3º e 4º E.S.O.

 

 


Consideracións xerais

Obxectivos

Secuenciación de contidos

Contidos 3º E.S.O.

Contidos 4º E.S.O.

Temas transversais


Atención á diversidade

Alumnos e alumnas coa Física e Química de 3º E.S.O. Pendente

 

 

Temporalización

Metodoloxía

Avaliación

Instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación 3º E.S.O.

Criterios de avaliación 4º E.S.O.

Contidos mínimos 3º E.S.O.

Contidos mínimos 4º E.S.O.

Libros de texto

 

 

 

CONSIDERACIÓNS XERAIS

 

O desenvolvemento das Ciencias da Natureza foi un dos motores máis importantes de cambio da humanidade nos últimos séculos. A ciencia constitúe unha das claves esenciais para entende-la cultura contemporánea, polas súas contribucións non só á satisfacción de necesidades humanas relacionadas con aspectos materiais; senón tamén a propia forma de pensar que ten o ser humano sobre a súa existencia e sobre o mundo no que vive.
A necesidade dun currículo cun contido científico amplo e equilibrado responde tanto á obriga das institucións de transmiti-la cultura da sociedade , como tamén á demanda social de que a educación obrigatoria incorpore contidos da cultura científica para preparar ós cidadáns do novo século para comprender unha sociedade na que a ciencia e a tecnoloxía poden ser utilizadas como instrumentos de poder e de dominación duns grupos sociais sobre outros.
A ciencia non é só o corpo de coñecementos construídos polos científicos sobre o medio natural, senón tamén os procesos mediante os que eses corpos teóricos se xeran e cambian no tempo. O pensamento en termos de hipóteses, a busca de contraste coa realidade, a comprobación de hipóteses mediante experimentación e observación... son aspectos tan característicos da ciencia como os corpos de coñecemento construídos e deben formar parte da aprendizaxe das Ciencias da Natureza.
O coñecemento das Ciencias da Natureza ten un claro senso educativo porque dota ós alumnos e ás alumnas de instrumentos conceptuais rigorosos para comprende-la realidade e poder intervir nela. Os contidos desta área contribúen en alto grao ó desenvolvemento de múltiples capacidades reflexadas nos obxectivos xerais para a ensinanza obrigatoria.
Na Educación Primaria as Ciencias da Natureza estaban integradas xunto con outros ámbitos nunha soa área Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. Na etapa da Secundaria
Obrigatoria, organízase como área independente correspondente ó desenrolo evolutivo dos alumnos e das alumnas, que posúen cada vez maior capacidade para comprender conceptos, facer razonamentos de carácter abstracto e operar sobre símbolos e representacións formalizadas. As disciplinas obxecto de estudio nesta área son: Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, aínda que tamén deberán incluírse outros aspectos , producto da súa diversificación e ampliación de enorme importancia na actualidade como son os relativos á saúde, ó medio ambiente...
Este enfoque curricular de área debe permitir que os alumnos e as alumnas comprendan as diferencias en canto ó obxecto de estudio e tamén en canto ós marcos teóricos e procedementos de busca e contraste entre as diferentes disciplinas que a integran.
No primeiro ciclo da etapa (12-14 anos) trátanse globalmente as materias de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química, creando unha unidade curricular que permite mante-la aproximación de conxunto ó coñecemento dos fenómenos naturais, integrando conceptos e subliñando as relacións e conexións entre os mesmos para acadar unha estructura articulada e coherente. No primeiro curso os eixes curriculares son a materia e os materiais; no segundo curso son a enerxía e os cambios.
No segundo ciclo (14-16 anos) as dúas materias sepáranse para afondar nelas dun xeito máis especializado (sempre en función da madurez do alumnado e da súa diversidade); de aí a crecente complexidade de contidos. No terceiro curso, en Bioloxía e Xeoloxía, os contidos distribúense entre a composición da codia terrestre en canto a materiais (rochas e minerais) e a especie humana; en cuarto curso abórdase a propia dinámica destes materiais e os aspectos que aportan a quinta esencia da diversidade biolóxica do planeta (xenética, evolución e a adaptación ó medio ambiente). No caso da Física e Química, a distribución de contidos é asimétrica debido á formación matemática do alumnado; así, no terceiro curso hai unha maior presencia da Química mentres que no cuarto curso a presencia da Física é maior. Os eixes curriculares do terceiro curso son a materia, as reaccións químicas e a enerxía; en cuarto curso, o movemento e as forzas, as transferencias de enerxía e a estructura e transformación da materia.
Hai que ter en conta que as materias Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química son optativas en cuarto de E.S.O. Debido a isto, unha fracción do alumnado pode que non volva a estudiar ningunha das dúas disciplinas a partir do terceiro curso.
O currículo das Ciencias da Natureza presenta a ciencia como algo vivo, en continuo cambio e revisión e en permanente construcción, e non como un conxunto acabado e estático de verdades definitivas e inamovibles, para unicamente transmitir coñecementos xa elaborados para que despois os alumnos e as alumnas os memoricen. Se a ciencia é unha actividade constructiva, a proposta didáctica para esta área será aquela que saliente o papel activo e de construcción cognoscitiva na súa aprendizaxe.
Nese proceso desempeñan un papel importante as ideas previas, suposicións e, en xeral, os marcos previos de referencia dos alumnos e das alumnas (preconcepcións), xa que eles e elas constrúen o coñecemento a partir das ideas e as representacións que xa posúen. Así deberase promover unha adaptación ou modificación nas ideas dos alumnos e das alumnas mediante as actividades programadas na aula. Suscita-la curiosidade formulando interrogantes, incitar á busca de solucións... de xeito que se contribúa a unha aprendizaxe cada vez máis autónoma por parte dos alumnos e das alumnas.
Ademais dos contidos conceptuais, deben ser considerados con igual importancia o coñecemento e a utilización dalgunhas estratexias habituais e básicas na actividade científica, é dicir, os contidos procedementais. Tamén teñen gran importancia as actitudes. Débense favorecer actitudes de gusto polo coñecemento; de curiosidade e interese por todo o relativo ó medio e á súa conservación; de coidado polo propio corpo...

 

OBXECTIVOS

 

Estes obxectivos están ó servicio da obtención dos obxectivos xerais da etapa. Fan referencia ás capacidades que deberá acada-lo alumnado nesta área para que, en conxunto, lles permitana consecución das capacidades establecidas como obxectivos xerais da etapa.
As áreas son un medio, non un fin en si mesmas, o que choca coa tradición disciplinar da ensinanza. Deberemos evitar que se perda o sentido globalizador da ensinanza.
As capacidades que deberán ser desenroladas na etapa da Educación Secundaria son as seguintes:

a Iniciarse no coñecemento e aplicación do método científico e entende-la ciencia como algo integrado que se compartimenta en distintas materias para poder afondar nos diferentes aspectos da realidade.
a Modifica-las preconcepcións que dificultan a análise dos fenómenos naturais baixo unha perspectiva científica, para achegarse ós conceptos adecuados para esta etapa.
aComprender e expresar con propiedade mensaxes científicas orais e escritas. Saber interpreta-las representacións da información propias da ciencia, como son os diagramas, gráficas, táboas ou expresións matemáticas axeitadas ó nivel da etapa.
a Interpreta-los principais fenómenos naturais, así como as súas aplicacións tecnolóxicas, desde unha perspectiva científica.
a Participar de xeito responsable na planificación e realización de actividades de tipo científico.
a Utilizar de forma autónoma diferentes fontes de información, avaliando o seu contido de xeito persoal, crítico, tolerante e non dogmático, principalmente no relativo a cuestións científicas e tecnolóxicas.
a Recoñecer e valora-la importancia da ciencia e das súas contribucións na mellora da tecnoloxía e, en consecuencia, das condicións de vida da humanidade.
a Adquirir coñecementos sobre o funcionamento do organismo humano para desenvolver e afianzar hábitos de coidado e hixiene corporal e mental.
a Aplica-los coñecementos adquiridos para gozar do medio natural, dándolle o seu xusto valor e participando na súa conservación e mellora.

SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS

 

Os contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) son un medio, non un fin en si mesmos. A asimilación dos contidos contribúe a acada-las capacidades definidas nos obxectivos.
Os contidos están secuenciados tendo en conta os seguintes principios:

 

2 Adecuación ó desenrolo evolutivo dos/das alumnos e alumnas en cada un dos ciclos, tendo en conta que se partirá sempre:
4desde o máis cercano ó/á alumno/a ó máis lonxano no uso cotián
4desde os conceptos máis simples ata os máis complexos
4 desde o máis concreto ó máis abstracto, incidindo varias veces nos mesmos contidos, pero cun maior grao de abstracción cada vez, e interrelacionándoos cos outros contidos.
2 Aprendizaxes previos que os/as alumnos /as teñen como consecuencia da súa historia educativa.
2 Coherencia coa lóxica interna de cada unha das áreas traballadas.
2 Equilibrio entre os tres tipos de contidos.
2 Interdisciplinariedade.
2 Contidos do Currículo Oficial.
2 Consideración e relevancia dos contidos transversais en función das características das áreas traballadas.

Os contidos mínimos que deben aprender tódolos alumnos e alumnas, segundo están concretados no decreto do currículo, son tamén máximos en relación ó tempo do que se dispón para poder ensinalos. Por iso, o profesor ou profesora optará por profundizar nalgúns dos contidos que se citan e tratará máis superficialmente moitos outros.
No primeiro ciclo da E.S.O. (12-14 anos), enfocarase a ensinanza das Ciencias como unha ciencia integrada. Esto é debido a que neste primeiro ciclo, os fenómenos investigados e as estructuras conceptuais necesarias son relativamente simples. A medida que imos avanzando nos cursos de secundaria, respetarase a forma especializada e propia de ve-los fenómenos de cada ciencia. Así, respetarase a estructura interna de cada ciencia asegurando a coordinación entre elas; abordando problemas reais utilizando de xeito interdisciplinar os conceptos e os procedementos das diferentes ciencias. No segundo ciclo da E.S.O. as dúas disciplinas estarán totalmente separadas en dúas opcións diferentes, pero á vez relacionadas Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.


Nas próximas páxinas desenrólase a secuenciación dos contidos. Están secuenciados por bloques, aínda que dentro destes bloques hai máis dunha unidade didáctica nalgúns casos.
Os contidos actitudinais (actitudes, valores e normas) expóñense todos xuntos no derradeiro bloque de cada curso, pero hai que ter en conta que deben ser tratados en tódolos bloques nos que sexa posible.

CONTIDOS 3º E.S.O.

(2º CICLO)
FÍSICA E QUÍMICA

BLOQUE 0: "Introducción ó método científico"

Contidos conceptuais

  • Método científico: etapas. O informe científico.
  • Magnitudes fundamentais e derivadas.
  • Medida de magnitudes. Sistema internacional de unidades.
  • Carácter aproximado da medida. Sensibilidade e precisión. Cifras significativas. Notación científica.
  • Análise de datos en táboas e gráficos.
  • O traballo no laboratorio de Física e Química.

Contidos procedementais

  • Comprensión do traballo científico, razoando o porqué desa forma de traballar.
  • Realización de exercicios para exercita-lo cambio de unidades (traballando no Sistema Internacional), o emprego das cifras significativas correctas e a notación científica.

BLOQUE I: Estructura e diversidade da materia”

I.1. “Substancias puras e mesturas”

Contidos conceptuais

  • Estados de agregación da materia: sólido, líquido e gasoso.
  • Teoría cinético-molecular. Cambios de estado.
  • Elementos e compostos.
  • Substancias puras e mesturas. Mesturas homoxéneas e heteroxéneas.
  • Métodos de separación de mesturas.
  • Disolucións: compoñentes e tipos. Preparación de disolucións.
  • Expresión da concentración das disolucións: porcentaxe en masa, en volume e concentración en masa.

Contidos procedementais

  • Utilización de modelos para explicar algunhas das propiedades da materia.
  • Comprobación de que a auga potable é unha mestura.
  • Distinción entre unha mestura homoxénea e unha heteroxénea utilizando os criterios vistos ó longo da unidade.
  • Cálculos de concentración de disolucións utilizando diferentes formas de expresala.
  • Selección do procedemento de separación de substancias axeitado e utilización deste para separa-las substancias dunha mostra facilitada previamente polo profesor ou profesora.


I.2. “Átomos, moléculas e cristais”

Contidos conceptuais

  • Discontinuidade dos sistemas materiais. Teoría atómica de Dalton.
  • Natureza eléctrica da materia.
  • Modelo atómico de Rutherford. Estructura atómica: partículas constituíntes. Utilización de modelos explicativos.
  • Número atómico e número másico.
  • Elementos químicos e isótopos. Ións.
  • Radioactividade. Enerxía nuclear.
  • Enlace químico. Unións entre átomos: moléculas e cristais.
  • Masas atómicas e moleculares. Concepto de mol.
  • Fórmulas e nomenclatura das substancias máis comúns segundo as normas da IUPAC.

Contidos procedementais

  • Explicación das propiedades de determinadas substancias a partir da súa estructura e, en especial, a de aqueles materiais que teñan interese polas súas aplicacións.
  • Utilización de diagramas e modelos bidimensionais e tridimensionais para representa-la estructura e a composición de materiais sinxelos.
  • Análise práctica das propiedades máis características dos compostos iónicos, covalentes e metálicos.
  • Utilización de fontes de información escritas e audiovisuais sobre as vantaxes e os inconvenientes da enerxía nuclear e outras aplicacións da radioactividade.
  • Utilización da linguaxe química para formular compostos binarios e terciarios.

BLOQUE II: ”Cambios químicos e as súas aplicacións”

II.1. “Reactividade química”

Contidos conceptuais

  • Cambios físicos e cambios químicos.
  • Introducción ós cambios químicos. A reacción química.
  • Ecuacións químicas e o seu axuste.
  • A conservación da masa. Cálculos de masa en reaccións químicas sinxelas.

Contidos procedementais

  • Manipulación de modelos tridimensionais e doutros sistemas de representación para poder identificar e interpreta-lo que ocorre no transcurso dunha reacción química.
  • Utilización de fontes de información escritas ou audiovisuais sobre reaccións químicas relevantes.
  • Representación das reaccións químicas mediante ecuacións químicas e resolver problemas sinxelos mediante cálculos estequiométricos.
  • Utilización axeitada do instrumental do laboratorio, tendo en conta as normas de seguridade.
  • Elaboración de conclusións e comunicación de resultados mediante a redacción de informes, tanto a nivel individual coma colectivo.


II.2. “A Química na sociedade”

Contidos conceptuais

  • Elementos químicos básicos nos seres vivos.
  • A Química e o medio ambiente: efecto invernadoiro, chuvia ácida, destrucción da capa de ozono, contaminación de augas e solos.
  • Petróleo e derivados.
  • Medicamentos.

Contidos procedementais

  • Utilización de fontes de información escritas ou audiovisuais sobre os problemas que as industrias químicas xeran ó medio ambiente e a posibilidade de minimizalos.
  • Explicación precisa de cómo se producen os fenómenos que destrúen o medio ambiente: chuvia ácida, efecto invernadoiro...
  • Elaboración de informes sobre o efecto no medio ambiente e na nosa saúde de compostos químicos de uso cotián: petróleo e derivados; medicamentos...

