PIFIAS

 

 
 

 

 

   

 

 

 

 

 

Aí vos van respostas verídicas de exames da E.S.O. (algunha é de Bacharelato) e frases máis ou menos inxeniosas ou divertidas que podedes atopar ó navegar por Internet ou que me contaron, ben por e-mail ou persoalmente. Algunhas están traducidas e outras non..

  • Barroco: Estilo de casas feitas de barro.
  • Lenguas vernáculas: As que se falan nas tabernas.
  • Derivados do leite?: A vaca.
  • Estimulantes do sistema nervioso: O café, o tabaco e as mulleres.
  • Alfareiro: O que ten un farol.
  • Marsupiais: Os animais que levan as tetas nunha bolsa.
  • Polígono: Home con moitas mulleres.
  • Comentar algo do 2 de maio: De que ano?
  • Coleccionistas de selos: Sifilíticos.
  • Ave César morituri te salutan: As aves de César morreron por falta de saúde.
  • Cogito, ergo sum: Le cogí lo suyo.
  • Ecosistemas: A tundra e a gaita.
  • Derivados do leite: O arroz con leite.
  • A arte grego: facían porróns.
  • Países que forman o Benelux: Bélxica, Luxemburgo e Neardental.
  • Cita organismos internacionais: a OJE, "Boyes Caos", USA, USS e UNI, policía, bombeiros, socorristas e Cruz Vermella, a ITT e a Olimpíada de México, a OJE, FIFA, UEFA, EU, NASA e URSS.
  • Pediatra: Médico de pés.
  • Traballo e enerxía: Traballo é se collemos unha silla e a poñemos noutro sitio, enerxía é cando a silla se levanta sola.
  • Exemplos de nematoceros (mosquitos): O "buo", o "buo" real e o mochuelo.
  • Quevedo: Era coxo, pero dun so pé.
  • Brisa do mar: É unha brisa húmida e seca.
  • Un gusano que no sea la lombriz de tierra: La lombriz de mar.
  • Un marsupial: O chimpancé.
  • O oído interno: Consta de utrículo e dráculo.
  • Coñeces algún vexetal sen frores?: Coñezo.
  • Moluscos: Son eses animais que se ven nos bares, por exemplo, o cangrexo.
  • Sabes en que unidade se mide a masa atómica dun átomo? Sei.
  • Exemplo de réptil: A serpe "putón".
  • Monotremas: Son mamíferos de forma humana e son os monos.
  • Réptiles: Son animais que se disolven na auga. Un réptil perigoso de España é o crocodilo.
  • "Calamar": Chámase así porque "cala" os mares.
  • Movementos do corazón: O corazón sempre está en movemento, só está parado nos cadáveres.
  • Volcáns: En Mallorca está o Teide. A auga de mar solidifícase e sae polo cráter.
  • Terremotos: Son movementos bruscos que se tragan ás persoas.
  • Insectos: Son unha especie de aves pequenísimas.
  • Arterias: Son uns tubiños de plástico flexibles.
  • Mahoma: Naceu en La Meca ós cinco anos.
  • Fósiles: Son uns señores moi antigos.
  • Fósiles: Son animais que se extraen dos grandes museos, coma o de Madrid.
  • A Santísima Trinidade: Son o Pai, o Fillo e unha Palomiña que vive con eles.
  • Animais Polares: Son a Osa Maior e a Osa Menor.
  • O sexto mandamento: Non fornicarás ó teu pai e á túa nai.
  • Movementos do corazón: De rotación ó redor de si mesmo e de traslación ó redor do corpo.
  • Círculo: É unha liña apegada polos dous extremos formando un "redondel".
  • Que é a atmosfera?: É o sitio onde se atopan os procesos atmosféricos coma as nubes. Nesta parte prodúcense os raios sísmicos, que son aqueles que producen os terremotos e o "temblamento" da Terra.
  • Primeira Lei de Mendel: Mendel foi un home que ó longo de toda a súa vida se adicou ó cruce das prantas. Das súas experiencias fixo un libro pero publicárono nunha encadernación mala e a xente non se enterou. Despois de Mendel, dúas persoas descubriron o mesmo ca el sen sabelo e viron que perderan o tempo inutilmente.
