|
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A atención a diversidade é un principio fundamental do modelo educativo que propón a LOXSE, e en consecuencia de algúns dos seus postulados esenciais.
En
primeiro lugar está o considerar os problemas de desenvolvemento e aprendizaxe
dende un modelo funcional, baseado na concepción interactiva do desenrolo,
onde as capacidade dos alumnos/as vanse desenvolvendo en función, entre
outras cousas, da intervención educativa.
En
segundo lugar, a comprensividade
do currículo, que pretende garantir uns contidos mínimos para tódolos
españois ata os 16 anos, pero á vez, proporcionando un ensino axustado
ás necesidades de cada alumno/a, atendendo na súa diversidade, tanto
de motivacións como de intereses e capacidades, e non só en termos de
carencia ou dificultades senón de enriquecemento para todos aqueles
alumnos/as que poidan e desexen facelo.
A
partir do principio de comprensividade, tratase de ofrecer ós alumnos
as máximas oportunidades de formación no contexto do seu centro, así
como de dar resposta, a través do principio de atención á diversidade,
ás distintas necesidades que manifestan no seu proceso educativo.
O currículo da Secundaria obrigatoria
defínese como aberto e flexible, coa posibilidade de concretalo na aula
en función das necesidades do grupo de alumnos. Esto significa que os
obxectivos a conseguir son os mesmos para todos, así como a proposta
curricular mínima para cada etapa educativa, pero é
suficientemente aberto como para que cada Centro o adapte ás
características específicas dos seus alumnos/as, respectando a pluralidade
cultural e dando respostas educativas que teñan en conta a diversidade
de capacidades, intereses e motivacións dos alumnos.
O
Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo
da educación secundaria obrigatoria, prevé diferentes posibilidades
de atender á diversidade do alumno ó considera-la posibilidade de realizar
adaptacións e diversificacións do currículo común nos seus artigos 16
e 17, respectivamente.
A
Orde do 6 de outubro de 1995 regúlanse as adaptacións do currículo común
para os alumnos e alumnas que o precisen. Igualmente, nas distintas
disposicións que aproban e desenvolven o regulamento Orgánico dos centros
educativos, regúlanse os compoñentes dos proxectos curriculares de etapa
e establécense a incorporación neles de criterios e procedementos para
organiza-la atención á diversidade dos alumnos e alumnas en función
de cada contexto educativo.
Pola
súa parte, o Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación
dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, regula a
atención educativa para este alumnado e o Decreto 120/1998 polo que
se regula a orientación educativa e profesional en Galicia, así como
a Orde do 24 de xullo de 1998 que o desenvolve, crean recursos e establecen
funcións para que dende os servicios de orientación da Comunidade Autónoma
de Galicia se preste atención á diversidade de todo o alumnado, tanto
con necesidades educativas especiais como ordinario.
2.-A
RESPOSTA A DIVERSIDADE DO ALUMNO. As formas de atender á diversidade de capacidades, intereses e motivacións do noso alumnado é unha responsabilidade colectiva que implica a toda a comunidade educativa, e de maneira máis específica ó sector docente.
As
medidas de atención á diversidade deben iniciarse na elección dun currículo
propio do centro a través do proxecto educativo, un proxecto curricular
e a programación de aula pensados para facilita-la resposta máis adecuada
ás diferencias individuais.
2.1.-ATENCIÓN
A DIVERSIDADE NOS DISTINTOS NIVEIS DE CONCRECIÓN.
A
atención a diversidade adopta formas diferentes segundo
nivel de concreción curricular no que nos atopemos.
*
No Decreto Curricular:
- No seu carácter aberto e flexible.
- No equilibrio
entre os diferentes tipos de contidos e o seu grao de adquisición.
- No equilibrio no desenvolvemento das distintas capacidades.
- Nos principios metodolóxicos.
- Na avaliación.
- Na optatividade crecente o longo da etapa.
*
No proxecto curricular:
- Na adecuación
dos obxectivos da etapa ás características e posibilidades de cada alumno.
- Nas programacións das distintas áreas.
- Nas medidas de atención a diversidade.
- Nas materias optativas propostas.
- No Plan de Acción
titorial e no Plan de Orientación Académica e Profesional.
*
Na aula:
- Na selección, organización e secuenciación dos contidos.
- No deseño das estratexias didácticas.
- Nos procedementos de avaliación.
- Nas adaptacións ordinarias do currículo.
2.2.-
ATENCIÓN A DIVERSIDADE NO PROXECTO CURRICULAR DE ETAPA.
