MENU
|
|
|
RECURSOS NA
REDE
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Páxinas dos
alumnos
|
Proxectos
|
Actividades
extraescolares
|
|
CONTIDOS
DA ASIGNATURA
Primeiro
curso.
I. Materiais
de uso técnico.
-Materiais de uso habitual: clasificación xeral.
Materiais naturais e transformados.
-A madeira: constitución. Propiedades e caracte-rísticas.
Madeiras de uso habitual. Identificación de madeiras naturais
e transformadas. Derivados da
madeira: papel e cartón. Taboleiros artificiais. Aplicacións
máis comúns das madeiras naturais e
manufacturadas.
-Técnicas básicas e industriais para o traballo con madeira.
Manexo de ferramentas e uso seguro delas.
-Elaboración de obxectos sinxelos empregando a madeira e os seus
transformados como materia fundamental.
II. Técnicas
de expresión e comunicación gráfica.
-Instrumentos de debuxo: de trazado e auxiliares.
Realización de debuxos sinxelos utilizando a regra,
-O escuadro, o cartabón e o compás. Metroloxía básica:
a regra graduada, o transportador e as cintas métricas.
-Soportes: tipos de papel.
-Bosquexo e esbozo como ferramentas de traballo e comunicación.
-Representación de obxectos mediante a descomposición en
vistas. Introducción intuitiva á representación
en perspectiva.
III. Estructuras
e mecanismos.
-Tipos de estructuras resistentes: masivas, entramadas, colgadas e estructuras
de barras. Triangulación. Esforzos básicos. Elementos resistentes.
Aplicacións.
-Identificación de elementos básicos en estructuras convencionais:
cimentación, soportes, vigas e forxados.
IV. Electricidade
e electrónica.
-Introducción á corrente eléctrica.
-Descrición de elementos eléctricos simples: pila, interruptor
e lámpada. Introducción ó circuíto en serie
e en paralelo. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor. Análise
de obxectos técnicos que apliquen estes efectos.
-Aplicación práctica destes conceptos á elaboración
de circuítos sinxelos.
V. Tecnoloxías
da información.
-O ordenador e os seus elementos, funcionamento e manexo básico.
Descrición básica de CPU e peri-féricos: monitor,
teclado, rato e impresora.
-O ordenador como ferramenta de expresión e comunicación
de ideas: procesadores de texto. Edición de arquivos. Táboas
e gráficos nun texto. Introducción a outras aplicacións
ofimáticas.
-O ordenador como ferramenta de busca de información: enciclopedias
virtuais e outros soportes.
VI. A internet
e as comunidades virtuais.
-Busca de información a través da rede internet.
VII. Tecnoloxía
e sociedade.
-A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamentos
do labor tecnolóxico.
-O proceso inventivo e de deseño: identificación do problema
ou da necesidade, exploración e investigación do contorno,
busca de información, resolución de problemas, planificación
e organización de tarefas, xestión e valoración
de traballos.
VIII. Actitudes,
valores e normas.
-Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación
dos traballos técnicos desenvolvidos.
-Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación
de ferramentas, así como de consumo de materiais na aula taller
de tecnoloxía.
-Interese na adquisición de destrezas de representación
gráfica para a descrición técnica de obxectos.
-Curiosidade por coñecelos diferentes tipos de estructuras empregadas
para a solución de problemas constructivos.
-Sensibilidade diante dos riscos da electricidade e no proceso de recollida
selectiva de materiais de refugallo, como por exemplo as pilas, na reutilización
e na reciclaxe de materiais.
-Interese por coñecelas posibilidades do ordenador e da internet
como importantes ferramentas da tecnoloxía.
-Valoración da incidencia da innovación tecnolóxica
no ámbito do traballo e da calidade de vida.
Subir
Segundo
curso.
Contidos.
I. Materiais de uso
técnico.
-Materiais férricos. O ferro: extracción, fundición
e obtención do aceiro. Propiedades características: mecánicas,
eléctricas e térmicas. Aplicacións.
-Metais non férricos: cobre e aluminio. Obtención e propiedades
mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.
-Técnicas básicas e industriais para o traballo con metais.
Manexo de ferramentas e uso seguro delas.
II. Técnicas
de expresión e comunicación gráfica.