 

BLOQUE III: “Enerxía e electricidade”

III.1. “Fontes de enerxía”

Contidos conceptuais

  • Fontes de enerxía renovables e non renovables.
  • Fontes de enerxía tradicionais e alternativas.
  • Conservación e degradación da enerxía.

Contidos procedementais

  • Utilización de fontes de información escritas ou audiovisuais sobre os problemas que conleva o esgotamento dos recursos enerxéticos non renovables.
  • Análise e comparación de distintas fontes de enerxía e a súa utilización.
  • Análise e interpretación das transformacións enerxéticas que se producen en calquera proceso nas que se manifeste a conservación da enerxía e tamén a súa degradación.


III.2. “Electricidade e magnetismo”

Contidos conceptuais

  • Cargas eléctricas e a súa interacción. Fenómenos de electrización.
  • Forzas electrostáticas. Lei de Coulomb.
  • Campo eléctrico.
  • Conductores e illantes.
  • Fluxo de cargas, xeradores e corrente eléctrica.
  • Diferencia de potencial. Intensidade. Resistencia. Lei de Ohm.
  • Circuítos eléctricos sinxelos.
  • Enerxía e potencia eléctricas. Lei de Joule.
  • A magnetización da materia. Imáns. Experiencias electromagnéticas sinxelas.
  • A electricidade na casa.

Contidos procedementais

  • Utilización de fontes de información escrita e audiovisual sobre os empregos da electricidade e do magnetismo ó longo da historia.
  • Recoñecemento da existencia da carga eléctrica e dun imán polas súas propiedades.
  • Explicación de fenómenos da vida cotiá en relación coa electricidade e o magnetismo.
  • Demostración experimental, con limaduras de ferro e un imán, da existencia do campo magnético.
  • Utilización de instrumentos de medida da intensida e da diferencia de potencial.
  • Observación e análise das repercusións do emprego de fenómenos eléctricos e magnéticos pola sociedade actual sobre o medio ambiente e a saúde.
  • Resolución de cuestións numéricas relacionadas coa lei de Coulomb.
  • Resolución cuantitativa de circuitos sinxelos (aplicación das leis de Ohm e Joule).
  • Comprensión e interpretación correcta dunha factura eléctrica.

BLOQUE IV: “Actitudes, valores e normas”

  • Valoración da importancia da utilización de modelos e teorías na construcción do coñecemento da Física e da Química, tendo en conta o carácter aberto e dinámico destas ciencias.
  • Interese pola observación de fenómenos físico-químicos naturais.
  • Valoración da investigación científica como medio de obter coñecemento.
  • Interese pola realización correcta das actividades experimentais, o rexistro das observacións e a confección dos correspondentes informes.
  • Coidado do material e instrumental de laboratorio, respecto polas súas normas de utilización, así como polas normas de seguridade no laboratorio.
  • Cooperación e corresponsabilidade no traballo en equipo, recoñecendo a súa importancia e toda actividade científica.
  • Actitude receptiva e dialogante diante dos puntos de vista dos demais.
  • Conciencia da interrelación das ciencias experimentais, así como coa tecnoloxía e coas ciencias sociais, e interese polos avances científico-tecnolóxicos para dar resposta ás necesidades da Humanidade.
  • Busca da obxectividade diante de informacións, procedentes de diversas fontes, relacionadas coa Física e coa Química.

CONTIDOS 4ºE.S.O. (2º CICLO)
FÍSICA E QUÍMICA

 

BLOQUE I: "Forzas e movemento

I.1. “Iniciación ó estudio do movemento”

Contidos conceptuais

  • Movemento e sistema de referencia.
  • Traxectoria e posición. Desprazamento e espacio percorrido.
  • Velocidade e aceleración. Unidades.
  • Estudio do movemento rectilíneo uniforme.
  • Estudio do movemento rectilíneo uniformemente acelerado.
  • Estudio do movemento circular uniforme.
  • Análise de movementos cotiás.

Contidos procedementais

  • Elaboración e interpretación de táboas e gráficas de movementos uniformes, uniformemente acelerados, formulando as ecuacións características do movemento considerado.
  • Resolución de problemas relacionados cos tipos de movemento estudiados na unidade.
  • Comprensión clara e diferenciación entre traxectoria e posición; entre desprazamento e espacio percorrido.


I.2. “As forzas e os seus efectos”

Contidos conceptuais

  • Interaccións entre os corpos: forzas. Os seus tipos.
  • Efectos das forzas.
  • Lei de Hooke. Medida das forzas.
  • Carácter vectorial das forzas. Composición e descomposición de forzas da mesma dirección e angulares.
  • Equilibrio das forzas.
  • Leis da Dinámica. Tratamento cualitativo da forza de rozamento.
  • Forza gravitacional. Peso dos corpos.

Contidos procedementais

  • Interpretación de situacións na vida real nas que se manifesta a acción da forza gravitatoria.
  • Identificación de situacións nas que se manifeste a acción dalgunha forza: movementos, deformacións, equilibrios.
  • Representación vectorial de forzas e determinación de resultantes.
  • Resolución de problemas relacionados con forzas en equilibrio e forzas en movemento.


I.3. “Forzas en fluídos”

Contidos conceptuais

  • Fluídos.
  • Concepto de presión. Unidades.
  • Forzas no interior dos fluídos. Presión hidrostática. Aplicacións.
  • Principio de Pascal. Aplicacións.
  • Empuxe. Principio de Arquímedes. Flotación.
  • Presión atmosférica. Barómetros.

Contidos procedementais

  • Resolución de problemas e cuestións relacionados con:
    aconceptos de densidade e presión e as súas unidades
    aprincipios de Pascal e Arquímedes
    apresión hidrostática e atmosférica
    aInterpretación correcta das condicións necesarias para a flotación dos corpos somerxidos.

BLOQUE II: “Enerxía, traballo e calor”

II.1. “Traballo, potencia e enerxía mecánica”

Contidos conceptuais

  • Concepto de traballo. Unidades.
  • Traballo mecánico. Aplicacións a máquinas e ferramentas.
  • Concepto de potencia. Unidades.
  • Enerxía mecánica: enerxías cinética e potencial gravitatoria.
  • Principio de conservación da enerxía.

Contidos procedementais

  • Realización de experiencias con dispositivos usuais no contorno do alumnado, verificando cualitativa e semicuantitativamente a conservación da enerxía.
  • Resolución de problemas e cuestións relacionadas con:
  • traballo, potencia e enerxía mecánica e as súas unidades
  • principio de conservación da enerxía mecánica
  • Análise e interpretación das diversas transformacións enerxéticas que se producen nun proceso calquera.
  • Análise dalgúns aparellos e máquinas de uso cotián, comparando o seu consumo e o seu rendemento.


II.2. “Intercambios de enerxía”

Contidos conceptuais

  • Movemento molecular e temperatura. Termómetros e escalas termométricas.
  • Calor e transferencia de enerxía.
  • Efectos da calor sobre os corpos.
  • Equivalente mecánico da calor.
  • Concepto de calor específica. Cantidade de calor transferida e cambio de temperatura.
  • Cantidade de calor transferida en cambios de estado.

Contidos procedementais

  • Elaboración de táboas de datos e gráficas temperatura-tempo que describan a velocidade (rapidez) de quecemento ou arrefriamento dos corpos.
  • Resolución de cuestións e problemas relacionados con:
    a concepto de calor específica e as súas unidades
    a cálculo de temperaturas de equilibrio
    a cambios de estado (calor latente de fusión e vaporización)
    a equivalente mecánico da calor
  • Interpretación e diferenciación correcta dos conceptos de calor e temperatura, así como a relación existente entre ditos conceptos.

II.3. “A enerxía das ondas: luz e son”

Contidos conceptuais

  • Concepto de onda. Tipos e características das ondas.
  • Transferencia de enerxía sen transporte de masa.
  • A luz e o son. Propiedades da súa propagación.
  • Espectro lumínico.