  • Etapas máis importantes na evolución do home: Sobre o ano 570 crese na primeira aparición do "homo sapiens". A partir do 570 e ata o 1200, o "homohabilis"; a partir do 1200 e ata aproximadamente o 1700, o "homohabilis" e despois homes normais.
  • Marco Polo: Foi un descubridor cartaginés que pretendía descubrir América, que o logrou.
  • Acueductos: Eran para transporta-la auga dun extremo ó outro en lugar de cargar cos baldes.
  • Os marxinados: Viven na rúa; non teñen cartos e non posúen privilexios coma é "ovio".
  • A nobreza: No podían ser dela se non tiñan sangue e non eran de familia dese grupo.
  • Unha de posesións: Nas terras dos nobres "uvicábase" a casa do señor, o muíño, a tostadora do pan...
  • Medir o segundo verso escrito no encerado: No encerado uns 75 cm; no papel máis ou menos unha cuarta (dígoo aproximadamente porque non trouxen a regra).
  • Esqueleto da mazá da perna: Está formado polo óso máis longo do corpo que é o fémur que vai desde a omoplata ata a rótula.
  • O cerebro: As ideas, despois de falar vanse para o cerebro.
  • Aves prensoras: Son as aves que viven nas "prensas", sitios onde hai moita auga. Teñen bonitas cores, coma por exemplo, o corvo.
  • Exemplo de galinácea que non sexa a galiña: O polo.
  • Depuración da auga: Faise pola acción dos raios ultraviolentos.
  • Anfibios: A ra ten unha fendidura cloacal, pola cal lanza o típico son "cloac, cloac".
  • Exemplo de parasito interno: As vísceras.
  • Produtos volcánicos: As bombas atómicas.
  • Antibióticos: O alcol, o algodón e a auga osixenada.
  • Glaciares: Poden ser por erosión ou por defunción.
  • A soberbia: É un apetito desordenado de comer e beber que se corrixe practicando a luxuria
  • Que río pasa por Viena?: O Vesubio azul.
  • Fases da lúa: Lúa chea, lúa nova e menos cuarto.
  • Xeografía: En Holanda, de cada catro habitantes, un é unha vaca.
  • Afluentes do Douro pola dereita: Son os mesmos que pola esquerda.
  • Fe: É o que nos da Deus para poder entender aos curas.
  • Que é a hipotenusa?: O que está entre os dous paletos.
  • Onde foi bautizado Xesús?: En Río de Xaneiro.
  • Napoleón: Está soterrado en "Los paralíticos", en París.
  • O cerebelo: É o froito do cerebro.
  • Felipe II: Naceu por poderes en Valladolid.
  • Quen inventou o pararraios?: Frankestein.
  • Insectos: O paludismo é producido pola mosca "SS".
  • Que significa leucocito?: Como o seu nome indica Leu significa animal, e cocito, pequeno.
  • Partes do tronco: Embigo, cintura e tetilla.
  • Anfibios: Dos ovos de rana saen unhas larvas chamadas cachalotes.
  • A pel: É un vestido sen o cal non resistiriamos os "porrazos", é ademais, un muro de contención para que non saian as carnes.
  • Área do triángulo: É igual á cuarta parte da metade do seu lado pola semisuma da raíz cadrada de tres.
  • Glaciar alpino: Chámase así porque arrastra moitos pinos.
  • O home primitivo: Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas.
  • Se caen á auga un oso branco e un oso pardo, cal se disolve antes? O oso branco porque é un oso polar.
  • Os enxeñeiros químicos fan por cartos o que os químicos orgánicos fan por diversión.
  • Cal é a norma máis importante que se aprende en Química? Non lamer xamais a culler.
  • As 10 derradeiras frases pronunciadas polos químicos:
    1. E agora imos proba-lo sabor...
    2. E tamén unha pinguiña disto...
    3. Axítase un pouco e xa está...
    4. Cal era o vaso que tiña a miña auga de beber?
    5. De onde saiu este fume verdoso?
    6. Apaguei o gas?
    7. Esta montaxe experimental é completamente segura...
    8. Xa podo levanta-la fiestra de protección...
    9. Algo vai mal...
    10. Confía en min que sei o que estou a facer...

