Unidades básicas

 

Magnitude física
Unidade
Símbolo
Definición da unidade
LONXITUDE
METRO
m
É a lonxitude do traxecto percorrido no baleiro pola luz nun tempo de 1/299 792 458 segundos.
MASA
QUILOGRAMO
kg
É a masa dun cilindro dunha aliaxe de platino e iridio que se conserva no Museo de Pesas e Medidas en París.
TEMPO
SEGUNDO
s
É a duración de 9 192 631 770 períodos da radiación correspondente á transición entre dous niveis hiperfinos do estado fundamental do átomo de cesio-133.
INTENSIDADE DE CORRENTE ELÉCTRICA
AMPERE
A

É a intensidade dunha corrente eléctrica constante que, manténdose constante entre dous conductores rectilíneos, de lonxitude infinita situados a unha distancia dun metro entre si no baleiro, produce unha forza entre ámbolos dous conductores (por mor dos seus campos magnéticos) de 2 ·10-7N/m.

 TEMPERATURA
KELVIN 
É a fracción 1/273,16 da temperatura termodinámica do punto triple da auga. 
INTENSIDADE LUMINOSA 
CANDELA 
cd 
É a intensidade luminosa, en dirección perpendicular, dunha superficie de 1/600 000 m2 dun corpo negro á temperatura de conxelación do platino (2,042 K), baixo unha presión de 101,325 Pa. 
CANTIDADE DE SUBSTANCIA 
MOL 
mol 
É a cantidade de substancia dun sistema que contén tantas entidades elementais como átomos hai en 0,012 kg de carbono-12. Cando se use o mol, deben especificarse as entidades elementais (átomos, moléculas, ións, electróns...) 

(Volver á páxina principal)