-Sistemas de representación. Perspectiva. Normalización:
formatos.
-Proporcionalidade entre debuxo e realidade. Escalas. Acoutamento.
-Metroloxía: uso do calibre.
III. Estructuras
e mecanismos.
-Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión
e transformación de movementos: pan-cas, poleas, engrenaxes, parafuso
sen fin, piñón e cremalleira, leva, roda excéntrica,
biela e manivela.
-Relación de transmisión. Aplicacións.
-Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación
destas en dispositvos de uso habitual.
IV. Electricidade
e electrónica.
-Circuíto eléctrico: voltaxe e intensidade. Lei de Ohm.
Circuíto en serie, paralelo e mixto. Simboloxía.
-Efectos da corrente eléctrica: electromagnetismo. Aplicacións.
-Máquinas eléctricas básicas: dínamo e motor
de corrente continua. Xeración de corrente eléctrica. Alternador.
-Aplicacións dos elementos eléctricos de forma práctica
nalgún proxecto sinxelo.
V. Enerxía
e a súa transformación.
-Fontes de enerxía: clasificación xeral. Fontes de enerxía
renovables e non renovables.
-Combustibles fósiles: petróleo e carbón. Biocombustibles.
-Transformación de enerxía térmica en mecánica:
a máquina de vapor, o motor de combustión interna, a turbina
e o reactor. Descrición e funcionamento.
VI. Tecnoloxías
da información.
-Compoñentes do ordenador: elementos de entrada, saída
e proceso. Periféricos habituais.
-Introducción ó conexionado de periféricos á CPU.
-Ferramentas básicas para o debuxo vectorial e o grafismo artístico.
Aplicación xenérica dalgún programa de debuxo e
deseño.
-Iniciación á folla de cálculo. Fórmulas.
Elaboración de gráficas.
VII. A
internet e as comunidades virtuais.
-O ordenador como medio de comunicación: a internet. Páxinas
web. Correo electrónico. Emprego práctico destas ferramentas.
VIII. Actitudes,
valores e normas.
-Disposición positiva a colaborar en pequeno grupo, nun clima
de confianza, na busca de solucións técnicas a un problema
práctico.
-Interese na precisa descrición técnica de mecanismos e
circuítos, utilizando correctamente a metroloxía e os sistemas
de representación gráfica.
-Respecto polas instruccións para a correcta utilización
de máquinas e instrumentos na aulataller de tecnoloxía.
-Sensibilidade e aceptación das normas e das medidas para propicialo
aforro enerxético e minimizalos impactos ambientais da utilización
das combustións e dos motores.
-Recoñecemento da internet como medio de comunicación e
valoración crítica da información dispoñible
segundo as fontes.
Subir
Terceiro
curso.
Contidos.
I. Materiais de
uso técnico.
-Introducción ós plásticos: clasificación.
Obten-ción.
Propiedades características. Aplicacións en vivendas.
-Técnicas básicas e industriais para o traballo con plásticos.
Ferramentas e uso seguro das mesmas.
-Materiais de construcción: pétreos e cerámicos.
Propiedades características.
II. Electricidade
e electrónica.
-Circuíto eléctrico: corrente alterna e corrente continua.
Potencia e enerxía eléctrica. Montaxes eléctricos
sinxelos: circuítos mixtos.
-Manexo do polímetro dixital. Realización de medidas sinxelas.
-Introducción á electrónica básica: o transistor
como interruptor en montaxes básicos. O circuíto
integrado.
-Aplicación de elementos eléctricos nalgún circuíto
sinxelo e realización de medidas Elementais.
III. Enerxía
e a súa transformación.
-Enerxía eléctrica: xeración, transporte, distribución
e consumo. Centrais. Aforro enerxético.
-Tratamento de emisións e de residuos.
-Fontes de enerxía renovables: sistemas técnicos para o
aproveitamento da enerxía eólica, solar e da biomasa.
IV. Instalacións
técnicas.
-Subministracións á vivenda: instalacións eléctrica,
de gas, de calefacción, de auga e de saneamento.
V. Tecnoloxías
da información.
-Arquitectura e funcionamento do ordenador. Compoñentes internos:
descrición e funcionalidade.
