ESCOLMA |
A MORTE
De forte ollar, amiga,
e frío que non se quenta.
Amiga, que eres de todos
e por ninguén esquecida.
Soia con teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar á túa fonte.
. ............. ..... ..
E logo de alí cansiños,
amiga, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos pés,
fríos polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que ti fas fuxir,
amiga, por aquil nacer...
|
CHEGA A HORA
Chega a hora que marcou o tempo
-xeada que apaga o sol-,
chega a hora fría aquela de contas feitas.
Chega luz rexida de nome,
rexida de verba,
rexida de aquel que dixo que era e non se atopa.
Volve a hora do serán aquel-tempo feito-,
volve o día que apañou e levou,
volve a luz que levou a tómbola dos sentidos,
negáronse a ela.
Tómbola que nos leva esquecidos de nós mismos,
feitos outros que non tiñamos,
que non eramos,
outros que non sabiamos deles.
Xa non vou nela!
Xa sei que son!
Hoxe que me teño toda, amigo,
non sei si eres Mundo ou cabalgata de vidas
ou remo que vogou en seco,
ou lonxanía que non se achega,
non se cingue,
non arrola dela.
|
COMO ME APAÑA!
Linme hoxe toda por dentro.
Linme!
Como me está chegando!
Como me apaña!
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras...
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del.
(...)
|
DÍAS ERAN EN MEDAS
Días eran en medas, as noites todas cantoras.
Chans chegaban ós teitos. Todo medraba fóra!
|
| MIÑA NAI
Canta morte eu vivín
polo alento ó revés do meu sentir!
Erguinme e fun cara arriba, non atopei que decir.
Ceguiña corrín cara abaixo.
Atopeiche, miña nai!
Atopeiche!
Na escaleiriña de pedra,
no recendo do pinar,
no banco de San Martín1, co rosariño na mano
Á dereita, no Convento2, atopeiche!
E logo, pasando a Ponte3, camiño da Pedra Chan4.
Atopeiche, miña nai!
Atopeiche!
Volvo de novo en min,
volvo de novo a olvidar!
Arrecendo a túa chambra5, que onte gardei sin lavar,
arrecendo a túa mantilla e volvo de novo a olvidar!
Atopeiche!
Pousa está a túa manciña na tixeira que eu colguei
como medalla -ouro vello!- na cadea do teu ser.
Son ser das túas penas,
de ledicias e amores,
son cadea enfurruxada,-
vertida das túas veas.
Si ma puderas limpar
e que brilara en contento,
eu berraría de a feito:
De miña nai son cadea,
i ela en min é o tempo!
Señor,
ti que sabes canto hai,
Señor,
si onte i hoxe son de Vós
cal dos tempos é teu pan?
__________________
1 Igrexa de San Martiño en Noia.
2 Convento de San Francisco, na cidade de Noia.
3 Unha das tres pontes que cruzan a ría de Noia. Posiblemente é
a chamada «Pon-
te da Traba».
4 Zona preto de Noia por onde María adoitaba pasear. ActUalmente
é un barrio
das aforas da vila.
5 Galicismo. Prenda de vestir, especie de blusa curta que levan as mulleres
na casa
|
| NOIA1
Campanas que tocades
todas do mismo xeito,
unhas chegádesme á alma
e outras Ó pensamento.
Pobos donde eu vivín!
Algúns eran máis feitos
e queríanme engañar,
mais eu nunca sentín
neles o meu fogar.
o meu fogar téñoo en ti:
no teu vivir e nas tres pontes2
e das campanas os toques,
toques que eran pra min.
Fóra de ti cando as oio,
e sendo o mismo tocar,
recólloas no pensamento,
xa non pasan máis alá.
Ribeiras de mar enxoito!
Ribeiras de pleamar!
Quedas, vellas ribeiras,
agardan un mar i outro mar.
Os seráns nas Rías Baixas
ollan con luz de aurora,
ca súa mirada queda,
silencio daquela hora...
_______
1 Vila onde naceu a poeta e pasou a infancia e xuventude. Toda a primeira
parte deste
poema parece inspirada no famoso poema de RosaIía de Castro «Campanas
de BastabaIes». ,
2 Na vila de Noia hai tres pontes: a Ponte Grande, a Pontenafonso e a
Ponte de
Traba.
|
POEMA 1
Inda vou na meniña
aquela que fogueaba1 sin leito!
Son aquela!
Son aquela que no bosco
escuitaba o himno dela!
Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
entre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.
Caladiña eu chamaba
en berros que hoxe esquezo,
cando o navío de lonxe
o meu mar cheo atracaba.
Son aquela!
Son aquela tarde queda
que no serán se chamaba
miña aurora sin coores2
chea dun farto rebusco
que en un xordo a min chegaba.
Son aquela!
Son aquela pena nubra
que de mofo entrenzaba
a lonxe voz do poeta,
cando aínda non sabía
que era pra ela
o que aquela voz narraba.
Son aquela!
Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.
Eu non sei,
eu non sei son sinceira.
Eu sentía un lonxe triste,
eu sentía nel ledicia,
eu quería quedar soia,
eu quería compañía,
aquela que eu non sabía!
Hoxe o sol enxuga a néboa.
Os dous tecen amores.
Han de saber algo dela!
__________
1 Acostumada ao traballo, sen descanso.
2 o que queda no agro despois da colleita.
|
SON A SUMA TOTAL
Son a suma total
daquel que foi medindo
a pegada aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.
Son resta da esperanza -diferencia quedou-.
Multiplicada xa nacín,
pra que dividirme agora?
San, enteira voume indo,
san, enteira vou quedando,
o paso xa me cederon,
inda que o camiño se vira,
vaise virando en duro,
as pegadas ben se ven
vense volcar nas penas,
liman os picos dos montes,
raxan a cume i o mar,
raxan as alturas todas,
raxan a néboa,
raxan o sol,
ráxanse todas nunha,
esta cínguese
vaise cinguindo.
Terra, alma dona!
Pegada que soia
se puxo o seu nome.
|
SONETO
Cando soupen que era meu
o que de lonxe alumaba,
a esperanza en min teceu
o que xa eu comenzara.
Logo de min saeu texto
que inda ninguén atopou.
Quedáronse co seu verso
que en cantiga se trocou.
Si a Verdade ben soupera
que o home di que a buscou
e que inda non dou nela!
Baixaría o Ceo á Terra.
O Sol non daría o que dou.
Non sería a Terra estrela.
|
UN NOVO LONGO
Nace en min un novo longo1 con mofo na raíz tecida.
Eu non sei donde agromou ou si ven dunha fontiña.
Abala, abala o seu mecer os aires que a min me
[viñan!
Cando zoan sin mal tempo
penso que o longo naceo do vello que o novo tiña.
__________
1 Metábase do adxectivo en substantivo. A poeta expresa dese modo
o nacemento
dun novo estado de plenitude interior, a extensión e importancia
desa nova vivencia.
|
| VIVO NO PRETO QUEDO
1
Eu non sei si xa pasou
ou se inda ten que pasar,
ou si aque1o que eu sentín
non foi sentir, foi soñar.
Vivo no preto quedo
dun lonxano latexar.
2
o silencio das cousas, hoxe,
aboia, aboia en min.
Remos navegan terra ó lonxe,
volvendo as augas cara min.
|
| |
| |
| |