|
NORMAS
DA ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Asistencia á clase e puntualidade
A asistencia,
evidentemente, é obrigatoria. Nesta asignatura, ademáis,
dado o seu carácter práctico, ten unha especial relevancia
este apartado.
Xustificacións correctas das faltas de asistencia. Avisar
da súa entrega ó titor/a.
(4 minutos) de chegada ó ximnasio. Ese día xa vimos
coa vestimenta axeitada da casa. Puntualidade máxima.
As faltas reiteradas de puntualidade repercutirán negativamente
na calificación.
Hixiene e vestiario.
-Calzado e roupa axeitada para a práctica da actividade
física. O que no traia a indumentaria axeitada non realiza
a práctica. Como xa se dixo anteriormente, o día da
clase xa vimos co atuendo deportivo posto. Por todo iso, non hai
disculpa posible pola falta de tempo para cambiarse. Hai que prever
con suficiente antelación cando temos a clase de educación
física para que non poñamos as típicas disculpas:
"tiña a roupa mollada", "non me acordei que
hoxe tiña esta clase", etc.
Non realizar a clase con obxectos cortantes (reloxios e pulseras
voluminosas, colares aparatosos, etc.) co fin de que non se produza
ningunha lesión.
Asimesmo, recoméndase a necesidade de realizar un aseo mínimo
despois de rematar cada clase.Dárase un tempo prudencial
a todo aquel alumno/a que queira ducharse (esta actividade valorárase
positivamente na calificación). No caso de que algún
non queira ducharse (xa que hai poucas duchas para facelo todos
á vez cómodamente) será obrigado (aquí
si que hai obrigación) a traer á clase,
como mínimo, unha camiseta, roupa interior e uns calcetíns
deportivos limpos para muda-la roupa sudada que máis contacto
tivo co corpo. É moi importante que os pais tamén
colaboren con estas medidas básicas de hixiene para que os
seus fillos vaian adquirindo uns hábitos saudables.
Situacións excepcionais: non
participación na práctica por diferentes motivos.-
Tódolos alumnos/as que, por un ou outro motivo,
non puidesen realiza-la práctica e si asisten ó instituto
están na obriga de vir ó ximnasio co resto dos seus
compañeiros-as. Neste caso tomarán a clase por escrito
(de tódalas actividades que se estean facendo) e entregárana
cando remate a mesma.
Cando as faltas na práctica sumen tres na mesma
avaliación automáticamente isto conlevará a
realización dun traballo.
Cando un alumno/a contraiga unha lesión de larga duración
(por exemplo, un mes ou máis) cabe a posibilidade dependendo
do tempo de baixa, de que quede exento dos controis prácticos.
Esto non lle impedirá (sempre que poida asistir ó
instituto) da toma escrita das clases e a realización de
traballos de contido teórico.
Se arrastramos unha lesión conxénita (de nacemento)
ou a vimos padecendo dende fai bastantes anos e iso impidenos facer
calquer tipo de actividade ou, o que é máis frecuente,
algún tipo de exercicio concreto, debemos presentar un xustificante
médico no que se comente que tipo de doenza se padece e que
exercicios están contraindicados.
Inxestión de alimentos.
É totalmente contraproducente inxerir alimentos de forma
copiosa xusto antes da práctica do exercicio físico.
Como norma xeral deberiamos deixar un tempo prudencial (un par de
horas) entre a derradeira comida e o comenzo da práctica
deportiva.
Recollida e conservación do
material.
Nas nosas clases é moi frecuente o uso de diferente
material específico da asignatura (balóns, redes,
aparellos ximnásticos, raquetas, etc). É de vital
importancia tratar correctamente dito material. Dispoñer
de material variadol e que estea en boas condicións repercutirá
no ben de todos. Asimesmo, os alumnos/as colaboraran na recollida
de dito material ó remata-la sesión.
Toma de apuntes.
Os alumnos/as traerán caderno e bolígrafo ó
ximnasio para toma-las pertinentes anotacións dos contidos
teóricos que se imparten na asignatura.
Sistema de avaliación.
Sobre un máximo de 10 puntos repártese esta puntuación
en tres bloques:
1º) Parte teórica (2 puntos).- Controis teóricos
e preguntas en determinados intres da sesión sobre contidos
conceptuais.
Para ter dereito a face-la media en dito sistema de avaliación
establécese a obrigatoriedade dunha calificación mínima
no control teórico; esta calificación será
dun 3,5 (sobre un máximo de 10 puntos).
2º) Parte práctica (4 puntos).- Probas de
execución práctica sobre variados contidos traballados.
3º) Contidos actitudinais (4 puntos): ¿qué
predisposición temos ante a asignatura?. Este terceiro apartado
dividiremolo a súa vez noutros dous:
- asistencia (1 punto).
- participación (3 puntos). Aquí entrarían
aspectos como: motivación no traballo, bo uso do material
e colaboración na recollida do mesmo, hixiene personal, respeto
e tolerancia cós compañeiros/as, etc.
Atentamente, o profesor de Educación Física. |