-Introducción ós conceptos de sistema operativo e de programa.
Linguaxes para o desenvolvemento de aplicacións.
-Organización da información: xestor de bases de datos.
Busca de información, creación e actualización dunha
base de datos.
VI. Tecnoloxías
da comunicación.
-Comunicación con fíos e sen fíos. Telefonía,
radio e televisión. O espacio radioeléctrico.
VII. A
internet e as comunidades virtuais.
-O ordenador como ferramenta de comunicación: comunidades e aulas
virtuais. Chats e videoconferencia. Mensaxería instantánea.
-Elaboración de páxinas html. Publicación dun web.
VIII. Control
e robótica.
-Máquinas automáticas e robots: automatismos.
Arquitectura dun robot. Elementos mecánicos e eléctricos
para que un robot se mova.
IX. Tecnoloxía
e sociedade.
-Tecnoloxía e ambiente: impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico.
Contaminación. Esgotamento dos recursos enerxéticos e das
materias primas.Tecnoloxías correctoras. Desenvolvemento sustentable.
X. Actitudes,
valores e normas.
-Actitude de cooperación responsable nas tarefas de equipo para
o deseño, a realización e a avaliación dun traballo
técnico.
-Valoración das normas de seguridade e higiene na aulataller de
tecnoloxía e consideración dos perigos que comporta o uso
dos seus equipos e instalacións.
-Interese por coñecelos distintos materiais constructivos empregados
na realización de infraestructuras e instalacións nas edificacións.
-Valoración da transcendencia das aplicacións da electrónica
na sociedade actual e interese pola busca de novas posibilidades de utilización
destes dispositivos.
-Corresponsabilidade na elaboración e na
difusión de informacións vía web e respecto
polas persoas e polas súas opinións ó participar
en encontros na internet.
-Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico
e cooperación na utilización axeitada dos recursos naturais
e na conservación do ambiente, especialmente en Galicia.
Criterios
de avaliación.
* Citar propiedades básicas dos plásticos
como materiais técnicos, enumerar algunhas das súas
variedades máis utilizadas, indentificándoas nos obxectos
e nas aplicacións técnicas máis usuais, e empregar
técnicas básicas de conformación, unión e
acabamento de forma correcta, mantendo os criterios de seguridade axeitados.
* Montar circuítos sinxelos, a partir dun esquema predeterminado,
con compoñentes electrónicos como resistencias, condensadores,
bobinas, díodos e transistores.
* Identificalos elementos máis usuais que compoñen a rede
eléctrica dunha vivenda tipo sinxela, tanto no seu esquema eléctrico
como na propia instalación, e describir brevemente a súa
función.
* Identificalos elementos que constitúen a arquitectura física
dun ordenador tipo e os procesos lóxicos que explican o seu funcionamento
básico.
* Recompilar e procesar información nun xestor de bases de datos,
actualizando e modificando rexistros e táboas e creando algunha
base de datos sinxela.
* Utilizalos servicios da internet para buscar información, enviar
e recibir correo electrónico, contactar coa mensaxería
instantánea e comunicarse por chat e conferencias en audio-vídeo.
* Describir esquematicamente os sistemas de telefonía con fíos,
radio e televisión e os principios básicos do seu funcionamento
elemental.
* Identificar automatismos nalgún sistema técnico sinxelo
e describir elementalmente a función que desenvolven.
* Montar, utilizando sistemas mecánicos-eléctricos e seguindo
instruccións, un robot sinxelo capaz de realizar algún
movemento elemental dirixido e controlado.
* Enumerar algunha achega da tecnoloxía ó desenvolvemento
da humanidade e á mellora das condicións de vida e da saúde,
identificar algún impacto singular sobre o medio ambiente producido
por esa actividade tecnolóxica e formular algunha proposta para
reducilos custos medio ambientais implicados, como por exemplo o aforro
enerxético e o tratamento de residuos.
Subir
Cuarto
curso.
Contidos.
I. Técnicas
de expresión e comunicación gráfica.
-Introducción ó debuxo asistido por ordenador:debuxo en
dúas dimensións.
-Realización de debuxos elementais con algún sistema sinxelo
de debuxo asistido por ordenador.
II. Electricidade
e electrónica.
