LIBROS DE LECTURA

Páxina nº 4

(Pinchado na foto da portada vas ó resume da obra)

 

Título: Bruno y la casa del espejo
Autor: Ricardo Gómez
Colección: Próxima Parada

Páxinas: 177
Editorial: Alfaguara 2002

Cursos: 1º ESO


Comentario.- O libro de Alicia no país das maravillas é o desencadeante dunha serie de estranos sucesos relacionados con “Alicia a través do espello”. Un caso de suplantación de personalidade que afecta a Bruno e que terá que resolver, axudado pola súa amiga, se quere recuperar a súa familia. O final, aínda que é previsible, sorprende.

Título: Ernesto el aprendiz de matemago
Autor: José Muñoz Santonia
Colección: El rompecabezas nº 6

Páxinas: 153
Editorial: Nivola 2003

Cursos: 1º ESO


Comentario.- Un gran número de xogos e trucos máxicos cun fondo matemático, presentados a través da amizade dun rapaz e un mago. Entretido, e ben explicao se se quere levar á práctica algunha sesión de matemáxia.

Título: Contar bien para vivir mejor
Autor: Claudi Alsina
Páxinas: 143
Editorial: Rubes 1998

Cursos: 3º ESO


Comentario.- A través de cuestións que dan título a pequenos artigos cargados de ironía analízase a cantidade de matemáticas que hai: Nunha lata de Coca – Cola, o índice de masa corporal, a herdanza, a descendencia, os impostos, etc. terminando cada un deles con un consello.

Título: El tío Petrus y la conjetura de Golbach
Autor: Apóstolos Doxiadis

Páxinas: 166

Editorial: Ediciones B Grupo Z 2002

Cursos: 3º ESO


Comentario.- Toda familia ten unha ovella negra e nesta é o tío Petrus. A historia do tío Petrus contada polo seu sobriño favorito tal e como vai descubriedo que o seu tío é un matemático que cumpre co estereotipo, xenial, antisocial, bo xogador de xadrez, .... Entretido e divertido, a conxetura de Golbach non é impedimento para podelo entender, só é unha disculpa para contar a historia.

Título: Alicia en el país de las adivinanzas
Autor: Raymond Smullyan
Colección:Teorema

Páxinas:207
Editorial: Catedra, Madrid 1989

Cursos: BAC

Comentario.- Utilizando as personaxes de “Alicia no país das maravillas” o autor introdúcenos con formato de diálogo no mundo das adiviñas lóxicas, das pardoxas e doutros problemas xa máis coñecidos como o da rá que cae no pozo e polo día sobe tres metros e pola noite esvara dous. Os problemas e as cuestións veñen solucionadas, ó final do libro.

 

Título: ¿Cómo se llama este libro?
Autor: Raymond Smullyan
Colección: Teorema

Páxinas: 292 pgs.
Editorial: Cátedra, Madrid 1989

Cursos: BAC
Subtítulo: El enigma de Drácula y otros pasatiempos lógicos

Comentario.- Cabaleiros e escudeiros, que sempre din a verdade ou sempre menten, mexturados con outros xa máis coñecidos de pique como ¿Onde enterrar os superviventes?; en total máis de 265 cuestións para afinar o xuízo lóxico coas correspondentes solucións.

Título: ¿La dama o el tigre? y otros pasatiempos lógicos
Autor: Raymond Smullyan
Colección: Teorema

Páxinas: 269
Editorial: Cátedra, Madrid 1982

Cursos: BAC

Comentario.- Do estilo dos anteriores, este libro e vainos introducindo na dificultade da lóxica de xeito gradual. Incluíndo unha novela que nos leva á teoría de indecidibilidade de Godel.

páxina 1
páxina 2
páxina 3
páxina 5
páxina 6
páxina 7
páxina 8
páxina 9
páxina 10
páxina 11
páxina 12
páxina 13