O
Proxecto Curricular de Etapa é un documento fundamental que condicionará
tódalas medidas posteriores de atención á diversidade, por eso propoñemos
como eixes centrais da elaboración do noso PCE:
A)
REFERIDAS ÓS OBXECTIVOS:
1.-
Defini-los obxectivos como capacidades, o que implica utiliza-los como
guías para o ensino e referencias para a observación e avaliación dos
proceso de aprendizaxe e non como metas a superar.
2.- Contemplar
que os obxectivos desenvolvan de maneira equilibrada as capacidades
motrices, de equilibrio persoal, de relación interpersoal e de inserción
social ó mesmo nivel e coa mesma valoración e intensidade que as correspondentes
capacidades cognitivas.
3.-
Prioriza-los obxectivos que contribúen a desenvolver as capacidades
transversais a todas ou á maioría das áreas.
4.- Adecua-los obxectivos ó contexto
no que se desenvolve o noso alumnado.
B) REFERIDAS
ÓS CONTIDOS:
1.- Seleccionar
contidos nucleares e fundamentais que sexan aplicables e útiles en tódalas
áreas e en tódolos ciclos da etapa.
2.- Asegurarse
que nos bloques de contidos existe unha distribución equilibrada entre
os tres tipos de contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais).
3.- Garanti-la
coherencia interdisciplinar, no tempo e na forma de trata-los diferentes
contidos.
C)
REFERIDAS Á METODOLOXÍA:
1.- Asegura-la
construcción de aprendizaxes significativas partindo do nivel de desenvolvemento
e dos coñecementos previos do alumno (tal como se di no PCC do noso
IES: o profesorado deberá
facer avaliacións iniciais ó comenzo do curso, e se é necesario, ó comezo
dalgunhas unidades didácticas.)
2.- Fomenta-la capacidade de "aprender a aprender"...
D) REFERIDAS Á AVALIACIÓN:
1.-
Avalia-los tres tipos de contidos.
2.- Utilizar estratexias
e instrumentos de avaliación para os diferentes momentos do proceso
de aprendizaxe, que recollan de forma cualitativa os resultados e fomenten
a autoavaliación do alumnado. Cada Departamento debería definir as conductas
observables a través das cales podemos dicir que un alumno/a acadou
as capacidades que se enumeran nos distintos obxectivos programados.
3.- Definir claramente os criterios
de avaliación e de cualificación.
As
medidas de actuación no I.E.S. Guitiriz, concretaranse no Plano de Atención
a Diversidade, que debe ter como
obxectivo fundamental previr a aparición de alumnos e alumnas con fracaso
escolar, pero tamén serán medidas
que permiten intervir no momento en que aparecen os problemas.
Unhas
medidas son xerais e outras son concretas, unhas competen ós Departamentos
e outras ós profesores dentro da súa aula, unhas son de asesoramento
e outras de aplicación directa por parte do Departamento de Orientación,
pero todas elas teñen en común:
- Deben ser debatidas
na Comisión de Coordinación Pedagóxica e aprobadas polo Claustro de
Profesores.
-
Deben ser impulsadas e coordinadas polo Departamento de Orientación.
-
Unha vez aprobadas pasan a formar parte do Proxecto Curricular da Etapa.
3.1.-
MEDIDAS XERAIS DE RESPOSTA A DIVERSIDADE:
- A Comisión de
Coordinación Pedagóxica asegurarase de que as programacións das respectivas
áreas se elaboren de acordo ós criterios recollidos no proxecto Curricular
da etapa.
- Secuenciación
dos obxectivos xerais da área e bloques de contidos mínimos.
- Diferenciación
de contidos conceptuais, procedementais e actitudinais.
- Criterios de
avaliación finais consensuados en función dos contidos e actividades
desenroladas. Posta en común e forma de levar a cabo a avaliación continua
e formativa.
- Recomendacións
sobre o deseño de unidades didácticas que teñan en conta a atención
a alumnos con necesidades educativas , como son:
* Avaliación inicial
para partir dos coñecementos previos dos alumnos.
* Actividades
diversas graduadas en distintas dificultades, que vaian do máis simple
o máis complexo, para aplicar tanto de forma individual como en equipo.
* Que centren máis atención no proceso que no resultado.
* Posta en común
ó finalizar a unidade didáctica para
recapitular e repasar o aprendido. *Dar
a coñecer os criterios de avaliación.
3.2.- MEDIDAS CONCRETAS
DE RESPOSTA A DIVERSIDADE .
3.2.1.-
MEDIDAS CURRICULARES.
