|
Día
das Letras Chairegas 2.003
O día 21 de marzo de 2003 celebrouse por 4º ano consecutivo o Día das Letras Chairegas, adicado a Darío Xohán Cabana. Nesta homenaxe, que se lle fai cada ano a un escritor chairego, están invitados a participar tódolos centros educativos da Terra Chá que así o desexen, coa finalidade de achegar ós alumnos/as a figura dun escritor do seu entorno para que coñezan a súa obra e persoa e, ó tempo, sirva de estímulo para eles. O I.E.S. de Guitiriz sumouse a esta homenaxe e fíxoo escenificando unha lenda feita por Darío Xohán Cabana sobre a Cova da serpe que está situada nun monte cerca de Guitiriz. Esta lenda pertence á súa obra Libro dos Moradores, (1990) e titúlase a "Serpe da Cova". A continuación cantouse un fermoso poema titulado "Terra Chá", incluido na súa obra poética Romanceiro da Terra Chá (1973) e musicado por Suso Vaamonde.
As fotos recollen distintos momentos desta homenaxe. |
|
||||||||