Contidos procedementais

  • Identificación de fenómenos ondulatorios cotiáns.
  • Experiencias coa cubeta de ondas (interferencias, difracción, reflexión e refracción)
  • Observación, identificación e descrición de fenómenos acústicos.
  • Realización de investigacións sinxelas que evidencien cualitativamente e semicuantitativamente a transferencia de enerxía por radiación.
  • Interpretación e representación de fenómenos ondulatorios mediante esquemas, diagramas... e obtención de conclusións.
  • Utilización de modelos científicos (corpuscular e ondulatorio) para a luz.

BLOQUE III: “O átomo e os cambios químicos”

III.1. “As unións entre átomos”

Contidos conceptuais

  • Ordenación dos elementos químicos: Sistema Periódico.
  • O enlace químico sobre a base da posición dos elementos no Sistema Periódico.
  • Compostos con enlace iónico.
  • Compostos con enlace covalente.
  • Enlace metálico.
  • Formulación química inorgánica segundo as normas IUPAC dos compostos máis usuais (binarios e ternarios).

Contidos procedementais

  • Utilización de fontes de información escritas e audiovisuais sobre a correlación sistemática das propiedades físicas e químicas máis sinxelas dos elementos do período curto, identificando as diversas hipóteses para a súa clasificación química.
  • Elaboración de informes sobre a composición e a utilización de productos químicos sinxelos de emprego cotián no contorno, empregando a linguaxe química para identifica-las substancias e interpretando cualitativamente as súas aplicacións.
  • Utilización da linguaxe química para formular compostos binarios e ternarios.
  • Diferenciación dos tipos de enlace existentes en distintas substancias químicas polas propiedades que presentan.
  • Identificación e explicación precisa das características que cada tipo de enlace confire ós distintos compostos químicos.

III.2. “As reaccións químicas”

Contidos conceptuais

  • Tipos de reaccións químicas.
  • Relacións estequiométricas e volumétricas nas reaccións químicas.
  • Calor de reacción. Concepto de exotermia e endotermia.
  • Velocidade dunha reacción química. Factores que inflúen.
  • Estudio cualitativo de reaccións químicas de interese: reaccións ácido-base e de oxidación-reducción.

Contidos procedementais

  • Realización de experiencias nas que se observe a modificación da velocidade dunha reacción ó varia- -las condicións nas que se desenvolve, identificando os factores que inflúen nela.
  • Interpretación cualitativa da velocidade dos cambios químicos co modelo cinético-molecular.
  • Elaboración de conclusións e comunicacións de resultados tanto a nivel individual (informes) como a nivel colectivo.
  • Representación e axuste de reaccións químicas mediante as súas correspondentes ecuacións.
  • Interpretación de ecuacións químicas axustadas.
  • Recoñecemento, coa axuda de indicadores, de disolucións ácidas, básicas ou neutras.
  • Determinación cualitativa do pH de distintas solucións.
  • Cálculos estequiométricos en reaccións de neutralización.
  • Recoñecemento das reaccións de oxidación-reducción.


III.3. “A química dos compostos de carbono”

Contidos conceptuais

  • O carbono e a gran cantidade de compostos orgánicos. Características dos compostos de carbono.
  • Descrición dos compostos orgánicos máis sinxelos: Hidrocarburos. Alcohois. Ácidos orgánicos.
  • Polímeros sintéticos. Fabricación e reciclaxe de materiais plásticos.
  • O carbono como compoñente esencial dos seres vivos.

Contidos procedementais

  • Representación mediante fórmulas estructurais alcanos, alquenos e alquinos sinxelos, así como alcohois e ácidos orgánicos comúns na vida cotiá.
  • Identificación de isómeros por comparación das súas fórmulas estructurais.
  • Resolución de cálculos estequiométricos relacionados con algunhas reaccións químicas dos compostos estudiados.
  • Ampliación dalgúns aspectos tratados na unidade empregando distintas fontes documentais: prensa, revistas, enciclopedias, internet...
  • Construcción mediante modelos de variñas e de bólas, de modelos estructurais dalgúns compostos orgánicos representativos: metano, etano, eteno...
  • Toma de datos e elaboración de estatísticas sobre o consumo de alcohol entre adolescentes.
  • Utilización de distintas fontes de información co fin de profundizar no estudio dalgúns productos químicos e da súa incidencia na sociedade actual.
  • Identificación de distintos tipos de plásticos.
  • Diferenciación entre compostos esenciais para os seres vivos: hidratos de carbono, lípidos, proteínas, vitaminas....

BLOQUE IV: “Actitudes, valores e normas”

  • Interese pola interpretación científica dos fenómenos físicos e químicos utilizando as leis e conceptos da Física e da Química.
  • Valoración das aplicacións tecnolóxicas da Física e da Química, así como da súa repercusión sobre a calidade de vida e o desenvolvemento económico.
  • Actitude reflexiva diante de fenómenos tidos por obvios e disposición á análise crítica de distintas informacións sobre un mesmo feito proporcionadas por distintas fontes.
  • Interese pola realización correcta de experiencias, confección de informes, representación de datos...
  • Coidado do material e instrumentos do laboratorio, respecto polas súas normas de utilización, así como polas normas de seguridade no laboratorio.
  • Cooperación no traballo en equipo, respecto polas persoas e tolerancia coas peculiaridades individuais.

TEMAS TRANSVERSAIS

 

Son áreas do coñecemento que non corresponden ás áreas epistemolóxicas tradicionais, senón que están integradas por contidos de gran importancia social, entre os que destacan fundamentalmente as actitudes, que deben ser tidos en conta e desenrolados diacronicamente ó longo da vida escolar. Por iso, desenrólanse de xeito común para os dous cursos do segundo ciclo da E.S.O.
As áreas transversais impregnan o currículo e deben ser incorporadas de xeito coherente como contidos educativos, favorecendo o discurso argumental da área da que se trate.
Ademáis do seu forte contido en valores, as áreas transversais teñen un marcado carácter funcional, ó mesmo tempo que son obxecto dunha gran demanda social. Así, favorecen o desenrolo integral dos alumnos e das alumnas e a súa integración como elementos responsables e con capacidade de decisión nunha sociedade libre e democrática.


Educación para a convivencia

Persegue e concreta unha parte importante dos obxectivos de educación moral e cívica presente en todo o currículo. O impacto da Ciencia e da Técnica na sociedade e nos códigos de conducta individuais e sociais é evidente. É necesario que unha reflexión ética acompañe e impregne calquer proceso educativo científico e os materiais que se propoñan para desenrolar dito proceso.
Preténdese educar para a convivencia no pluralismo cun esforzo formativo en dúas direccións:
arespecto á autonomía dos demais
ao diálogo como forma de soluciona-las diferencias.

Educación para a saúde

Parte dun concepto integral da saúde como benestar físico e mental, individual, social e medioambiental. Plantexa dous tipos de obxectivos:
aAdquirir un coñecemento progresivo do corpo, das principais anomalías e enfermidades, e do xeito de previlas ou sanalas.
aDesenrolar hábitos de saúde: hixiene corporal e mental, alimentación correcta, prevención de accidentes...


A educación para a saúde constitúe unha necesidade prioritaria, non soamente porque o desenrolo social e tecnolóxico agudizou a incidencia de numerosas enfermidades (cáncer, enfermida- des cardiovasculares, estrés, SIDA...), senón porque está comprobado que para a prevención das mesmas teñen gran importancia a adquisición de hábitos e estilos de vida.
Mención especial merece o tratamento das substancias tóxicas ou drogas. Desde unha perspectiva de rechazo ó uso das drogas, tanto legais como ilegais, e proporcionando a información necesaria, realizarase o tratamento destas substancias e dos efectos que producen no organismo.
Ademais, na infancia e na adolescencia é cando se modelan os hábitos de vida, saudables ou dañinos. Isto fai da ESO un período formativo especialmente interesante para potencia-los estilos de vida saudables.