3.2.1.1.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL:
En
consonancia co currículo aberto e flexible, entendemos que os elementos
curriculares contidos na acción titorial tamén deben ter un carácter
aberto e flexible.
O decreto 324/1996, polo que se aproba
o regulamento Orgánico dos IES, establece as funcións relacionadas coa
acción titorial que corresponden o Xefe de Estudios, o Departamento
de Orientación e os titores. O P.A.T aprobado no P.C.C. do IES Guitiriz
define as funcións e as actividades a levar a cabo por parte dos titores
cos alumnos, con outros profesores, cos pais e co equipo directivo.
O departamento de orientación
debe de elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola CCP,
as propostas de organización da orientación e do plano de acción titorial
(Art. 55-a do Regulamento Orgánico dos IES), tamén debe asesorar e apoiar
ó profesorado no desempeño da función,....Así como ofrecerlles soporte
técnico para o desenvolvemento destes plans (segundo PCC do Centro).
Co
fin de evitar que a acción titorial se leve a cabo por iniciativas illadas
procurarase en reunións periódicas coa Xefa de Estudios e o Departamento
de Orientación que esta programación se faga no marco de obxectivos
comúns.
O inicio do curso o Departamento
de Orientación acordará cos titores os bloques de programación (que
incluirán as principais liñas de actuación que os titores desenvolverán
cos alumnos/as de cada grupo), e ofrecerá para cada etapa unha programación
titorial marco.
3.2.1.2.-
MEDIDAS INDIVIDUAIS DE ADAPTACIÓN DO CURRÍCULO.
*
REFORZO EDUCATIVO:
O reforzo educativo é unha
medida ordinaria de atención a diversidade que afecta a elementos non
prescritivos do currículo; é dicir a todo o que conforma a opción metodolóxica
de cada profesor.
O
Reforzo Educativo (seguindo as directrices da Orde do 6 de outubro de
1995; pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas
de réxime xeral), centrarase no desenvolvemento das capacidades cognitivas
(Atención, concentración, comprensión e memoria).
*
ADAPTACIÓN CURRICULAR INDIVIDUALIZADA:
A adaptación curricular individualizada
(ACI) é unha medida extraordinaria de atención a diversidade que levamos
a cabo con alumnos/as de necesidades educativas especiais. Nesta proposta
introdúcense modificacións significativas nos elementos prescritivos
do currículo común (obxectivos, contidos e criterios de avaliación)e
pode afectar a unha, a varias ou tódalas áreas. A avaliación psicopedagóxica será, sempre, unha condición previa para a realización dunha ACI dun alumno/a. Esta avaliación será realizada polo Departamento de Orientación en colaboración co equipo de profesores.
3.2.1.3.-
OPTATIVIDADE:
As materias optativas ofertadas axudan a consecución das capacidades
básicas e promoven os obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria.
A través da acción titorial do centro axudaráselle ó alumnado no
autocoñecemento, no coñecemento das posibilidades de formación e nos distintos
itinerarios formativos que oferta o centro para que estes poidan elixir
responsablemente.
Dende o departamento de orientación
colaborarase co Equipo Directivo e cos distintos Departamentos para que:
- Exista unha oferta equilibrada.
- Que estas optativas reforcen os
aspectos máis funcionais do currículo.
- Que faciliten a transición á vida
activa.
- Que, si é posible, estean enfocadas
hacia talleres de Iniciación Profesional.
- Que completen aqueles obxectivos non suficientemente
cubertos polas áreas curriculares.
3.2.2.- MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA Á ATENCIÓN A DIVERSIDADE.
Os agrupamentos específicos,
os programas de diversificación curricular e os programas de ciclo
adpatado,son outras medidas de atención a diversidade que nos permiten
profundizar na adaptación do currículo básico na etapa da E.S.O. para
alumnos con dificultades de aprendizaxe, e que teñen posibilidades de
acada-los obxectivos educativos mínimos da devandita etapa educativa.
* Agrupamentos específicos:
Son unha medida de apoio ordinario ás aprendizaxe básicas. Están destinados a alumnos/as escolarizados no primeiro ciclo da ESO e que presentan atraso académico xeneralizado ou que tendo cursado o primeiro ciclo non alcanzaran os obxectivos mínimos e que esta medida organizativa de atención a diversidade se considere esencial para garanti-la eficacia da súa permanencia un ano máis no ciclo. Tamén poden estar escolarizados no segundo ciclo da ESO e non teñan máis de 16 anos, ou excepcionalmente, aqueles para os que, aínda tendo esta idade, esta medida se considere a máis apropiada.
