| Kelly Miraz Vázquez Miriam Porto Martínez 2º ESO
B |
NON NOS GUSTAN AS MATEMÁTICAS
Nós odiamos as matemáticas,
por eso as venderiamos moi baratas.
O que menos nos gustan son as ecuacións
porque son moi difíciles as solucións.
Nada máis coller o
libro desta asignatura,
para nós é unha verdadeira tortura.
Sempre na nosa cabeza temos que levar
¡a táboa de multiplicar!, se a algún lado queremos
chegar.
Dánnolas catro días
á semana,
como sempre os profesores fan o que lles dá a gana.
O que máis nos gustan son as fraccións
porque apenas hai que facer operacións.
E definitivamente podemos
deducir
que as matemáticas fannos sufrir.
pero sen elas
é imposible vivir.

|
| Julia Martínez Sánchez 2º
ESO B |
ADIVIÑA
Un, dous, tres,
pregunto outra vez:
¿cal é o múltiplo de dous
que é divisible por seis?
Se non chegas á solución,
fai varias operacións,
de seguro que o atopas
sen máis explicacións.
E se non o sabes resolver
este acertixo has de coñecer,
no que che digo o nome
do número que queres saber:
-¿Que fan nun hospìtal
os doutores?
-Curan
-¿E as enfermeiras?
-Sanan
-E do celador, ¿que me falas?
-Ese non sei o que fai, pero o
número acabo de adiviñar.

|
| Patricia Vázquez Ventosinos 2º
ESO B |
OS MEUS
NÚMEROS FAVORITOS
Os meus números favoritos
son o un e máis o dous
e con eles fago
moitas combinacións.
Dous por un é dous,
dous máis un son tres
un con dous fan doce
dous con un fan vinteún.
Logo o tres e máis
o catro,
moitos peixes e un gato
o cinco e o seis.
¿Por onde iba? Non o sei.
Logo o sete e mailo oito
e non berres que ben te escoito.
Por fin o nove e o dez.
Por certo, ¿cantos anos tes?.

|
| Sandra Barral 1º E.S.O |
Despois dun largo día
chegou unha noite fría,
na que cinco nenos estaban
repasando a xeometría.
Dous radios son un diámetro
tres lados ten un triángulo
catro lados un cadrado
e cinco tenos...¡ un pentágono!

|
Cinco cans, pequenos feros,
catro gatos, bos e mansos
seis cabalos, grandes e vellos.
Todos xuntos estaban na granxa
¿Cantos animais hai en total?
Pénsao...Pénsao...
....¿Xa sabes o final?.....

|
| Tania Pumares 1º E.S.O |
Gústanme as matemáticas
O igual cas plantas hepáticas,
Os cadrados coas súas aristas,
e os vértices, ¡ mira qué artistas!
As rectas secantes
e os ángulos, todos elegantes.
Nas matemáticas, hai que ser traballador,
eso de contar é moi agotador.
Espero aprobar esta materia
sen romperme ningunha arteria.

|
| David Pereira 1º E.S.O. |
O sistema decimal,
a min vaime moi mal
e as ecuacións,
o peor das operacións.
O mellor de dividir,
aprender a repartir;
e o mellor de restar,
sabe-lo que é quitar.

|
| Amparo 1º E.S.O. |
Encántanme as matemáticas
Coas as súas décimas,coas súas gráficas.
Aínda que nelas hai letras,
por exemplo, a alfa maila beta.
Encántanme as áreas,
e o Teorema de Pitágoras.
Encántame a xeometría
e a súa teoría.
Encántame a recta real
e tamén todo o irreal.
Encántanme as operacións,
multiplicacións e divisións.....

|
| Borja Rivas 1º E.S.O. |
A raíz cadrada de
nove, é tres
e cinco canicas ti tés.
Nove máis nove dezaoito
imos todos co numero oito.
Cinco máis cinco dez
Imos todos de vez.
Sumando e sumando cheguei
restando e restando sen números quedei.
Multiplicando todo de novo gañei
e dividindo mil voltas dei.

|
| Sandra Freire 1º E.S.O. |
Estudiémo-los números
decimais,
a diferencia de un con tres e tres con un,
estudiemos tamén os números naturais
e as elevacións ó cadrado e ó cubo.
Estúdiemo-las fraccións,
a raíz cadrada,
a división exacta
e a numeración romana.
Si estudiamos eso e moito
máis
poderemos saír profesores
e se non o queremos estudiar
poucos oficios e moitos labores.

