Título:
Taller de matemáticas con
calculadora
Autor: Abel Martín y otros
Páxinas: 194
Editorial: Ediciones Trea , S.L. 1998
Cursos: 1º ESO
Comentario.- Un curso completo de calculadora
con exercicios resoltos e propostos, con gráficos agradables
e en xeral unha presentación acertada.
|
Título:
Alicia a través
del espejo
Autor: Lewis Carroll
Colección: Biblioteca Juvenil
Páxinas: 236
Editorial: Alianza Editorial
Cursos:
1º BAC
Comentario.- Alicia atravesa o espello
e encóntrase cruzando un taboleiro de xadrez onde comenzan as
súas peripecias coa raiña bermella e as demais pezas.
É clave a idea de que ó atravesar o espello “ todo
é ó revés”. Unha boa cantidade de notas explicativas.
|
Título:
Alicia en el país de las maravillas.
Autor: Lewis Carroll
Colección: Biblioteca juvenil Páxinas:
Editorial: Alianza Editorial Cursos: 1º
BAC
Comentario.- As peripecias de Alicia acompañada
polo coello branco, o sombrereiro tolo ...., é destacable o xeito
de desenrolar a historia a base de preguntas, que vai facendo a protagonista,
sendo interesante desde o punto de vista da aprendizaxe a súa
lectura polos alumnos, polo que conleva de razoamento lóxico
dentro dun contexto divertido nunha conversa moitas veces absurda.
|
Título:
Esas mortíferas
mates
Autor: Kjartan Poskitt
Colección: Esa horrible ciencia
Páxinas: 144
Editorial: Molino 1998
Cursos: 2º ESO
Comentario.-
De lectura amena preséntanos problemas clásicos desenrolados
de xeito distinto e moi fácil de ler, tamén nos presenta
trucos matemáticos que lles resultan divertidos òs alumnos.
|
Título: Más mortíferas mates
Autor: Kjartan Poskitt
Colección: Esa horrible ciencia
Páxinas: 159
Editorial: Molino 1998 Cursos: 2º ESO
Comentario.-
De lectura amena preséntanos máis problemas clásicos
desenrolados de xeito distinto e moi fácil de ler, tamén
nos presenta trucos matemáticos quelles resultan divertidos ós
alumnos.
|
Título: Resolución de problemas
Autor: Seminario “Ramón Aller”
Colección:Lemniscata nº 1
Páxinas: 108
Editorial: Anaya 2003
Cursos: ESO
Comentario.- Preséntanos a resolución
de problemas desde unha aproximación ó método de
Polya, para a continuación presentarnos enunciados de distintos
problemas agrupados por capítulos. Ó final do libro temos
as solucións.
|
Título: Teatromático
Autor: Ismael Roldán Castro
Colección: Rompecabezas nº 3
Páxinas: 107
Editorial: Nivola 2002
Cursos: 4º ESO
Comentario.-
Divertimentos teatrais, con poucos actores,
para presentar conceptos matemáticos.
|