 

 

REFLEXIÓNS DUN SUFRIDO ESTUDANTE

FASES DO ESTUDO

Fase 1: O COMEZO

Un dos momentos máis duros para os estudantes é aquel no que temos que sentarnos ante os apuntes. Chegados a esta difícil situación, plantexámonos dúas opcións:

* OPCIÓN A:   * OPCIÓN B:

Botémoslle ovos!! Hoxe vou estudar como un cabrón (Bo comezo, lástima que facelo non sexa tan doado coma dicilo).

 

Uhmmmm.... Se total para o que queda de tarde entre que me poño e tal, non fago nada. O dito! Hoxe xa non fago nada, pero mañá póñome a saco. Fixo! (Opción bastante frecuente).

Fase 2: CONCENTRACIÓN

Unha vez dispostos a estudar, unha mínima concentración é imprescindible. Esta concentración é inversamente proporcional ó coñazo que sexa a asignatura. Atoparemos grandes dificultades. Sentidos coma o oído, agudízanse extraordinariamente, permitindo oír a tele do veciño, ou detectar un mosquito que sobrevoa a habitación, acontecementos que, sen dúbida, teñen moito máis interese que os nosos apuntes.

Fase 3: EXAMINACIÓN DOS APUNTES

Cando comecemos a estudar, o primeiro de todo comprobamos a calidade dos nosos apuntes. Deste xeito, a última hora dámonos de conta que fáltannos a metade dos días, ou que o dono dos apuntes que fotocopiamos ten a curiosa manía de apura-los folios por abaixo e polos lados, de tal xeito que nas túas fotocopias non aparecen multitude de datos e resultados ou vense borrosos, co cal desenvolves unha nova actividade: a criptografía.

Fase 4: DESESPERACIÓN

Cando tras media hora resolvendo un problema, comprobas que a túa solución está lonxe de coincidir coa dos teus apuntes, a desesperación é a consecuencia máis frecuente.

Pode deberse a dous factores:

a) Equivocácheste (moi probable). A repeti-lo problema.

b) O que se equivocou foi o profesor (ás veces tamén pasa). Procedemento a seguir: acordáste de toda a súa parentela. A desesperación persiste, pois nunca sabes se se equivocou realmente e, se é así, se a túa solución é a correcta.

Fase 5: EVASIÓN DE RESPONSABILIDADES

Frases máis usuais:

- Quen carallo me mandou a min estudar esta merda de carreira?

- Se é que con esta merda de apuntes que teño é imposible estudar.

- Non me presento.

Fase 6: EXAME DE CONCIENCIA E ARREPENTIMENTO

Cando estás realmente sufrindo por ter que estudar en verán ou ter que estudar a última hora enormes "tochos" de apuntes, recordas todos aqueles ratos que estiveches vagueando tranquilamente. Frases máis comúns:

- Se é que son parvo...

- Sempre me pasa igual.

- Cágome na miña sombra...

Fase 7: INCURSIÓNS FILOSÓFICAS E METAFÍSICAS

Co pasar das horas un tende a sacar a parte máis reflexiva do noso ser, que en moitos casos, denota graves alteracións do estado psíquico. Pensamentos comúns:

- Por que na vida temos que sufrir así?

- De onde vén "por hache ou por be"?

- Por que presionamos máis forte os botóns do mando a distancia cando este ten poucas pilas?

- Gustaríame "reencarnarme" nun can... Vaia vidorra...

Fase 8: EVASIÓN DA REALIDADE

Un soña con estar a mil quilómetros de distancia, se é posible noutra época, e se é noutro planeta mellor, o que denota as graves consecuencias que conleva para o cerebro o estudo.

Fase 9: ABANDONO

E chega o momento do abandono. Os implacables inimigos do estudante (sono, aburrimento, fame...) atacárono e decide non continuar. O abandono prodúcese en catro etapas:

1.- Declaración de principios: "Estou ata os mesmos ovos..."

2.- Plantexamento de excusas: "Xa está ben por hoxe... Se total, unha hora máis que estude hoxe non me vai facer aprobar."

3.- Avaliación do rendemento: "Dos dous temas que tiña pensado estudarme esta tarde, estudei medio."

