|
¿QUE
É A ORIENTACIÓN EDUCATIVA E PROFESIONAL?
O
actual sistema educativo considera a orientación educativa e profesional
como un elemento básico para axudarlles ós alumnos e alumnas no
seu desenvolvemento integral como persoas e para facilitárlle-la
toma responsable de decisións sobre o seu camiño formativo e o seu
futuro laboral.
A tarefa da orientación consiste
en promover e facilita-lo desenvolvemento persoal, educativo e profesional
do alumno a través da axuda técnica e do asesoramento necesario.
A LOXSE, no artigo 55, converte
a orientación educativa e profesional nun dos factores que favorecen
a calidade e mellora do ensino. Así mesmo, o artigo 60.1 da citada
lei, determina que a titoría e orientación dos alumnos formará parte
da función docente.
A orientación
educativa e profesional é fundamental para o desenvolvemento adecuado
do proceso educativo do alumnado e para aprender a transitar cara
ó mundo laboral. Isto último consiste en traballar cos alumnos e
alumnas axudándolles a lograr a maior concordancia posible entre
os seus intereses, capacidades e expectativas, e as características
e saídas profesionais dos distintos itinerarios formativos que ofrece
o sistema educativo.

A orientación
educativa e profesional deberá desenvolverse nos tres niveis que
estructura a organización escolar:
• na aula:
acción titorial
• no centro:
departamento de orientación
• sector escolar:
equipos de orientación específicos.
Todo
isto baixo unha formulación sistémica de intervención, é dicir,
orientación como proceso e responsabilidade compartida polo equipo
docente, coordinada polo titor, supervisada pola xefatura de estudios
e asistida polo orientador e máis polos servicios externos de apoio.
É, pois, unha tarefa
cooperativa, competencia de todo o profesorado, especialmente dos
titores e apoiada polo departamento de orientación.
A orientación
deberá realizarse como unha parte integrante do proceso educativo
e formativo dos alumnos e alumnas que posibilite na maior medida
a súa autorrealización, xuntando, por unha banda, as capacidades,
actitudes, intereses e valores da persoa e, por outra, as esixencias
derivadas das opcións que ofrece o mundo laboral.
Orientar
é educar para a vida e educar na capacidade para tomar decisións.
Educar
para a vida: as aprendizaxes que realizan os alumnos deben ser funcionáis,
estar en conexión co seu medio e gardar relación co futuro que lles
espera.
Educar
na capacidade para tomar decisións: asesorando os alumnos/as sobre
os diferentes itinerarios e opcións, facüitándolle-lo coñecemento
de si mesmos e capacitándoos para a aprendizaxe.

Esta concepción
da orientación está sustentada e fundamentada en tres principios:
•
Prevención: orientación como un dereito de todo o alumnado,
en todo momento e non únicamente cando
aparece unha problemática específica.
•
Desenvolvemento: os alumnos na súa interacción co medio van
estructurando as súas capacidades, habilidades e destrezas e maila
súa personalidade. Trátase de buscar un contexto motivador que estimule
eses cambios.
•
Intervención social: a intervención orientadora non debe
ter en conta so ó individuo, senón que debe dirixirse ó contexto
educativo e social no que se desenvolve.
No Departamento
de Orientación recae a responsabilidade de garantir o axeitado desenrolo
da orientación educativa e da intervención psicopedagóxica coa finalidade
de “optimiza-lo rendimento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe”.
Como
consecuencia do marco teórico exposto, a orientación educativa pretende:
1.-A
funcionalidade dos aprendizaxes
2.-o axeitado asesoramento ó
alumno ó largo do seu avance no sistema educativo.
3.-Ensinar a aprender.
Con elo, inténtase
lograr unha axeitada educación integral e personalizada que armonice
as tres vertientes orientadoras: Persoal, académica e profesional,
a través da titoría fundamentalmente, considerada a parte nuclear
da acción educativa.
¿Cómo
orientar a todo o alumnado do centro?
Non tódolos
alumnos necesitan ser atendidos directamente polo orientador senón
que esta atención conséguese a través do plan de acción titorial
(PAT). É dicir, o profesorado titor é o responsable de levar a cabo
este plan proposto polo departamento de orientación, mentres que
ó orientador correspóndelle coordinalo, realizar o seu seguimento,
e facilitar materiais de apoio para traballar na hora semanal de
titoría.

