Membros do Departamento
No curso 2007-2008, este Departamento está constituído por dúas profesoras:
  • Dona Aurora Fátima Romar Gasalla e,
  • Dona Ana Mª Sánchez Expósito, xefa do Departamento.

Número de alumnos e alumnas que pertencen a este Departamento por grupos:
3º E.S.O. "A" 15 alumnos e alumnas
3º E.S.O. "B"

15 alumnos e alumnas

3º E.S.O. "C"

14 alumnos e alumnas

4º E.S.O. "A" 16 alumnos e alumnas
4º E.S.O "B" 10 alumnos e alumnas
1º Bacharelato "A" 15 alumnos e alumnas
2º Bacharelato "A" (FÍSICA) 7 alumnos e alumnas
2º Bacharelato "A" (QUÍMICA) 13 alumnos e alumnas
Na actualidade, impártense as seguintes áreas e materias:

2Física e Química 3º E.S.O. con dúas horas lectivas semanais. É unha materia obrigatoria.
2Física e Química 4º E.S.O. con tres horas lectivas semanais. É unha materia optativa, aínda que é recomendable cursala se se ten intención de seguir estudios de Bacharelato das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde ou do Bacharelato Tecnolóxico.
2Física e Química 1º Bacharelato, materia de estudio obrigatorio na modalidade de Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, que é a que se imparte no I.E.S. de Guitiriz.
2Química 2º Bacharelato , con catro horas semanais, é unha asignatura obrigatoria nesta modalidade de Bacharelato. Nembargantes, neste Centro, tamén se pode cursar como optativa escollendo outra vía de acceso que permite acceder ás carreiras relacionadas co Bacharelato Tecnolóxico.
2Física 2º Bacharelato , con catro horas semanais, é unha asignatura optativa nesta modalidade de Bacharelato. Pola mesma razón que no caso da Química, pódese tamén cursar como obrigatoria, dependendo da vía escollida.

(Volver á páxina principal)