4.- Fixación de metas: "Bah, mañá levántome antes e estudo máis tempo."

 

 

CHISTES

* Ía un átomo camiñando pola rúa con cara de preocupación. Outro átomo coñecido seu,ó velo, preguntoulle:

- Que tal amigo? Por que tan estresado?

- Perdín un electrón, respondeu.

- Estás seguro?

- Si, estou completamente positivo.

 

* Para a gran maioría da xente, unha solución é unha resposta. Para os químicos, non é máis que auga porca.

 

* O peor de ser químico é que pása-lo día rodeado de botellas pero non poder beber de ningunha dela.

 

* Un científico é alguén que o sabe todo de nada mentres que un filósofo é aquel que sabe nada de todo.

 

* Nun exame pídeselles ós estudantes que demostren que tódolos números impares son primos.

  • Matemático: Dáse conta que o enunciado é falso, pero ten que demostralo, así que escribe: " 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, e por inducción tódolos números impares son primos".
  • Físico: Tamén se "dá conta" de que é falso... " 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, e por inducción, tódolos números impares son primos. Nota: ó chegar ó 9 obtense un erro experimental".
  • Enxeñeiro: " 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 9 é primo, e por inducción, tódolos números impares son primos".
  • Programador de ordenadores: " 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo, 7 é primo..."
  • Teólogo: " 3 é primo, e polo tanto, tódolos números primos son impares. De onde se conclúe a existencia de Deus, porque tal marabilla ten que selo resultado dunha mente creadora superior; e ademais, como pode alguén crer na primalidade dos números impares, e aínda negar a existencia de Deus?".
  • Político: " 3 é primo, 7 é primo, e polo tanto, tódolos números impares son primos, de acordo coa doutrina do partido. Esta verdade foi revelada ó Gran Líder e Campión da Paz. Aquel que non estea de acordo é un conspirador contrarrevolucionario".
  • Médico: " 3 é primo, 5 é primo, 7 é primo e ós demais aplícalles o mesmo tratamento ata que sanen".

* Para os que saben química:

  • Por que os osos brancos se disolven na auga? Por que son polares.
  • Que fai un electrón cando cae ó chan? Planck.
  • E cando arrota? Boooooorh.

* Para os que saben física:

  • Que lle di un superconductor a outro? Que frío fai!! Non resisto máis.
  • Profesor: A ver, dígame vostede unha forma de comproba-lo efecto Doppler, usando a luz en lugar do son. Alumno: Hmmmm... cando é de noite, as luces dos coches vense brancas ó achegarse e vermellas cando se afastan.
  • As tres leis da Termodinámica: 1) Non podes gañar. 2) Non podes empatar. 3) Non podes abandona-lo xogo.

* Para os que saben informática:

  • Para entender o que é a recursividade, antes hai que entender que é a recursividade.
  • Hardware é aquilo que acaba estropeándose. Software é aquilo que acaba funcionando.
  • Hardware é aquilo ó que lle podes dar patadas. Software é aquilo ó que só podes maldicir.

* Para os que saben matemáticas:

  • Que é un neno complexo? Un coa nai real e o pai imaxinario.
  • Que é un oso polar? Un oso rectangular, despois dun cambio de coordenadas.
  • Dous vectores atópanse e un lle di ó outro: tes un momento?
  • Que sucede cando n tende a infinito? Que infinito sécase.
  • Que lle di a curva á tanxente? Non me toques!!
  • Gústanme os polinomios, pero só ata certo grao.
  • Nunha festa de números e incógnitas. A pobre función expoñencial ex atópase soa nun rincón cando se lle achega x e lle di: pero muller, intégrate!! Para que? Se me dá o mesmo.
  • Nun manual de Fortram para ordenadores Xerox líase o seguinte (textual): "O propósito principal da declaración DATA é dar nomes a constantes; no lugar de referirse a pi como 3,141592653589793 en tódolos lugares que apareza no programa, pódeselle dar dito valor a unha variable chamada PI cunha declaración de tipo DATA, e usar esta variable no lugar do inconvenientemente longo valor de pi. Isto tamén simplifica o modificar posteriormente o programa, no caso de que o valor de pi cambiase".

