O
sistema periódico dos elementos é unha táboa que os agrupa
de xeito que poden apreciarse facilmente os grupos de comportamento
químico parecido.
Están ordenados en orde crecente dos seus números atómicos.
Os
elementos que posúen propiedades parecidas atópanse na
mesma columna formando un "grupo ou familia".
Os elementos dunha mesma fila
forman un "período".
Existen 16 familias. Oito de elas
noméanse cun número
romano seguido dun 'A' e as outras oito cun 'B' (a
clasificación
da IUPAC non diferencia entre A e B, senón que as numera correlativamente,
empezando pola esquerda). Ós grupos que teñen o 'A',
se lles coñece como 'grupos
representativos'. Os grupos 'B' reciben o nome
de 'grupos de transición' e os que se distribúen
desde o La (Lantano) ó Lu (Lutecio), e do Ac (Actinio) ó Lr (Laurencio),
reciben el nombre de 'grupos de transición
interna'.
En canto ós períodos,comezan
sempre (excepto o primeiro) cun metal alcalino (IA) e terminan
cun halóxeno (VIIA) seguido
dun gas nobre (VIIIA), que é o que cerra o período.
En liñas
xerais, os metais ocupan a parte esquerda e central da
táboa, mentres que os non metais se sitúan á dereita.
Polo tanto dedúcese que as propiedades dos elementos son función
do lugar que ocupan os elementos na táboa. A clasificación
é a seguinte:
| Gases Nobres |
Estes elementos teñen completa a súa derradeira capa
orbital e, debido a iso, son moi reacios a combinarse quimicamente
con outros elementos. Tódolos gases nobres atópanse principalmente
no aire, agás o radón, que é un producto da desintegración do radio
e á súa vez, desintégrase noutros elementos. |
| Non Metais |
Son elementos que dificilmente ceden electróns e si teñen tendencia
a captalos. Na súa gran maioría son gases ou líquidos, son malos
conductores da calor e da electricidade e, xeralmente, non presentan
brillo. |
| Semimetais |
Son metais que non cristalizan nos sistemas representativos
dos elementos metálicos(en redes cúbicas de caras centradas, redes
cúbicas centradas no corpo, ou
empaquetamentos
hexagonais compactos). A súa conductividade eléctrica é elevada e
aumenta cando se funden. Teñen tendencia a formar combinacións
entre eles e cos metais propiamente ditos. Chámaselles tamén metais
de segunda especie. |
| Metais |
Caracterízanse por posuír brillo metálico. Teñen estructura cristalina
e son bos conductores da calor e da electricidade. Son sólidos a
temperatura ordinaria, agás o mercurio, que é líquido. Presentan
outras propiedades coma a opacidade, a dureza, a ductilidade, a maleabilidade
e a fusilidade. Tamén poden alearse con outros metais. Desde o punto
de vista electrónico, teñen tendencia a ceder facilmente electróns
e non presentan tendencia a gañalos. |
| Terras Raras |
É un grupo de metais. Forman dous grupos especiais:
* os lantánidos, derivados
do lantano, con propiedades moi similares todos eles e poden agruparse
en tres familias: a do cerio, a do terbio e a do itrio.
Atópanse formando compostos; son bastante activos e únense directamente
co osíxeno e co nitróxeno. Agás o cerio, teñen poucas aplicacións.
* os actínidos, derivados do
actinio; moi parecidos todos entre si. Comprende ó torio, protactinio, uranio e
os dez elementos transuránidos que seguen. Algúns deles son radioactivos. |
|