Educación para a paz

Nun mundo convulsionado por accións terroristas, guerras civís e internacionais atroces, crueis e prolongadas, faise cada vez máis necesario educar por e para a Paz.
Calquera contido, dentro da área de Ciencias da Natureza e doutras áreas é susceptible de ser focalizado e merece a pena facelo cara á acada-la paz como ben básico e supremo.
Aínda que a maioría das causas das discordias non se deben unicamente a deficiencias educativas, unha formación impregnada de propostas de respecto mutuo e de diálogo e raciocinio colectivo evitarían, sen dúbida, moitas delas.
Persegue estes obxectivos:
aEducar para a acción. As leccións de paz, a evocación de figuras e o coñecemento de organismos comprometidos coa paz deben xerar estados de conciencia e conductas prácticas.

aEntrenarse para a solución dialogada de conflictos no ámbito escolar.


Educación do consumidor

É de alto interese dadas as características da sociedade na que vivimos. Os seus contidos estructúranse en orde a posibilita-la construcción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta e, solidaria e responsable, que mellore a calidade de vida dos cidadáns, e que vele pola preservación e o desenrolo do medio. Debe posibilita-la formación de consumidores informados, responsables e solidarios con clara conciencia dos seus dereitos.
Pretende, entre outros os seguintes obxectivos:
aAdquirir esquemas de decisión que consideren tódalas alternativas e os efectos individuais, sociais, económicos e medioambientales.
aDesenrolar un coñecemento dos mecanismos de mercado, así como dos dereitos do consumidor e as formas de facelos efectivos.
aCrear unha conciencia de consumidor responsable que se sitúe criticamente ante o consumismo e a publicidade.

Educación non sexista

Nunha sociedade moderna e desenrolada carecen de sentido, cada vez máis, as capacidades diferentes que o sistema sexo/xénero, construido socialmente, atribuía ós homes e ás mulleres.
Unha educación na que os valores masculinos e femininos se atopen en igualdade, sen que ningún deles logre un carácter hexemónico frente ós outros, require desenrolar entre outros, dous tipos de recursos:
auso dunha linguaxe non discriminatoria,
aas medidas de acción positiva, necesarias para introduci-la dimensión de igualdade.


No tramo de idades que abarca a ESO, os estímulos que proceden do entorno prodúcense con especial intensidade. As mensaxes da publicidade, os costumes establecidos, os roles aceptados por determinados sectores sociais... tenden a sesga-las respostas esperadas dos rapaces e das rapazas.
Entre os obxectivos están:
aDesenrola-la autoestima e unha concepción do corpo como expresión da personalidade.
aAnalizar criticamente a realidade e corrixir prexuízos sexistas e as súas manifestacións na linguaxe, na publicidade, nos xogos, nas profesións...
aAdquirir habilidades e recursos para realizar calquera tipo de tarefas, domésticas ou non.
aConsolidar hábitos non discriminatorios.


Educación ambiental

A súa inclusión responde a dous esquemas claramente asumidos polo colectivo docente e pola sociedade en xeral:
aa importancia e a transcendencia que para a Humanidade e a Biosfera teñen tódolos aspectos que inciden sobre o medio ambiente, e
aa necesidade de propiciar desde a escola unha relación positiva e harmónica co medio ambiente.

Entre os seus obxectivos atópanse os seguintes:
aAdquirir experiencias e coñecementos suficientes para ter unha comprensión dos principais problemas ambientales.
aDesenrolar conciencia de responsabilidades respecto do medio ambiente global.
aDesenrolar capacidades e técnicas de relacionarse có medio sen contribuir ó seu deterioro, así como hábitos individuais de protección do medio.

 

Educación sexual

Preséntase como unha esixencia natural da formación integral da persoa. Os seus obxectivos fundamentais son:
aAdquirir información suficiente e cientificamente sólida en canto a: anatomía e fisioloxía de ámbolos dous sexos; maduración sexual; reproducción humana; reproducción asistida; prevención de embarazos; enfermidades venéreas e de transmisión sexual; manifestacións diversas da sexualidade...
aConsolidar unha serie de actitudes básicas: naturalidade no tratamento de temas relacionados coa sexualidade; criterios de prioridade en casos de conflicto entre o exercicio da sexualidade e o risco sanitario; hábitos de hixiene; relación espontánea e confiada con urólogos e xinecólogos; respecto ás diferentes manifestacións da sexualidade...
aElaborar criterios para xuízos morales sobre os delictos sexuais; a prostitución; a utilización do sexo na publicidade; a reproducción asistida...


Educación vial

Unha apreciación de sentido común, que por desgracia fundaméntase e confírmase cando analizamo-las estatísticas nacionais e europeas, é que unha elevada porcentaxe das víctimas de accidentes de tráfico son persoas de idades comprendidas entre os cinco e os dezasete anos.
Este feito xustifica por si mesmo a presencia da Educación Vial no currículo. Doutra banda, a formación integral que emana da LOXSE implica que a educación deberá abarcar tamén unha axeitada forma de comportarse nos niveis máis concretos da vida veciñal e doméstica.
Propóñense dous obxectivos fundamentalmente:
aSensibilizar ós alumnos e ás alumnas sobre os accidentes de tráfico e outros problemas de circulación.
aAdquirir conductas e hábitos de seguridade vial como peóns e como usuarios de vehículos.

 

TEMPORALIZACIÓN

 

A temporalización dos contidos correspondentes á materia de Física e Química (tanto de 3º E.S.O. coma de 4º E.S.O.) está feita de xeito teórico, contando que tanto o profesor ou profesora coma os alumnos e as alumnas traballen xuntamente dando o maior rendemento posible pois a materia a desenrolar é moi ampla e o tempo escaso (sobre todo en 3º E.S.O. pois soamente hai dúas horas semanais de Física e Química). Tamén inflúe o calendario escolar, que ano a ano vai variando. Facémola considerando 34 semanas de clase, aínda que o tempo dispoñible realmente é ser menor. É a seguinte:

3º E.S.O.

Bloque 0 : Tres semanas.
Bloque I : Once semanas, seis para a primeira unidade do bloque e cinco para a segunda unidade.
Bloque II : Dez semanas, seis para a primeira unidade do bloque e catro para a segunda unidade.
Bloque III : Dez semanas, tres para a primeira unidade do bloque e sete para a segunda unidade.
Bloque IV : Non lle asignamos unha temporalización especial pois é o bloque correspondente ás actitudes, valores e normas e deben ser desenrolados ó longo de todo o curso, en tódalas unidades didácticas.

4º E.S.O.

Bloque I : Doce semanas, catro para cada unha das tres unidades didácticas que compoñen este bloque.
Bloque II : Once semanas, catro para a primeira unidade, catro para a segunda unidade e tres para a terceira unidade do bloque.
Bloque III : Once semanas, catro para a primeira unidade, catro para a segunda unidade e tres para a terceira unidade do bloque.
Bloque IV : Non lle asignamos unha temporalización especial pois é o bloque correspondente ás actitudes, valores e normas e deben ser desenrolados ó longo de todo o curso, en tódalas unidades didácticas.