* LEIS VARIAS:

  • Leis de Murphy
  1. Se algo pode saír mal sairá.
  2. Se hai a posibilidade de que varias cousas saian mal, aquela que cause o maior dano, será a primeira que suceda.
  3. Se algo non pode saír mal, sairá mal de tódolos xeitos.
  4. Deixadas ó seu aire, as cousas tenden a ir de mal en peor.
  5. Se todo parece estar saíndo bén, evidentemente hai algo no que non te fixaches.
  6. Calquera cousa que empeza ben, acaba mal.
  7. Calquera cousa que empeza mal, acaba peor.
  8. Se parece fácil, é difícil.
  9. Se parece difícil, é totalmente imposible.
  10. Se un experimento funciona, é que algo saiu mal.

    Comentario de O'toole sobre as leis de Murphy: Murphy era un optimista

    Paradoxo de Murphy: O camiño complicado é sempre o máis fácil

     

  • Lei de Flap
  • Calquera obxecto inanimado, independentemente da súa posición, configuración ou propósito, comportarase en todo momento de xeito totalmente inesperado por razóns que son totalmente escuras ou completamente misteriosas.

     

  • Lei de Patry
  • Se sabes que algo pode saír mal e tóma- las debidas precaucións para evitalo, algunha outra cousa sairá mal.

     

  • Definición de Weber
  • Un experto é aquel que sabe máis e máis acerca de menos e menos, ata que o sabe absolutamente todo de nada.

     

  • Conclusión de Jilly e Rob
  • A vida é demasiado seria para tomala en serio.

 

* Como se pode conseguir que Windows corra máis deprisa?
Deixando cae-lo ordenador desde un lugar máis alto.

* De que forma se pode acelerar un Mac?
Deixándoo caer.

* A cantos micrófonos equivale un megáfono? : A 1000.000.000.000

* Canto pesa un pentagrama ? : 5 gramos

* As bacterias multiplícanse dividíndose.

* A tasa de natalidade é o dobre da tasa de mortandade; polo tanto, unha de cada dúas persoas é inmortal.

* O non ter fillos é hereditario; se os teus pais non tiveron ningún, o máis probable é que ti tampouco os teñas.

* En Nueva York un home é atropelado cada dez minutos. O pobre ten que estar feito po.

* A probabilidade de ter un accidente de tráfico aumenta co tempo que pasas na rúa. Polo tanto, canto máis rápido circules, menor é a probabilidade de que teñas un accidente.

* O 33 % dos accidentes mortais involucran a alguéen que bebeu. Polo tanto, o 67 % restante foi causado por alguén que non bebera . Vendo esto e de tódolo anterior, está claro que a forma más segura de conducir é ir borracho e a gran velocidade.

 

 

GUÍA DO ESTUDANTE PARA RESOLVER PROBLEMAS DE FÍSICA, QUÍMICA, MATEMÁTICAS...

 

  1. No posible, evita le-lo problema. Le-lo problema só consome tempo e causa confusión.
  2. Extrae os números do problema na orde na que aparecen. Ollo, os números tamén poden expresarse con palabras.
  3. Se coa regra 2 obtés tres ou máis números, o mellor para dar coa resposta é sumalos.
  4. Se só hai dous números que son máis ou menos do mesmo tamaño, a resta dá os mellores resultados.
  5. Se hai só dous números no problema e un deles é moito máis pequeno que o outro, divídeos se o resultado dá exacto; en caso contrario multiplícaos.
  6. Se o problema parece necesitar unha fórmula, escolle unha que teña letras suficientes para usar tódolos números do problema.
  7. Se as regras 1-6 non funcionan, fai un derradeiro intento desesperado. Toma o conxunto de números que atopaches en 2 e enche, polo menos, dúas páxinas de operacións utilizándoos ó chou. Marca cinco ou seis respostas en cada páxina por se de casualidade algunha é a correcta. Podes conseguir algunha nota por intentalo duramente.
  8. Xamais empregues moito tempo resolvendo problemas. Con estas regras poderás realiza-lo exame máis longo en non máis de 10 minutos e sen ter que pensar moito.
[Autor : Joe Dodson, Mathematics Supervisor, Winston-Salem/Forsyth County Schools, North Carolina ]

 

 

(Volver páxina principal)