  • Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.
  • Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.
  • Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.
  • Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.
  • Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais

  • Identificación das distintas modalidades de contratación.
  • Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.
  • Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos Traballadores.
  • Elaboración dunha folla de salario.
  • Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral

  • Elaboración do "curriculum vitae" e actividades complementarias deste.
  • Identificación e definición de actividades profesionais.
  • Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

Principios de economía

  • Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.
  • Manexo e interpretación de táboas económicas.
  • Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa

  • Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.
  • Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.
  • O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Análise dunha empresa do sector.
  • Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.
  • Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral

  • Condicións de traballo e seguridade.
  • Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.
  • Danos profesionais.
  • Medidas de prevención e protección.
  • Marco legal de prevención laboral.
  • Notificación e investigación de accidentes.
  • Estatística para a seguridade.
  • Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais

  • Dereito laboral nacional e comunitario.
  • Contrato de traballo.
  • Modalidades de contratación.
  • Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.
  • Órganos de representación dos traballadores.
  • Convenios colectivos
  • Conflictos colectivos.
  • Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral

  • Mercado de traballo.
  • A autoorientación profesional.
  • O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.
  • Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.
  • Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.
  • Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía

  • Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.
  • Relacións socioeconómicas internacionais

Economía e organización da empresa

  • A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais.
  • Organigramas.
  • Funcionamento económico da empresa:
  • – Patrimonio da empresa
  • – Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.
  • – Interpretación de estados de contas anuais.
  • – Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia

  • Tipoloxía e funcionamento das empresas.
  • Evolución socio-económica do sector.
  • Situación e tendencia do mercado de traballo.

Visitas dende 24/04/2003: 324866 | Visitas hoxe: 191

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462