 

 

METODOLOXÍA

 

Dado que o ensino e a aprendizaxe é fundamentalmente un proceso comunicativo centrado na interacción entre o profesor ou a profesora, o alumno e a alumna e os compañeiros e as compañeiras de clase, o estilo persoal que cada profesor ou profesora ten para establecer dita interacción vén condicionado por distintos factores: formación inicial, concepción do mundo, talante persoal... e determina en alto grao a elección do método de ensinanza que se pon en práctica.
Calquera opción metodolóxica non é válida en si mesma, senón que a súa validez dependerá do grao de coherencia co modelo didáctico e cos distintos elementos curriculares.
Os principios metodolóxicos xerais orientados a conseguir unha aprendizaxe autónoma nos alumnos e nas alumnas veñen explicitados polo decreto de currículos e son os seguintes:

2A práctica na aula: o profesor ou a profesora, a través da experiencia, trata en moitos casos, de ensinar o que parece intuitivamente propio para os alumnos e as alumnas das diferentes idades, cambiando sobre a marcha se é necesario.
2Actividade constructiva do alumnado: non será unicamente receptor pasivo, tratarase de que observe, reflexione, realice, participe... elaborando conclusións con respecto ó traballo que estea a realizar.
2Partir das capacidades actuais do alumnado e dos seus coñecementos previos: tratarase o erro coma fonte de aprendizaxe (por recoñecemento, análise e corrección dos erros).
2Garantiza-la funcionalidade das aprendizaxes: tanto para a aplicación práctica dos coñecementos, habilidades e estratexias adquiridas, como para aplicalos noutros tipos de aprendizaxes e noutras situacións e circunstancias (por exemplo, na vida cotiá):
2Plantexamento da interrelación dos distintos contidos: tanto nunha mesma área como entre os contidos de distintas áreas.
2Favorece-la autoestima: reforzando os seus aspectos positivos e evitando situacións de marxinación, ridiculización e, en xeral, calquera comportamento discriminatorio.
2Potencia-lo desenrolo da creatividade: para que cada alumno e alumna desenrole a súa iniciativa persoal.
2Desperta-lo interese polo obxecto de estudio: partir de experiencias propias, problemas reais... procurando esperta-la curiosidade e estimulando a resolución dos devanditos problemas.
2Utilizar unha gran variedade de recursos: concebidos como integrados na actividade ordinaria da aula e non de uso esporádico ou ocasional como biblioteca de aula, material de laboratorio, medios audiovisuais, o propio contorno...

Algúns puntos concretos sobre a metodoloxía específica da área de Ciencias da Natureza, e tendo en conta as orientacións metodolóxicas xerais son:
ÑProcurarase facer unha aprendizaxe significativa de xeito que o alumnado poida establecer relacións entre os coñecementos e experiencias previos e os novos contidos.
ÑRespecto á funcionalidade das aprendizaxes, proporáselles actividades para que os alumnos e as alumnas poñan en práctica os novos coñecementos e así poidan comprobar o interese e a utilidade do que aprenderon.
ÑTamén se propiciará a reflexión persoal e a elaboración de conclusións, intentando que o que aprendan poida ser utilizado en circunstancias reais, ou útiles para a adquisición doutros contidos.
ÑTratarase de utiliza-lo método científico-experimental en diferentes actividades propias da aula-laboratorio.
ÑProcurarase aborda-los temas transversais fomentando debates a partir dunha idea ou unha información, realizando tamén traballos de investigación.
ÑTratarase de relaciona-las distintas áreas para que o alumnado vexa que os contidos impartidos, non corresponden soamente a esta área, senón que están relacionados con outras.
ÑAproveitaranse as situacións de convivencia (na clase, no laboratorio...) para fomenta-lo respecto polas normas (pulcritude, coidado do material...) e o respecto polos demais compañeiros e compañeiras.
ÑProporcionaranse estratexias de resolución de problemas e formulación de conclusións e hipóteses.
ÑPotenciarase o uso dunha gran variedade de recursos como medios audiovisuais; saídas relacionadas cos contidos traballados na clase; recursos proporcionados por museos, fábricas, prensa.....

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

  • Atención á diversidade nos conceptos, procedementos e actitudes.

Os contidos esenciais, que constitúen a información básica dun determinado tema, son aqueles que poden considerarse coma contidos  mínimos, aqueles que tódolos alumnos e alumnas deberían coñecer.
Os contidos complementarios ofrecen a posibilidade de ampliar determinados temas de cada unidade. O tratamento monográfico destes temas conleva, loxicamente, un maior afondamento dos mesmos e un maior nivel de abstracción e complexidade. Deberían ser tratados na aula coma modelos de estudio que proporcionasen ó alumnado pautas para estudiar calquera tema relacionado cos contidos da unidade.

  • Atención á diversidade nas actividades.

Podemos trata-la atención á diversidade catalogando as actividades. As que atenden ós feitos e conceptos de cada unha das unidades son a base da aprendizaxe e, polo tanto, constitúen o mínimo imprescindible para o aproveitamento dos diferentes temas.
Os problemas son actividades de maior complexidade cás anteriores. Estas actividades esixen, xeralmente, a aplicación de conceptos e feitos desenrolados ó longo dos temas e esixen un maior esforzo por parte do alumnado. Os alumnos e alumnas con dificultades terán unha valiosa axuda nas actividades específicas para organiza-los coñecementos.

  • Atención á diversidade nos materiais utilizados.

A selección dos materiais utilizados na aula é tamén moi importante á hora de atende-las necesidades específicas individuais do alumnado.
O material esencial básico é o libro de texto proposto polo Departamento. Para atender á diversidade segundo os obxectivos fixados, usaranse materiais de reforzo ou ampliación coma os exercicios (cuestións, traballos, problemas...) monográficos "extras" para cada unidade.
A selección dos materiais curriculares complementarios farase de acordo ós obxectivos plantexados, tendo en conta as diferencias individuais dos alumnos e das alumnas.


AVALIACIÓN

 

Para poder levala á cabo teremos en conta o decreto do currículo de Ensinanza Secundaria Obrigatoria para a área de Ciencias da Natureza, xunto coas características especiais do Centro e do grupo de alumnos e de alumnas en cuestión.
A avaliación será continua e abarcará diversos aspectos ademais da valoración de contidos conceptuais.
Debemos subliñar que cando falamos de avaliación continua non queremos dicir que o que supere a derradeira proba ou control no mes de xuño teña superado o curso. Desde o punto de vista deste Departamento, continua quere dicir desde setembro ata xuño, avaliando tódolos traballos, probas, actitudes na clase e todo aquelo que inflúe no proceso avaliativo e acadando unha puntuación positiva, por riba do 5 en todos eles. Ademais, temos que ter en conta que, tanto en 3º E.S.O. coma en 4º E.S.O., o currículo da  materia trata de dúas materias diferentes, unha Física e outra, Química polo que estar avaliado positivamente nunha delas non implica ter que estar avaliado positivamente na outra.

Pretendemos avalia-los progresos dos alumnos e das alumnas e non soamente os logros acadados, por iso imos ter en conta a avaliación inicial. Por medio dela, trataremos de averiguar o nivel de partida nos coñecementos do alumnado e así poder axusta-lo desenrolo do currículo e as actividades de acordo con ese nivel de partida. Ensinar algo cando o alumno ou a alumna non está preparado ou preparada implica desmotivación de cara ó tema. O que non se entende, desmotiva e ademais da inseguridade ó alumno e á alumna.
Por medio da avaliación formativa, pretendemos identifica-las dificultades e os avances que se van producindo na aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, sen esquece-la diversidade do grupo. A avaliación supón recoller información e datos sobre o avance das alumnas e dos alumnos, relativos a conceptos, procedementos e actitudes, e ademais, supón tamén avaliar aspectos como:
- a actuación do profesor ou profesora;
- os materiais e recursos empregados;
- as actividades realizadas, e
- o ambiente de traballo na clase.
A avaliación sumativa serviranos para coñece-lo que se vai aprendendo e en qué grao. Este coñecemento, xunto co obtido na avaliación inicial, permiten sabe-lo progreso de cada alumno ou alumna.