O
orientador interven directamente co alumnado sempre que sexa necesario,
coma no caso do alumnado con necesidades educativas especiáis (n.e.e.)
ó que lle debe facer unha avaliación psicopedagóxica para decidir
as medidas de intervención máis adecuadas.
Tamén o orientador
valorará aspectos psicopedagóxicos daqueles alumnos do segundo ciclo
de ESO que son propostos polo equipo de profesores do seu grupo
para seguir un programa de diversificación cumcular (PDC) ou un
programa de garantía social (PGS).
Destinatarios
A orientación
educativa e profesional vai dirixida a toda a comunidade educativa:
==> Ós
alumnos e alumnas, no seu proceso educativo, para melloralo ou para
axudarlles a superar dificultades, e para que desenvolvan adecuadamente
tódalas capacidades (relacionarse cos demáis e co seu entorno, coñecerse
a si mesmos, ser autónomo para aprender...) e que, ademáis, reciban
unha formación que lles permita tomar decisións á hora de establece-lo
seu propio itinerario formativo dentro das diferentes opcións.
=> O profesorado,
para prestarlle apoio e asesoramento nas füncións de orientación
que ten que desenvolver, sobre todo mediante a acción titorial,
e noutras posibles necesidades e demandas puntuáis.
==>
As familias, que teñen o dereito de recibir información e orientación
para colaborar no proceso educativo dos seus fulos e fillas, non
só en aspectos escolares puntuais, senón tamén para o seu desenvolvemento
persoal e sobre o futuro que máis conven conforme as súas capacidades,
intereses e motivacións.

Marco
legal
O
desenvolvemento da citada Lei Orgánica-LOXSE-, na C.A. de Galicia,
concrétase nas seguintes disposicións lexislativas:
*Decreto 324/1996
pola que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación
secundaria.
*Orde do 1
de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións 324/1996 polo
que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación
secundaria e se establece a súa organización e füncionamento.
*Decreto 120/1998
polo que se regula a orientación educativa e profesional na C. A.
de Galicia.
*Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece
a organización e füncionamento da orientación educativa e profesional
nesta Comunidade Autónoma.