Os agrupamentos específicos poderán facerse nunha das áreas de
Lingua e Literatura, e en Matemáticas, así como en Ciencias da natureza
e en Ciencias Socias, Xeografía e Historia.
Os alumnos propostos para cursar algunha áreas en grupos específicos
deberán contar cun informe individualizado elaborado polo profesor titor,
en colaboración co departamento de orientación. O remate do curso escolar
elaborarase outro informe individualizado de cada alumno de agrupamento
específico, no que indicará a efectividade desta medida, así como a proposta
sobre a continuidade ou non dela.
Os pais deberán estar informados
a través do profesor titor correspondente.
* Os programas de diversificación curricular:
Estes programas son unha medida extraordinaria de adaptación curricular
recoñecida xa no artigo 23.1 da LOXSE e están regulados por distintas
normas que se derivan da mesma. Nestas disposicións legais establécese
a finalidade destes programas, o tipo de alumnado o que van dirixidos
e os procedementos que se han de seguir para súa elaboración, o nivel
educativo no que se deben aplicar e a súa duración, as áreas curriculares
que abranguen, fórmulas para o seu seguimento e avaliación, etc.
Os criterios de selección do alumnado propostos para un PDC serán
acordados a partir das directrices xerais establecidas pola Comisión de
Coordinación Pedagóxica e mediante reunións do Equipo Docente do 2º Ciclo
da ESO. Axustándose sempre ó marco lexislativo vixente (sobre todo á Orde
do 19 de maio de 1997, pola que se regulan os Programas de Diversificación
Curricular na nosa Comunidade Autónoma).
O proceso a seguir para levar a cabo
estes programas reclama a configuración dun autentico equipo educativo
que se responsabilice da toma de decisións tanto na xestión dos mesmos
como na avaliación do aproveitamento dos alumnos.
* Programas de Ciclo adaptado.
Trátase
dunha medida extraordinaria de atención á diversidade que vai dirixida
exclusivamente á atención do alumnado no que conflúen, ademais dun atraso
académico xeneralizado, problemas graves de conducta e convivencia no
centro.
OUTRAS MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE
*Programa de Garantía Social.
E unha medida extraordinaria de atención a diversidade
para alumnos maiores de dezaseis anos que non acadaron ou non estean en
condicións de acadar os obxectivos xerais da E.S.O.
Poderán
incorporarse os xoves menores de vinteún que, polo menos cumpran 16 anos
no ano natural no que comeza o programa e que non alcanzaran os obxectivos
da educación secundaria obrigatoria nin posúan titulación ningunha de
formación profesional.
Para incorporar a alumnos/as
que estean escolarizados no segundo
ciclo da ESO terase en conta as seguintes circunstancias:
- Que teñan dificultades xeneralizadas
de aprendizaxe, ata tal punto
que lle impidan acada-los obxectivos da etapa.
- Que recibisen medidas complementarias de
adaptación do currículo e que a xuízo do equipo educativo que os atende,
non estean en condicións de acada-los obxectivos da etapa pola vía ordinaria.
- Que estean en grave risco de abandono
escolar.
No caso dos alumnos escolarizados no segundo
ciclo da ESO, o acceso ós programas de Garantía Social realizarase logo
da avaliación psicopedagóxicas, oídos os alumnos e os seus pais ou titores
legais.
4.-
ATENCIÓN ÓS ALUMNOS/AS CON NECESIDADES EDUCATIVAS
ESPECIAIS.
A atención educativa a alumnos/as con necesidades educativas especiais
estará integrada na actividade normal da aula e será responsabilidade
do profesor de cada área. O profesor titor será o responsable de coordina-las
medidas de atención ós alumnos/as con N.E.E. do seu grupo de titoría.
Para o cumprimento destas funcións tanto
o profesor de área como o profesor titor, contarán co apoio e asesoramento
do Departamento de Orientación, especialmente do profesor/a de Pedagoxía
Terapéutica e da profesora de Psicoloxía e Pedagoxía.
Os profesores e profesoras que reciban algún tipo de apoio
na atención ós seus alumnos estableceran un horario de coordinación co
D.O. para a programación, seguimento e avaliación destas actividades.
4.1.- OBXECTIVOS. * Asegura-la conexión, para os alumnos/as que chegan á etapa, coa atención educativa que recibían anteriormente. *Contribuir
a elabora-la programación curricular adaptada ou diversificada. *
Axudar ó desenvolvemento, pleno, dos nenos/as como seres sociais, co fin
de que poidan adquirir unha autonomía de acción no seu medio. *
Integrar ó alumno/a en tódalas parcelas que non lle impida a súa disminución
ou inadaptación. *
Favorecer as aprendizaxes necesarias para integrase na sociedade de forma
crítica e creativa. * Adquirir as aprendizaxes básicas relativas
a: "expresión oral", "Escritura ", "lectua"...