 

1 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Pretendemos coñecer se se acadaron uns niveis mínimos nos contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais), que implican o desenrolo das capacidades indicadas nos obxectivos xerais de área e que están recollidos nos criterios de avaliación, desenrolados máis adiante.
Ó comezo do curso farase unha proba inicial (de conceptos e procedementos) para sabe- -lo nivel de partida do alumnado e poder comezar a desenrola-lo temario a partir do seu nivel.
Ó rematar cada unidade farase unha proba de coñecementos na que o alumno ou a alumna deberá acadar un 5 como mínimo para que a unidade estea superada. Ó final da avaliación, farase unha proba escrita sobre toda a materia desenrolada ó longo da correspondente avaliación. Do mesmo xeito, esta proba estará positivamente avaliada cando o alumno ou a alumna acade un 5 nela.

Para a avaliación dos procedementos, teremos en conta:
* O uso das fontes de información por parte do alumnado

* O uso de instrumentos de laboratorio
* Tomar notas ó realizar observacións,etc

Para a avaliación de actitudes utilizarase a observación directa por parte do profesor ou profesora de:
* Os hábitos de traballo
* O coidado e respecto polo material na clase e no laboratorio
* As actitudes de iniciativa e interese no traballo
* Autoconfianza e respecto polos demais
* Honestidade nas comunicacións
* Interese cara á Ciencia, etc


A avaliación do traballo en grupo realizarase facendo observacións das actividades en grupo encamiñadas a detectar:
* Se leva a cabo unha tarefa particular dentro do grupo
* Se respecta as opinións alleas, sen tratar de impoñe-las súas
* Se acepta a disciplina de grupo, tanto no reparto de tarefas e responsabilidades
como na toma de decisións finais
* Se participa activamente nos debates e na redacción e corrección final dos
traballos do grupo
* Se enriquece o traballo colectivo coas súas aportacións
* Se se integra no grupo disposto ou disposta a ensinar ós demais.
Sería conveniente que os compoñentes do grupo fixeran unha avaliación propia e dos demais compañeiros e compañeiras acerca do seu funcionamento.


O caderno de traballo do alumno ou da alumna é fundamental para recoller información, pois nel queda reflexado todo o traballo que o alumno ou a alumna leva a cabo. Avaliarase principalmente do caderno de traballo:
* A expresión escrita
* A comprensión e desenrolo de actividades
* O uso de fontes de información
* Os costumes de traballo
* A presentación, etc.
Para avaliar esto farase unha revisión periódica (sen avisar con antelación) do caderno de traballo que será devolto ó alumnado o máis pronto posible, valorando os aspectos positivos e explicando os erros ou omisións.
Calquera das actividades realizadas na clase ou fóra dela serán avaliadas, de xeito que os alumnos e as alumnas se acostumen a que o traballo de cada día é parte do proceso de avaliación, o que esixe un traballo diario.

Para os alumnos e alumnas que non superasen en cada avaliación (agás na última) os mínimos esixidos, prepararanse actividades de reforzo (así como actividades de ampliación se algún ou algunha alumna desexa amplia-los seus coñecementos sobre a materia) e, despois de correxidas, farase outra proba escrita sobre a materia.
Na derradeira avaliación, loxicamente, estas actividades e probas faranse antes de remata-las clases.

Os alumnos e alumnas que cheguen á avaliación de xuño coa Física e Química de 3º E.S.O. ou de 4º E.S.O non superada, disporán dunha proba extraordinaria no mes de setembro. Dado que as clases lectivas remataron en xuño, as probas extraordinarias de setembro srán exclusivamente referidas ós contidos conceptuais desenrolados neste Proxecto Curricular por decisión do Departamento de Física e Química. Considerarase que o alumno ou a alumna terá a materia superada cando acade un 5 como mínimo na proba realizada no mes de setembro.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

(3º E.S.O.)


Con estes criterios pretendemos coñecer se os alumnos e as alumnas adquiriron uns niveis mínimos nos contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) que implican o desenrolo das capacidades indicadas nos obxectivos xerais de área.


A Distingui-las características que diferencian ó traballo científico doutro tipo de actividades. Estima-la importancia da medida e interpretar adecuadamente os datos obtidos no desenvolvemento do traballo científico, empregando as cifras significativas e unidades do Sistema Internacional apropiadas.

Este criterio pretende comprobar que as alumnas e os alumnos teñen unha imaxe do traballo científico como proceso en continua revisión e nunca acabado, no que interveñen moitas persoas cos seus condicionamentos e limitacións, e que pode ser utilizado para mellora-la calidade de vida. Tamén se pretende comprobar se o alumnado tomou conciencia da importancia das cifras significativas e do emprego das unidades axeitadas á magnitude que estamos a medir, usando sen erros o Sistema Internacional.


AInterpreta-la discontinuidade dos sistemas materiais á luz da teoría atómica. Establece-la natureza eléctrica da materia e distingui-las partículas constituíntes do átomo a partir do modelo atómico de Rutherford. Aplica-los conceptos de número atómico e número másico para calcula-lo número e tipo de partículas compoñentes de isótopos e ións. Valora-las aplicacións da radioactividade.

Trátase de comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de explica-la discontinuidade da materia aplicando os coñecementos adquiridos respecto á teoría atómica; se diferencian claramente os conceptos de número atómico e número másico, isótopo e ión. Tamén se son capaces de establecer, sen prexuizos, as vantaxes e os inconvenientes da radioactividade.


A Distinguir entre átomos e moléculas. Explica-las características da unión de átomos a través dun enlace químico e interpreta-las diferencias entre moléculas e cristais.

Con este criterio preténdese verificar se o alumnado diferencia claramente os diferentes tipos de unións que se poden dar entre os distintos átomos, e as características que teñen que ter para dar lugar a un determinado tipo de enlace. Asimesmo, comprobar se saben diferenciar unha molécula e un cristal, apoiándose no tipo de enlace que une as súas partículas.


A Establece-lo concepto de mol. Identifica-la fórmula e o nome de compostos químicos comúns, para calcula-la súa masa molecular e describi-las súas propiedades e utilidade.

Con este criterio trátase de avalia-lo grao de comprensión dunha magnitude coma o mol, así como comprobar se o alumnado é capaz de formular e nomear correctamente unha serie de compostos químicos comúns apreciando a súa utilidade, para poder calcular masas moleculares.


A Explica-las características dos estados de agregación da materia e dos procesos de cambio de estado a partir da teoría cinético-molecular.

Inténtase con este criterio avaliar se o alumnado é capaz de interpretar cualitativamente os estados de agregación e distintos fenómenos relacionados con eles (cambios de estado, dilatación...) a partir dos conceptos de presión e temperatura utilizando un modelo “simplificado” da teoría cinético-molecular.


A Diferenciar entre elementos e compostos, substancias puras e mesturas, así como entre mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Seleccionar métodos físicos de separación e purificación de mesturas e comproba-la súa utilidade no laboratorio. Aplica-la porcentaxes en masa e en volume e as relacións entre cantidade de soluto e volume de disolución para expresa-la concentración das disolucións.

Con este criterio trátase de comprobar se o alumno ou a alumna é capaz de:
aexpresar coas súas palabras as diferencias existentes entre elemento e composto, substancia pura e mestura, e mesturas homoxéneas e heteroxéneas, poñendo exemplos que o clarifique;
a calcula-la concentración de distintas disolucións (soamente porcentaxe en masa e volume e concentración en masa, g/L);
a seleccionar e aplicar algunha técnica de separación dos compoñentes dun sistema material (homoxéneo ou heteroxéneo) baseada en procedementos físicos.


A Analiza-las diferencias entre cambios físicos e cambios químicos. Expresar reaccións químicas sinxelas a través de ecuacións químicas. Aplicalo á resolución de exercicios e cuestións. Axustar ecuacións químicas sinxelas e interpreta-la lei de conservación da masa a partir delas.