-Descrición e análise de sistemas electrónicos por
bloques: entrada, saída e proceso.
-Elementos básicos de circuítos electrónicos simples:
a resistencia, o condensador, o diodo, o transistor e o circuíto
integrado.
-Dispositivos de entrada: interruptores, resistencias que varían
coa luz e coa temperatura. Dispositivos de saída: zoador, relé e
led. Dispositivos de proceso: os integrados.
-Aplicacións en montaxes sinxelas.
III. Tecnoloxías
da información.
-O ordenador como dispositivo de control: sinal analóxica e dixital.
-Adquisición de datos. Programas de control. Tratamento da información
numérica a través de follas de cálculo.
-Comunicación entre ordenadores: redes informáticas.
IV. Tecnoloxías
da comunicación.
-Comunicación sen fíos.
-Comunicación vía satélite, telefonía móbil.
Descrición e principios técnicos.
-Grandes redes de comunicación de datos. Control e protección
de datos.
-A internet e comunidades virtuais.
-A internet. Descrición. Principios técnicos do seu funcionamento.
Tipos de conexións. Comunidades e aulas virtuais.
V. Control
e robótica.
-Percepción do contorno: o sensor.
-Control do robot: programación. Realimentación do sistema.
VI. Tecnoloxía
e sociedade.
-Tecnoloxía e seu desenvolvemento histórico. Fitos fundamentais:
revolución neolítica, revolución industrial e aceleración
tecnolóxica do século XX.
Interrelación entre tecnoloxía e cambios sociais e laborais.
Evolución dos obxectos técnicos co desenvolvemento dos
coñecementos científicos e tecnolóxicos, as estructuras
socioeconómicas e a dispoñibilidade de distintas enerxías.
VII. Actitudes,
valores e normas.
-Disposición e iniciativa persoal para organizar e xestionar corresponsablemente
un proxecto tecnolóxico en equipo.
-Valoración das aplicacións informáticas e dos servicios
da internet para a formulación e a comunicación dun proxecto
tecnolóxico.
-Toma de conciencia da importancia das redes de comunicación na
difusión mundial da información, considerando especialmente
aspectos como a celeridade, o alcance global e a protección dos
datos.
-Valoración das aplicacións do control e da robótica
na sociedade actual e das súas repercusións na dispoñibilidade
de productos e servicios.
-Interese por coñecelos fitos fundamentais das revolucións
tecnolóxicas ó longo da historia e valoración crítica
das interrelacións entre a tecnoloxía e os cambios sociais
e laborais. Criterios de avaliación.
* Representar graficamente un obxecto ou mecanismo tecnolóxico
sinxelo, utilizando algún programa elemental de deseño
asistido por ordenador.
* Identificalos bloques de entrada, proceso e saída dun sinxelo
sistema electrónico real e describir brevemente as súas
funcións elementais.
* Montar algún sistema electrónico sinxelo, a partir do
seu esquema, empregando bloques de entrada, proceso e saída.
* Utilizar unha folla de cálculo para o tratamento primario dunha
pequena cantidade de información numérica e realizar algunha
análise sinxela de pautas de comportamento.
* Describir superficialmente os elementos básicos dunha rede sinxela
de ordenadores de área local e da rede internet, e instalar, coa
axuda de asistentes respectivos, unha conexión de acceso á rede.
* Formular unha descrición básica dos elementos e do funcionamento
dun sistema de comunicacións por telefonía, fixa e móbil,
e vía satélite.
* Montar un sinxelo robot que incorpore algún sensor primario
de adquisición de información do contorno e desenvolver
un pequeno programa que permita controlalo e posibilite o seu funcionamento
autónomo, en función da realimentación dunha variable.
* Adquirir e interpretar datos dalgunha variable elemental dun proceso
sinxelo do contorno utilizando o ordenador e deseñar algunha realimentación
elemental cos datos obtidos.
* Enumerar algún fito fundamental do desenvolvemento tecnolóxico
e da evolución dos obxectos e dos sistemas técnicos, sinalando
algunha das súas repercusións nos ámbitos sociais
e laborais.
* Seleccionar e analizar elementalmente algunha sinxela medida, das posibles,
para favorecelo desenvolvemento sustentable nun ámbito tecnolóxico
concreto.
Subir |