|
| Natalia Fernández 1º E.S.O. |
Unha vendedora de mazás
No mercado estaba a gañar o pan,
cando un neno se dirixía a mercar
unha señora comezou a berrar:
¡Quero gratis un kilo de mazás!
A vendedora non lle quixo
cobrar
porque tiña boa moral,
total por un euro máis, ¡que lle ía pasar!.
Ó final daquel día
mortal
a vendedora púxose a contar:
UN EURO...SEIS EUROS....
¡ MI MADRIÑA! Para cubrir os impostos , non van chegar.
Desgustada a vendedora,
á casa foi buscar
a caderno da súa filla
para poder con seguridade achar,
a raíz cadrada daquel díxito mortal.
Ó final daquela longa
xornada
a vendedora foise deitar
e sen máis, púxose a imaxinar
Os números do sistema decimal.
compaxinando o dous e o tres
dando ó cinco lugar
ata o derradeiro chegar.
A vendedora cansada empezou a matinar
¡ QUE SERIA SEN OS NÚMEROS
DAQUEL MUNDO
MUNDIAL ¡

|
| Alberto Amenedo 1º E.S.O |
2 x 9 dezaoito
vou face-lo biscoito,
18 + 1 dezanove
mira como chove,
4 x 5 vinte
caeume un dente
3 x 7 vinteún
coma o Madrid non hai ningún,
5 x 8 corenta
teño a casa á venta
6 x 9 cincuenta e catro
morreume o gato.
E cos números que multipliquei
Estas rimas acabei.

|
Curso
2003 -2004 |
4º ESO A
curso 03 – 04 ---1º premio poesía
matemática 2º ciclo ESO---- |
Moito traballo nos dan
Agora que as entendemos
Tamén dan que cavilar,
E se as sabemos usar
Moito partido lles imos sacar.
Aprendemos e xogamos
Tamén participamos
Inventamos solucións
Con problemas de ecuacións
As funcións aprendemos
Se con elas nos poñemos.

|
Thais Chao
1º ESO curso 03 – 04 ---- 1º
premio poesía matemática 1º ciclo ESO---- |
2x2 son catro,
e mercareiche un gato.
3x3 son nove,
e de ahí no se move.
4x4 dezaseis,
como o Luís que foi rei.
5x5 vintecinco,
chegaches dun brinco.
6x6 son trinta e seis,
e eu non poño xerseis.
7x7 corenta e nove,
non vou á festa que chove.
8x8 sesenta e catro,
atropelei ao teu pato.
9x9 oitenta unha,
gústame mirar a lúa.
10 x 10 son cen
o poema acaba.Amén.

|
| Saray Iglesias Santos |
Las Mates
¿Qué es el amor?
en mates un problema,
en lengua una redacción,
en historia una batalla y
en dibujo un corazón.

|
| Sandra Maceiras García e Miriam Porto
Matínez 3º ESO B |
| As Matemáticas
Se es unha persoa
que as matemáticas non se che dan
atende á nosa clase
e ti xa verás
Se sabe-los números,
sumar e restar
tan só che falta
dividir e multiplicar.
Para resolver
a área do cadrado
debes memorizar
a fórmula lado x lado.
Se o teorema de Pitágoras
queres utilizar,
a hipotenusa e os catetos
debes recordar.
As ecuacións de 1º grado
ímosche ensinar
senón as entendiches
teraste que esforzar.
E xa como remate
a probabilidade imos explicar
se sacas un cero
difícil será aprobar

|
| Patricia Pérez Tomé 1º
BAC B |
¿Que ocorre coas mates?
Cando eu ía a pasear,
vin a dous rapaces,
que canto máis se achegaban
máis a un oito semellaban.
Preto da casa estaba,
cando vin a dous cruzar,
ambos coa cabeza ergueita
ambos coas patas no chan.
No momento en que as catro deron,
contas empecei a votar,
2+2 son 4 – 6 son –4 + 15 son,
son, son, non sabía contar.
O fin a unha conclusión cheguei,
malditos números, malditos signos
que o x (por) dame (máis)
e o % (tanto %) dame – (menos)
Pero aínda así meus amigos,
debedes saber,
que aló no fondo moi fondo
as mates axúdannos a desenvolver.

|
| Inés Prado García 2º ESO
A |
| La vida con las mates
Las mates son un juego
muy fáciles de aprender
que sólo con la práctica
consigues entender.
La vida es la voz,
las letras es el lenguaje
los animales son la ciencia
y los números las mates.
Para saber hacer de todo
júntate a las matemáticas
harás un grupo estupendo
sabiendo ecuaciones y áreas
Si algo quieres saber
algo debe de costarte
pero si manejas las matemáticas
seguirás tan campante.
Alégrate la vida
no te dejes devorar
con las matemáticas a juego
sabrá como actuar.

|
| Estela Chao Prieto 1º ESO |
| Poesía matemática
No me gustan las mates
porque son como tomates.
Yo dibujo ángulos nulos
cuando mi gato se pone los rulos.
Si hago fracciones
canto muchas canciones
Puedes sumar antes de desayunar
pero no puedes restar
despues de merendar.
100 x 10 son diezmil
me encerraste en un barril
20 + 20 son cuarenta
nunca me tienes en cuenta
El que no sabe dividir
nunca sabrá repartir.

|
| |