Exames de selectividade
O exame de QUÍMICA das PAAU cambia a estructura a partir das próximas probas de xuño de 2006. O cambio radica SOAMENTE na organización do exame e NON no tipo de pregunta pois iso séguese mantendo. O exame terá a seguinte estructura:
* CUESTIÓNS: Plantexaranse tres cuestións das que o alumno ou a alumna soamente terá que respostar a dúas delas.
* PROBLEMAS: Tamén se plantexarán tres problemas e o alumno ou a alumna respostará a dous deles.
* PRÁCTICAS: Plantexaranse dúas prácticas e o alumno ou a alumna terá que respostar a unha delas.
A puntuación de cada unha das CINCO preguntas que terá que respostar é de 2 puntos. Haberá unha pregunta máis (serán cinco en lugar de catro), pero estarán plantexadas con menos apartados, máis curtas para que o alumno ou a alumna poda respostar comodamente no tempo establecido para facer o exame. Deste xeito o alumnado terá máis optatividade pois as combinacións posíbeis aumentan en relación co modelo de exame anterior onde cada unha das dúas opcións eran pechadas.
Os alumnos e as alumnas poderán utilizar calculadora non programable e co exame se lles facilitará unha Táboa Periódica. Os alumnos e as alumnas disporán de 1hora e 30 minutos para a realización da proba.
2001 - 2006 . Exames e criterios de avaliación das convocatorias de xuño e de setembro dos anos 2001 ata o 2006, ámbolos dous incluídos.
O exámen de FÍSICA das P.A.A.U. cambia de estructura. Este cambio entra en vigor no curso 2006-2007. Consiste no seguinte: O exame estructúrase en seis bloques, que son os cinco temas da disciplina: Gravitación; Ondas; Electromagnetismo; Óptica; Física Moderna e un sexto bloque adicado ás Prácticas de Laboratorio. Séguense outorgando 6 puntos ós problemas, 3 puntos ás cuestións e 1 punto á práctica. O exame constará de problemas e cuestións dos cinco temas e prácticas repartidos do seguinte xeito:
* 1º BLOQUE (puntuación 3 puntos) Dous problemas dun tema concreto (por exemplo, Gravitación). Cada un con tres apartados. Un deses apartados pode ser unha pequena cuestión de teoría relacionada co problema. Cada apartado puntúa 1 punto. O/a alumno/a elixirá un dos dous problemas. * 2º BLOQUE (puntuación 3 puntos) Dous problemas pero doutro tema (por exemplo, Ondas). Cada un con tres apartados. Un deses apartados pode ser unha pequena cuestión de teoría relacionada co problema. Cada apartado puntúa 1 punto. O/a alumno/a elixirá un dos dous problemas. * 3º BLOQUE (puntuación1 punto) Dúas cuestións dun tema diferente ós dous anteriores (por exemplo, Electromagnetismo). Formúlanse como se está a facer agora; danse tres respostas, para que elixa a correcta e a razoe. O/a alumno/a elixe unha das dúas cuestións. * 4º BLOQUE (puntuación1 punto) O mesmo co terceiro pero sobre un tema diferente ós dous anteriores (por exemplo, Óptica). Formúlanse como se está a facer agora; danse tres respostas, para que elixa a correcta e a razoe. O/a alumno/a elixe unha das dúas cuestións. * 5º BLOQUE (puntuación1 punto) O mesmo co cuarto pero sobre un tema diferente ós dous anteriores (este xa sería de Física Moderna). Formúlanse como se está a facer agora; danse tres respostas, para que elixa a correcta e a razoe. O/a alumno/a elixe unha das dúas cuestións. * 6º BLOQUE (puntuación1 punto) Unha cuestión referente ás prácticas.
Deste xeito, séguense a manter dous problemas (pero con maior optatividade, pois elixe entre catro posibles dous a dous); tres cuestións (pero elixe entre seis dúas a dúas); e unha cuestión referente a unha das prácticas. O aumento de opcionalidade, evidentemente, favorece ó alumnado. Os alumnos e as alumnas disporán de 1 hora e 30 minutos para a realización da proba. Poderán utilizar calculadora non programable .
2001 - 2006 . Exames e criterios de avaliación das convocatorias de xuño e de setembro dos anos 2001 ata o 2006, ámbolos dous incluídos.
(Volver á páxina principal) |