|
Naceu en Grecia e está considerada como a primeira muller matemática
da que se teñen datos documentados |
||
Hipatia
(370 – 415) Nada en Grecia foi filla dun profesor de matemáticas. Posiblemente sexa a máis destacada matemática desde a antigüidade ata o século XVII. Foi a inventora do astrolabio, a esfera plana, e de aparellos para obter auga destilada e a densidade específica dos líquidos. Obra: “Tratado sobre as cónicas”, traballos sobre ecuacións diofánticas, táboas sobre movementos dos astros, defensora da teoría heliocéntrica. Defensora do racionalismo científico non era partidaria do cristianismo. No ano 415 foi asasinada por fanáticos cristiáns. volver a dpto de matemáticas |
||
Nada en Italia, ós nove anos falaba francés, latín,
grego, e hebreo. Foi a primeira muller da historia que impartiu clase
de matemáticas na universidade.
Para defini-la curva considérase a circunferencia de centro (0, a/2) e radio a/2. Sea AB = a un diámetro de dita circunferencia, r a recta que contén ó diámetro AB, u a recta perpendicular a r que pasa por A, t a recta perpendicular a r que pasa por B, M un punto que percorre a circunferencia e s a recta que pasa por M eA. Sexa N o punto de intersección das rectas s e t. Entón: A curva de Agnesi é o lugar xeométrico dos puntos P que
están a igual distancia da recta u que o punto M, e a mesma distancia
da recta r que o punto N, cando M percorre a circunferencia.
|
||
Pasou a súa infancia no campo, en contacto coa natureza o que estimulou o seu carácter observador. Estudou aritmética, escritura, piano e latín. As súas primeras experiencias de resolución de problemas consisten en solucionar os pasatempos matemáticos das revistas femininas; e ó resolver un problema matemático para unha revista, o editor chamouna para traballar con el. En 1826 presentou o seu primeiro ensaio á Real Sociedade sobre a Obra:“As propiedades magnéticas dos raios violetas do espectro solar”. traduciu a “Mecánica celeste” de Laplace e os “Principia” de Newton. “A conexión das Ciencias Físicas”, “Ciencia molecular e microscópica” publicándoo no ano 1869 cando tiña 89 anos.“A forma e a rotación da Terra”; “As mareas no océano e a atmosfera”. Obtivo a medalla de ouro en 1869 da Real Sociedade Xeográfica, e outra pola Sociedade Xeográfica Italiana. Os que tiveron a sorte de coñecela non dubidaron en chamala "a raiña das ciencias do século XIX".
|
||
|
||
Sofía
Kovaleska (1850-1888)Naceu en Moscú. Ós trece anos estudou pola súa conta con libros de álxebra, e o que non entendía foino deducindo paso a paso. Sofia, para escapar do control paterno e poder saír a estudar, casou con Kovalevsky e marchou a Heildelberg, onde tampouco a deixaron acceder á universidade máis que de oínte. Pronto chamou a atención dos profesores que a recomendaron a Weierstrass, quen estaba considerado como o mellor matemático da época. El accedeu a traballar con ela en privado. Mentres estivo en Berlín escribiu tres teses: dúas sobre matemáticas e unha terceira sobre astronomía. Foi premiada pola Academia das Ciencias de París. volver a dpto de matemáticas |
||
Sonya Corvin-Krukovsky (1850, 1891) |
||
Naceu en Polonia e de xove trasladouse a Odessa cos seus pais. Alí
estudou os clásicos e matemáticas. |
||
Grace
Chisholm Young (1868-1944)Naceu en Inglaterra, ós dezasete anos pasou os exames da universidade de Cambridge, pero non a deixaron seguir estudando por ser muller. Escribiu Primer libro de Geometría no que defendeu a teoría de ensinar xeometría utilizando corpos xeométricos en tres dimensións. Cando por fin entrou na universidade de Cambridgee asistiu ás clases de Arthur Cayley obtendo a súa licenciatura. Como non deixaban doutorar ás mulleres abandonou seu país. Grace conseguiu doutorarse en Göttingen, e podemos considerala como a primeira muller que se doutorou en matemáticas dun xeito "normal". Elaborou unha serie de textos, e fixo unhas aportacións ó estudo da Integral de Lebesque e ó estudio das Derivadas das Funciós Reais. volver a dpto de matemáticas |
||
E Naceu en Alemania. Emmy substituía ó seu pai para dar clases
cando este estaba enfermo. Investigou teorías sobre mosaicos. É
coñecida pola súa contribución á álxebra
moderna, e á teoría da relatividade |
||
Naceu nos E.E.U.U. Precursora da infórmática, traballou
co ENIAC, a primeira computadora automática secuencial dixital
a gran escala , sendo a primeira e única muller admiranta na U.S.
Navy ata o de agora. Matemática e física, doctorouse na
universidade de Yale. Durante a segunda guerra mundial incorporouse á
Navy onde traballou no Bureau of Ordenance Computation. No ano 1960 mostrou
por primeira vez a súa versión de COBOL. |
||
Emma Castelnuovo Nada en Italia, é profesora de mate- máticas e, por decisión
persoal, sempre deu clases na Escola Secundaria de primeiro ciclo para
alumnos de 11 a 14 anos en Roma. |
||
María
Josefa Wonenburger PlanellsMatemática galega. Ó rematar a Licenciatura en Ciencias Matemáticas na Universidade de Madrid trasladouse a Norteamérica seguindo o consello dos seus profesores para completar a súa formación alxebraica. Alí permanece dende 1953 ata 1957, na Universidade de Yale, onde le a Tese de Doutoramento dirixida por Nathan Jacobson, un dos mellores alxebristas do momento. Percorre como Profesora de Álxebra as Universidades de Toronto, Búfalo e Indiana. Dirixe varias Teses de Doutaramento: as máis destacadas son as de Robert Moody, na Universidade de Toronto no ano 1966 e a de Stephen Berman, na Universidade de Indiana, no ano 1971. O tema tratado na Tese de Moody é unha xeneralización da teoría de Álxebras de Lie simples á dimensión infinita e a súa relevancia foi tal que pasou a ser coñecida como Álxebras de Kac-Moody. Na actualidade María Josefa Wonenburger reside en a Coruña. volver a dpto de matemáticas |
||
Nada en Lugo, é na actualidade unha das poucas mulleres licenciadas
en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago con proxección
internacional.
|
| PÁXINAS VISITADAS PARA FACER O RESUME SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS |
http://www.divulgamat.net/weborriak/Historia/Indizea.asp http://www.math.ualberta.ca/~rvmoody/mathematicians/p08.html http://centros5.pntic.mec.es/~barriope/matematicas/web_taller_0203/mujeres/mujeres_index2.htm http://personal.redestb.es/javfuetub/biografias/mujmat.htm http://www.agnesscott.edu/lriddle/women/women.htm http://cuhwww.upr.clu.edu/mate/museo/mujeres/ http://centros5.pntic.mec.es/ies.ortega.y.rubio/Mathis/Mujeres/mujer.htm http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/mate/nombres.htm http://mate.uprh.edu/museo/mujeres/index.html |