Este criterio trata de avaliar se o alumnado comprende o que sucede realmente cando se produce un cambio químico. Tamén se é capaz de axustar distintas reaccións químicas sinxelas comprendendo por qué se conserva a masa nelas.


A Coñece-los elementos químicos máis importantes dos seres vivos. Analiza-las relacións Ciencia- -Tecnoloxía- Sociedade mediante a descrición de compostos químicos de interese coma os derivados do petróleo e os medicamentos. Valora-las implicacións do coñecemento científico na sociedade actual a través da relación entre a Química e o medio ambiente.

O obxectivo deste criterio é comprobar que o alumno ou a alumna comprende a posibilidade que ten a humanidade de mellora-la súa calidade de vida creando novos materiais por medio de reaccións químicas valorando a incidencia no medio ambiente.


ADistingui-los distintos tipos de fontes de enerxía. Recoñece-las distintas fontes de enerxía e analiza-la obtención da mesma a partir dos diferentes recursos enerxéticos. Analiza-la conservación e degradación da enerxía na utilización de diferentes recursos enerxéticos.

Trátase de avalia-la capacidade do alumnado de identificar cualitativamente as diferentes fontes de enerxía, así como de coñece-los distintos recursos enerxéticos identificando cales son ou non renovables. Tamén se pretende avalia-la capacidade de análise do alumnado sobre a conservación e degradación da enerxía e os efectos que pode ter no medio ambiente.


A Describi-las características da carga eléctrica e os fenómenos de electrización. Clasifica-la materia en base ás súas propiedades eléctricas. Aplica-la lei de Coulomb á resolución de exercicios e cuestións sobre sistemas sinxelos.

Este criterio trata de comprobar se o alumnado é capaza de identificar e asimila-la natureza eléctrica da materia, interpretando experiencias de electrización-interacción entre cargas. Comprobarase tamén se son capaces de realizar cálculos, en diferentes situacións – problema moi sinxelas, de aplicación da lei de Coulomb.


A Identifica-las diferentes magnitudes relacionadas coa corrente eléctrica e os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. Aplica-la lei de Ohm á resolución de exercicios e cuestións. Deseñar e montar circuítos de corrente continua, levando a cabo medidas de intensidade e diferencia de potencial, que permitan comproba-la lei de Ohm.

Este criterio trata de comprobar se o alumnado é capaza de identificar e asimila-la natureza eléctrica da materia, interpretando a fenomenoloxía dinámica de interacción entre cargas. Así mesmo, se son capaces de identifica-las propiedades conductoras e illantes manifestadas polos materiais. Comprobarase tamén se son capaces de realizar cálculos, en diferentes circuitos moi sinxelos, de diferencias de potencial, resistencias e intensidades utilizando a lei de Ohm.


A Aplica-los coñecementos da Física e a Química á realización axeitada das actividades experimentais propostas ó longo do curso.

Con este criterio trátase de verificar se o alumnado aplica os coñecementos adquiridos ó longo do curso nas actividades experimentais en canto a normas de utilización do material de laboratorio, actitude na aula e no laboratorio, realización de cálculos aplicando as leis correspondentes...


A Analiza-las interrelacións que nos contidos deste curso se dan entre a Ciencia, a Tecnoloxía e a Sociedade.

Este criterio trata de verificar se os alumnos e as alumnas relacionan os coñecementos adquiridos en Física e Química con outros contidos desenrolados noutras disciplinas; para que non crean que son coñecementos illados que soamente precisan para esta disciplina e poidan aplicalos non soamente en clase de Física e Química.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

(4º E.S.O.)


Con estes criterios pretendemos coñecer se os alumnos e as alumnas adquiriron uns niveis mínimos nos contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais) que implican o desenrolo das capacidades indicadas nos obxectivos xerais de área.


AAplicar correctamente as ecuacións dos movementos rectilíneo uniforme, rectilíneo uniformemente acelerado e circular uniforme, vinculándoas a un sistema de referencia. Diferenciar entre magnitudes lineais e angulares. Distinguir claramente os conceptos e as unidades de velocidade, aceleración, período e frecuencia. Representar e interpreta-las gráficas da posición, velocidade e aceleración fronte ó tempo.

Este criterio pretende comprobar se o alumnado é capaz de comprende-la natureza do movemento e a súa relación co sistema de referencia empregado polo observador. Inténtase tamén avalia-la capacidade do alumnado de realiza-la representación de movementos uniformes e uniformemente variados (acelerados ou retardados) xunto coa operatividade (cualitativa e cuantitativamente, aplicando as ecuacións dos diferentes tipos de movemento) dos conceptos de velocidade lineal, aceleración, velocidade angular, período e frecuencia. Tamén se é capaz de formular conclusións sobre as características cinemáticas dun movemento a partir de datos experimentais, representando os diagramas e/t, v/t e a/t.


A Identificar e debuxa-las forzas que actúan sobre un corpo, xustificando a orixe de cada unha, indicando as posibles interaccións do corpo en relación con outros, e aplicando as leis da Dinámica para estudia-lo seu movemento.

Este criterio trata de avalia-la evolución do alumnado na comprensión da natureza das forzas (apreciando cualitativamente o seu carácter vectorial) pola súa capacidade de identificar accións e reaccións implicadas en situacións simples de interaccións de contacto tanto estáticas (equilibrio dos corpos) como dinámicas (variacións no estado cinemático). Tamén se son capaces de facer cálculos de diferentes magnitudes (forzas, aceleracións...) en sistemas sinxelos aplicando a lei de Hooke e as leis da Dinámica. Asimesmo, se son capaces de identificar cualitativamente a presencia do rozamento e a súa influencia no rendemento de máquinas e procesos.


A Coñece-las características da forza gravitacional. Calcula-lo peso dos corpos tendo en conta o campo gravitatorio do lugar no que se atopen.

Este criterio trata de avalia-la comprensión da natureza das forzas de acción e reacción a distancia por parte do alumnado. Tamén se son capaces de interpreta-la gravitación universal como unha explicación pausible das características peso e masa dos corpos, identificando as variables que inflúen no peso dos corpos.

A Analiza-lo concepto de presión e a súa aplicación a distintas situacións de estática de fluídos. Explica-lo fundamento dalgúns dispositivos sinxelos, como a prensa hidráulica e os vasos comunicantes. Predeci-las diferentes situacións de flotabilidade dos corpos en fluídos mediante o cálculo das forzas que actúan sobre eles.

Con este criterio trátase de avaliar se o alumno ou a alumna comprende a natureza das forzas de acción e reacción na superficie ou no seo dos fluídos e o concepto de presión. Tamén se son capaces de explicar correctamente o fundamento e posibles aplicacións da prensa hidráulica e dos vasos comunicantes. Asimesmo, se comprenden o concepto de empuxe e flotabilidade e, aplicando o principio de Arquímedes,predecir cualitativa e cuantitativamente se un corpo flotará ou non nun determinado fluído.


AAnaliza-lo significado físico do traballo. Relaciona-lo traballo coa transferencia de enerxía dun corpo a outro mediante a acción dunha forza. Interpreta-la potencia como a rapidez coa que se fai un traballo e valora-la importancia que esta magnitude ten na industria e na tecnoloxía. Identifica-las formas de enerxía e as súas interconversións.

Este criterio trata de avaliar se os alumnos e as alumnas son capaces de relaciona-lo traballo físico coa enerxía e aprecia-la importancia da potencia en relación co rendementos de máquinas e procesos. Tamén se son capaces de realizar cálculos de potencias, traballos e forzas implicadas na realización deses traballos.


A Interpreta-la temperatura como unha medida da enerxía media do movemento das partículas dun sistema. Identifica-la calor como unha enerxía en tránsito entre os corpos, des