LIBROS DE LECTURA

Páxina nº 2

(Pinchado na foto da portada vas ó resume da obra)

 

Título: Matemática es nombre de mujer
Autor: Susana Mataix
Páxinas: 159
Editorial: Rubes Editorial 1999

Cursos: 3º ESO

Comentario.- É un compendio de biografías das matemáticas máis famosas da historia, contadas en primeira persoa,cun nexo para todas elas que e´a biografía de Hipatía.

Título: El país de las mates para expertos
Autor: L.C. Norman
Colección: El rompecabezas nº 2

Páxinas: 74
Editorial: Nivola 2000

Cursos: 3º ESO


Comentario.- Un xogo de aventuras con problemas matemáticos do tipo “construe a túa propia historia”. As solucións son parciais a modo de pistas, onde cada unha delas vaínos levando a diferentes páxinas do libro, resulta moi entretido e prácticamente imposible de chegar directamente a solución. Igual ó anterior pero con problemas de maior dificultade.

Título: Póngame un kilo de matemáticas
Autor: Carlos Andradas Heranz
Colección: El barco de vapor

Páxinas: 125
Editorial: S.M. 2000

Cursos: 4º ESO


Comentario.- Múltiples e variados “artigos” , chistes, e experiencias como por exemplo construir cadrados máxicos, ¿Por que odiamos as matemáticas? Pequenas sipnoses do que son as matemáticas e para que serven, ¿como é a vida dun matemático?.
Ademais un pequeno relato datado en Bagdad durante o século XII, onde dous alumnos conseguen descubrir o gran secreto de Al – Khowarizmi, despois de descifrar o resultado dun cadrado máxico. Contén unha ecuación co teorema de Pitágoras polo resto é asequible ós alumnos de calquera curso de ESO.

Título: Los matemáticos no son gente seria
Autor: Claudi Alsina y M. de Guzmán
Páxinas: 127

Editorial: Rubes 1998

Cursos: 1º ESO


Comentario.- É un divertido tratado de anécdotas, curiosidades e historietas.

Título: ¿Odias las matemáticas?
Autor: Vallejo-Nágera, Alejandra
Páxinas: 159
Editorial: Martínez Roce 2000

Cursos: 1º ESO

Comentario.- Con ilustracións tipo comic vai plantexando preguntas e preséntanos matemáticas divertidas e tamén matemaxia, é ameno, o que se nota en falta e a cor,pois tódalas páxinas son en branco e negro. (Ten algo que engancha)

Título: El diablo de los números.
Autor: Hans Magnun Brizensberger
Páxinas:255
Editorial: Siruela 1999

Cursos: 1º BAC


Comentario.- Un percorrido pola teoría de números, é entretido, aínda que se pode facer longo e, ás veces, denso, non é o clásico libro que se le dun tirón, pero os primeiros capítulos son moi bos, pode parecer algo repetitivo no desenvolvemento, pero merece a pena polo tratamento que fai do estudio da combinatoria, binomio de Newton, triángulo de Tartaglia, e as sucesións, en particular da de Fibonacci, sendo un bo complemento para 1º de BAC.

Título: Planilandia
Autor: Edwin A. Abbott
Páxinas: 126
Editorial: Torre de viento 1999

Cursos: 3º ESO

Comentario.- ¿Como sería a vida nun mundo que só tivera dúas dimensións?.Nesta obra descríbese como tamén neste mundo houbo unha especialización, fundamentalmente na visión, no proceso evolutivo para poder vencer as dificultades que xorden para diferenciar ós distintos habitantes. A visión social está desfasada totalmente.

páxina 1
páxina3
páxina 4
páxina 5
páxina 6
páxina 7
páxina 8
páxina 9
páxina 10
páxina 11
páxina 12
páxina 13