4.2.- PAUTAS CONCRETAS DE ACTUACIÓN.
1ª. As intervencións cos alumnos/as con NEE., rexiranse polo principio
de normalización e tenderán á máxima integración posible.
- Currículo normal, ata onde sexa posible.
- Aula ordinaria como referencia.
- Titor como eixe.
2ª. Identificación e valoración das NEE., por
profesionais cualificados.
- Valoración psicopedagóxica funcional.
- Con carácter interdisciplinar.
- que se oriente a formulación de
plans ou programas de intervención.
3ª. A atención educativa comenzará tan pronto como se aprecien
circunstancias que aconsellen tal atención, calquera que sexa a súa idade.
4ª.- Favorecerase a participación dos pais e titores nas decisións
que afecten os alumnos con NEE.
5ª.- O profesor titor, coa
colaboración da orientadora, informará ás familias sobre as medidas que
se van a levar a cabo co seu fillo/a.
4.3.- IDENTIFICACIÓN DOS ALUMNOS CON N.E.E:
Esta identificación farase a través de:
* Revisión do expediente académico.
* Levarase a cabo unha avaliación
inicial, por grupos, a finais do mes de outubro onde se valoraran aqueles
alumnos/as que presenten:
- Baixo rendemento académico.
- Problemas graves de conducta.
- Problemas de relación.
* A orientadora, en colaboración
co profesor/a titor/a e si é necesario con tódolos profesores implicados
na educación do alumno/a, realizará a avaliación psicopedagóxica de tódolos
alumnos/as que presenten NEE. A partir desta valoración (nunha reunión
conxunta: Xefa de Estudios,
Orientadora, Titor e Profesores das áreas) decidirase a medida máis adecuada
para este alumno/a.
4.4.- INTERVENCIÓN DO D.O. NO CASO DE ALUMNOS/AS CON N.E.E.
O D.O. pode intervir nas decisións educativas
de alumnos con NEE de dúas maneiras:
1.- Por iniciativa
do propio D.O. cando se detecten NEE a través da análise do expediente
académico do alumno/a, no desenvolvemento de actividades programadas polo
DO, nas avaliacións iniciais ou a través de programas de detección de
NEE.
2.- Por iniciativa do profesorado de
área, do titor ou do equipo docente. Neste caso a demanda canalizarase
a través do titor/a ou do propio profesor da área correspondente.
A colaboración do profesor/a de PT será programada en función das necesidades do Centro e de cada aula.
* As medidas de apoio irán dende as máis xerais ás máis particulares.
1º.- Apoio indirecto: - Apoio no deseño de
unidades didácticas que permitan atender á diversidade de alumnos da aula.
Asesoramento sobre as medidas xerais de atención á diversidade. - Apoio no deseño de medidas específicas de atención a alumnos/as con NEE (Reforzo Educativo, A.C.I.).
- Adaptación de materiais. Adaptacións
dos materiais de aula ás necesidades dos alumnos/as con NEE.
2º.- Apoio directo:
A colaboración do profesor o profesora de PT na atención
a alumnos/as con necesidades educativas
terá as seguintes características: - É unha labor de apoio
que non pode substituír en ningún caso a responsabilidade do profesor
ou profesora.
- Realizarase preferentemente dentro
da aula ordinaria e estará orientada a que tódolos alumnos participen
no grao máis alto posible nas actividades ordinarias de ensino-aprendizaxe.
-
O profesor/a de apoio programará co profesor/a
de área as actividades de apoio directo. Poderá revesti-las seguintes
formas:
*
Colaborar na atención educativa en agrupamentos flexibles.
*
Colaboración na atención xeral ás actividades da aula.
* Atención a grupos de alumnos que presenten algunha dificultade,
sexan ou non considerados de NEE. - Realiza-las actividades programadas co alumnado de NEE fora da aula. Cando as necesidades educativas dun alumno/a lle impidan participar aínda que sexan nun grao mínimo das actividades da aula ordinaria nunha ou varias áreas, poderán programarse sesións apoio individual ou en pequeno grupo fora da súa aula ordinaria. Esta decisión tomarase por consenso entre a Orientadora, o profesor/a de P.T. e o profesor ou profesora de área. |
|
||||||||