Obxectivos do Departamento de Orientación (D.O.):
En consecuencia coa finalidade última da educación
“Que os alumnos/as acaden o pleno desenrolo da súa personalidade
no respeto ós principios democráticos de convivencia e os seus dereitos
e libertades”,o Departamento de Orientación do I.E.S. Guitiriz
ten como obxectivos xerais que guían e dirixen a súa actuación os
seguintes:
*Colaborar
na personalización da educación, favorecendo o desenrolo de todas
as capacidades da persoa, tanto individuais como sociais.
*Planificar,
coordinar e desenrola-las actuacións que se organicen no centro
para atender á diversidade dos alumnos/as, tanto no que respeta
as súas capacidades, intereses e motivacións como ás diferencias
que poidan darse debido o seu orixen social ou cultural.
*Contribuir
a axeitada interacción entre os integrantes da comunidade educativa:
alumnado, familias e profesorado.
*Resalta-los
aspectos orientadores da educación: “Orientación en e para a
vida”, atendendo ó contexto real dos alumnos/as e ó futuro académico-profesional
que poidan proxectar para si mesmos, favorecendo a adquisición
de aprendizaxes funcionais.
*Colaboración
e intercambio de información co Equipo de Orientación Específico,
cos Centros de Educación Primaria dos que proceden os alumnos/as
deste I.E.S., cos Servicios Sociais do Concello, e con todos aqueles
organismos e servicios que poidan ter algunha influenza na orientación
académica-profesional do alumnado.
Plan
de intervención do Departamento de Orientación:
Para
o logro dos obxectivos xerais antes sinalados, e según dispón a
lexislación vixente, o D. O. centra a súa intervención en tres ámbitos
ou programas de actuación:
1.-PROGRAMA DE APOIO O PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE
2.-APOIO Ó PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
3.-PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL
1.-PROGRAMA
DE APOIO Ó PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE.
O obxectivo fundamental
que nos propoñemos, neste ámbito, é Colaborar
co profesorado na atención
a diversidade dos alumnos/as, elaborando propostas para mellora-lo
proceso de ensinanza-aprendizaxe da totalidade do alumnado (plan
de atención a diversidade). Asesorar e ofrecer recursos que favorezan
a posta en práctica de medidas organizativas e curriculares:
a) Medidas preventivas.
Nestas medidas de carácter xeral que están dirixidas a tódolos
alumnos/as para a prevención e detección temperá dos problemas da
aprendizaxe, farase:
- Análises dos datos
dos alumnos/as que cambian
de etapa e dos
alumnos/as novos no centro.
- Avaliacións iniciais
para coñecer o nivel de competencia curricular inicial dos alumnos/as.
- Orientacións o profesorado sobre: metodoloxía , criterios e procedementos
de avaliación.
b) Medidas de apoio ordinarias:
Intentamos dar resposta os problemas da aprendizaxe
dende dentro do currículo ordinario:
- Avaliación psicopedagóxica
de algúns alumnos/as.
- Asesorar ó profesorado sobre
actividades de recuperación e reforzo.
- Organizar e desenvolver actividades
de reforzo.
- Participar no seguimento destes
alumnos/as.
c) Medidas de carácter
extraordinario: Serán medidas de carácter excepcional que se
levarán a cabo con alumnos/as
que presenten unha
gran dificultade para acceder o currículo que lle corresponde por
idade e curso escolar.
Para esto levaranse a cabo:
* Entrevistas cos pais, profesores
e alumno/a.
* Avaliación psicopedagóxica:
- Análises da información
relevante de tipo escolar, social e familiar
- As medidas educativas adoptadas
anteriormente.
- Valoración do
nivel de competencia curricular alcanzado polo alumno nas distintas
áreas.
- Valoración da capacidade intelectual
a través de probas estandarizadas.
* Adaptación curricular por
áreas.
* Elaboración do documento de adaptación individualizado
para remitilo ó servicio da
Inspección correspondente.
2.- APOIO Ó
PLANO DE ACCIÓN TITORIAL
:
A acción titorial instrumentalízase
por medio do plano de acción titorial, que é o marco no que se especifican
os criterios e procedementos para a organización e funcionamento
das titorías. Nel vanse a recoller as liñas de actuación dos titores
co alumnado de cada grupo, cos profesores e coas familias.
A acción titorial terá como obxectivo:
* Favorecer a integración
e participación dos alumnos/as na vida do centro.
* Realizar o seguimento
personalizado do seu proceso de aprendizaxe.
* Facilitar a toma
de decisións respecto o seu futuro académico e profesional.
O Departamento de
Orientación, en colaboración coa Xefatura de Estudios, coordina
e colabora no desenvolvemento do Plan de Acción Titorial, facendo
propostas de actividades, así como asesorando e apoiando con diversos
materiais ós titores/as, ós alumnos/as e os pais.
3.-
PLANO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO
E PROFESIONAL:
A orientación académico-profesional ten por obxecto axudar
ó estudiante ó longo da Educación Secundaria a coñecer, valorar
e decidir sobre si mesmo e sobre a súas preferencias, intereses
e capacidades académico-profesionais, para que poida formular libre
e responsablemente a súa decisión persoal, que deberá concretar
nun plan ou proxecto concreto.
Entendemos a orientación académica e profesional como un
proceso que se desenvolve durante toda a Educación Secundaria e
que ten especial importancia :
·
Nos momentos en que decidir unha opción pode condicionar
o futuro académico e profesional do estudiante: paso de 3º a 4º da ESO, posibilidades académicas e profesionais
ó remata-la E.S.O., elección de optativas e itinerarios académicos
en Bacharelato ou nos Ciclos formativos de F.P., qué facer ó acabar
Bacharelato ou ó acabar un Ciclo de Formación Profesional.
As
actuacións englobadas neste ámbito, teñen por finalidade axudar
ó alumno/a no proceso de toma de decisións, e realizaranse fundamentalmente
a través do titor/a na hora de titoría e
a través do Departamento de Orientación. As fases que comprende
o programa de orientación académico-profesional son tres:
1.-Fase
de información-investigación: Pretende amplia-los coñecementos
que o alumno ten sobre si mesmo, o sistema educativo e o mundo laboral,
así como dotalo de habilidades e estratexias persoais de busca,
selección, tratamento
e selección da información.
2.-
Fase de reflexión: Pretende promove-la reflexión sobre o
axuste entre a realidade persoal do alumno/a e as opcións e posibilidades
que se lle presentan.
3.-Fase
de toma de decisións: Debe optar por unha das alternativas educativas
ou profesionais
É responsabilidade
do D.O. coordina-la orientación académica e profesional do alumnado
ó longo da súa estancia no centro
|