Sistema
Internacional de Unidades |
| Do mesmo xeito que para escribir un texto literario facemos uso das normas gramaticais e ortográficas da nosa lingua, debémonos esforzar en expresar correctamente as unidades de medida e os seus símbolos, dando cumprimento ó indicado no Sistema Internacional (SI). No estado español foi declarado pola lei do 8 de novembro de 1967 como Sistema Legal de Unidades de Medida o SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES. As sucesivas modificacións do SI foron adoptadas mediante novas leis ou decretos. O máis recente é o Real Decreto do 20 de novembro de 1997. Esta normativa está vixente na Unión Europea e é de uso legal e obrigatorio en todo o estado español e en calquera actividade. A realidade é que esta normativa non se cumpre; nin no ámbito docente (hai moitos libros de texto que empregan unidades de xeito arbitrario como grs, seg, Km... ou en desuso como libras, calorías...); nin na tecnoloxía (por exemplo exprésase a presión en kg); e moito menos no uso cotián, xa que se cometen moitos erros ó expresa-las unidades de calquera magnitude. O noso entorno exerce unha forte influencia negativa a través de toda a información contida nas etiquetas dos productos, na publicidade, na sinalización de tráfico... En todas estas situacións faise un uso deficiente e incorrecto do SI. |
ETIQUETADO DE PRODUCTOS O sector farmaceutico e de productos de nutrición extreman os seus cuidados, tanto nas indicacións dos envases como nos prospectos incluídos cos productos. Os erros máis frecuentes que se poden detectar son: indicar a parte decimal cun punto en lugar de usar unha coma (12.8 g en lugar de 12,8 g); emprega-lo punto para facilita-la lectura de cantidades superiores a 1000 (1.500 mL). Respecto á forma de expresa-las unidades, os máis frecuentes son: masa...................g ./gr/grs/Gr/GR/GRS/oz volume...........................l ./L ./ml. enerxía.........................Kcal/ Kj/kj/Kjul potenciaeléctrica.........W. tensióneléctrica...........V.
|
SINALIZACIÓN DE TRÁFICO Os erros máis habituais fan referencia á escritura dos valores numéricos ou expresa-lo prefixo do múltiplo "quilo". Lonxitude dunha ponte: L= 1.558 m Distancia a determinado lugar: 12 Km
|
MANUAIS DE INSTRUCCIÓNS E FICHAS TÉCNICAS O sector dos fabricantes de electrodomésticos, automóbiles e aparellos electrónicos en xeral, fan uso frecuente do sistema de unidades. En calquera manual ou ficha técnica aprécianse os mesmos tipos de erros que os xa comentados (Kg,Km,seg...) e ademais soen empregar unidades de tipo técnico (BHP...) non admitidas no SI.
|
Todas estas situacións e bastantes outras que non desenrolamos aquí levan, evidentemente, á confusión e teñen influencia negativa no alumnado. Por iso imos proporcionar aquí material respecto á normativa vixente referida ós sistemas de unidades. |
O SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES forma un sistema coherente de unidades, establece a súa definición e determina os métodos para obte-los seus múltiplos e submúltiplos . No SI existen sete unidades básicas do coñecemento xeral; engade dúas unidades derivadas sen dimensións ou unidades suplementarias , de carácter puramente xeométrico. A partir destas, mediante expresións alxebráicas, pódese definir un gran número de unidades derivadas que adoitan ter nome e símbolos propios. O Comité Internacional de Pesas e Medidas tamén recoñece algunhas unidades alleas ó SI que se manteñen por razóns prácticas ou polo seu interese en campos especializados. Os nomes das unidades escríbense sempre con minúsculas e formarán o plural engadinso un s, agás cando rematen en s, x ou z. Se a unidade deriva do nome propio de científicos eminentes, mantense a ortografía do nome orixinal, aínda que con minúscula inicial. |
![]() |
Respecto ós símbolos das unidades , débense escribir sempre en minúsculas agás cando a unidade derive dun nome propio , como Ampère(A), Joule (J), Newton(N). Os símbolos non son abreviaturas , polo tanto non se escriben en plural e débense escribir deixando un espacio entre o símbolo e o valor numérico, e sen punto final (salvo que sexa o final dunha frase). Entre o prefixo e o símbolo da unidade non hai espacios (5 m; 4 ps) No caso das unidades derivadas, o producto dos símbolos das distintas unidades exprésase por medio dun punto ou suprimíndoo se non hai posibilidade de confusión con outros símbolos (N·m; Nm, xamais mN que significa milinewton). Se se trata dun cociente, pódese utiliza-la barra oblicua, a barra horizontal ou as potencias negativas para evita-lo denominador. Respecto á escritura dos valores numéricos , as recomendacións do SI son:
(Volver á páxina principal)
|