Departamento didáctico da familia profesional de Administración

Novas:

Proceso admisión curso 2007-08


Folleto informativo da familia profesional de Administración


Ligazóns:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Ministerio de Educación e Ciencia


Contacta connosco:

Departamento Administrativo



 

 

Ciclo formativo de grao superior

Administración e finanzas

O Instituto de Guitiriz foi un dos que en Galicia se anticiparon ao proceso de implantación xeralizada dos ciclos formativos de formación profesional.

Desde que, nese proceso de anticipación, se deixaron de impartir os cursos de FP-I e FP-II, temos ido acumulando experiencia na oferta de ciclos da familia profesional de Administración, tanto de grao medio como de grao superior.

O ciclo superior de Administración e finanzas ven completar a oferta educativa existente no concello de Guitiriz. Así, ademais da oferta de educación infantil e primaria existente noutros centros do concello; e a de educación secundaria, tanto obrigatoria como postobrigatoria, que se oferta no propio instituto, o ciclo de Administración e finanzas supón a posibilidade de, tamén en Guitiriz, cursar ensinanza superior.

A superación deste ciclo formativo dá lugar á obtención do título oficial de Técnico superior en Administración e finanzas, co recoñecemento de cualificación profesional que iso supón, cada vez máis aprezada polas empresas, o que incrementa as posibilidades de colocación con respecto ás persoas non cualificadas profesionalmente.

O plan de formación do ciclo de Administración e finanzas está constituído, xunto cos módulos que se imparten no propio IES Poeta Díaz Castro, por un módulo obrigatorio de Formación en centros de traballo (FCT), que se realiza en empresas ou institucións que colaboran co instituto para desenvolver, na parte final dos estudos, as experiencias prácticas que complementen a formación antes recibida. Deste xeito, alumnado do Instituto ten realizado a FCT en empresas do termo municipal (Ingemarga, Concello de Guitiriz, asesorías laborais e contables, xestorías...) pero tamén doutros concellos (ERYMSA, no concello de Begonte; Carrefour Lugo, Carrefour A Coruña, etc.); e estamos dispostos a xestionar a realización do módulo de FCT con calquera empresa ou institución que, como ata agora, coa súa inestimable colaboración, posibilite completar a formación práctica contemplada no módulo.

O título de Técnico superior en Administración e finanzas facilita, evidentemente, o acceso ao mundo laboral con cualificación profesional acreditada. Pero o alumnado que teña interese polas ciencias sociais e xurídicas e polas enxeñerías técnicas ten, ademais, a posibilidade de acceso directo a titulacións universitarias relacionadas, tanto de primeiro ciclo como de primeiro e segundo ciclo, pois cómpre lembrar que se ten ampliado o acceso directo a varias licenciaturas.

Pero é que, ademais, cursar o ciclo de Administración e finanzas pode ser unha estupenda forma de acceder á Universidade. E isto, dada a relación entre a ensinanza superior profesional e a universitaria, pola validación de materias da carreira (nalgunhas titulacións, nun importante número de créditos) ao posuír o título de Técnico superior.

Como ves, no IES Poeta Díaz Castro, en Guitiriz, preséntaseche a oportunidade de cursar o ciclo superior de Administración e finanzas, uns estudos que che abren portas.

Regulación do desenvolvemento dos ciclos de F.P.

Regulación do procedemento de admisión

Instrucións para o proceso de admisión

Regulación do módulo de FCT [corrección de erros]

Axudas para o alumnado que realiza a FCT

Visitas dende 24/04/2003: 437121 | Visitas hoxe: 63

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462