Citas Científicas |
||
Aristóteles (384 a de C - 322 a de C) |
* As ciencias teñen as raíces amargas, pero moi doces os froitos. * A intelixencia consiste non só no coñecemento, senón tamén na destreza de aplica-los coñecementos na práctica. * O amor ou o odio fan que o xuíz non coñeza a verdade. * O home está sempre disposto a negar todo aquelo que non comprende. * O home ten mil plans para si mesmo. O azar, só un para cada un. * O sabio non di xamais o que pensa, pero sempre pensa o que di. * Hai a mesma diferencia entre un sabio e un ignorante que entre un home vivo e un home morto. * A esperanza é o soño dun home desperto. * O ignorante afirma; o sabio duda e reflexiona. * A sabiduria é un adorno na prosperidade e un refuxio na adversidade. |
|
Galileo Galilei (1564- 1642) |
* Nada podes ensinar a un home; soamente axudarlle a atopalo por si mesmo. * A matemática é o alfabeto co que Deus escribiu o mundo. * No tocante á ciencia, a autoridade dun milleiro de persoas non é superior ó humilde razoamento dunha soa. * A dúbida é a madre da invención. * Digamos que existen dous tipos de mentes poéticas: unha apta para inventar fábulas e outra disposta a crelas. * O seu lema era: "Medi-lo que é medible e tratar de facer medible o que todavía non o é". * Xamais atopei unha persoa tan ignorante que non poida aprender nada dela. * A maior sabiduría que existe é coñecerse un mesmo. * "Eppur si mouve" (E nembargantes, móvese). * O gran libro da natureza está escrito en símbolos matemáticos. * Paréceme que quenes, en proba dalgunha afirmación, baséanse soamente no peso da autoridade, sen aducir ningún argumento no seu favor, actúan de xeito moi absurdo. Pola contra, eu desexo que se me permita preguntarvos libremente e contestaros libremente sen adulación de ningún xénero, como corresponde a quenes buscan a verdade. |
|
Isaac Newton (1642 - 1727) |
* Se logro ver máis lonxe é porque conseguín subirme nos ombros de xigantes. (Referíndose a Galileo Galilei) * Se fixen descubrimentos inavaliables é por ter máis paciencia que calquera outro talento. * O que sabemos é unha pinga de auga; o que ignoramos é o océano. |
|
Albert Einstein (1789 - 1955) |
* A imaxinación é máis importante que o coñecemento. * A vida é moi perigosa. Non polas persoas que fan o mal senón polas que se sentan a ve-lo que pasa. * O importante é non deixar de facerse preguntas. * O meu ideal político é o democrático. Todo o mundo debe ser respetado como persoa e ninguén debe ser divinizado. * Se previse as consecuencias tería sido reloxero. * ¡Triste época a nosa! É máis fácil desintegrar un átomo que un prexuício. * Vémo-la luz do atardecer laranxa e violeta porque chega demasiado cansada de loitar contra o espacio e o tempo. * Eu xamais penso no futuro. Chega demasiado rápido. * Xamais considére-lo estudio coma unha obriga, senón como unha oportunidade para penetrar no bello e marabilloso mundo do saber. * Hai dúas cousas infinitas: o Universo e a estupidez humana. E non estou certo de que o primeiro o sexa. * Todos somos moi ignorantes. O que ocorre é que non todos ignoramos as mesmas cousas. * Se non o podo debuxar é que non o entendo. * Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade. * O home atopa a Deus detrás de cada unha das portas que a ciencia logra abrir. * Se a miña teoría da Relatividade é exacta, os alemáns dirán que son alemán y os franceses que son cidadán do mundo. Pero se non, os franceses dirán que son alemán e, os alemáns, que son xudeo. * O home que perdeu a facultade de marabillarse é coma un home morto. * Debe se simple para ser certo. Se non é simple, probablemente non poidamos descifralo. * A arte máis importante do mestre é provoca-la alegría na acción creadora e no coñecemento. * O que se erixe en Xuíz da Verdade e do Coñecemento é anodadado pola risotada dos deuses. * As proposicións matemáticas, en canto teñen que ver coa realidade, non son certas; e, en canto non son certas, non teñen que ver coa realidade. * O peor é educar por métodos baseados no temor, na forza, na autoridade, porque destrúe a sinceridade e a conficanza e soamente se consigue unha falsa sumisión. * Unha velada na que tódolos presentes estean absolutamente de acordo é unha velada perdida. * Manteño que o sentimento relixioso cósmico é a motivación máis forte e nobre para a investigación científica. * Nas miñas teorías sitúo un reloxo en cada punto do espacio, pero na vida real apenas podo permitirme o luxo de comprar un para a miña casa. * Recoñezo que son poucas as posibilidades de éxito, pero hai que intentalo... é a miña obriga. * Xamais contempleis o estudio coma un deber, senón coma unha oportunidade de aprender para a vosa satisfacción persoal e para proveito da comunidade á que pertence o voso traballo. * Toda a nosa ciencia, comparada coa realidade, é primitiva e infantil... e, sen embargo, é o máis preciado que temos. * Se a xente é boa só porque temen ó castigo e porque esperan unha recompensa entón, verdadeiramente, somos un grupo lastimoso. * Se ese ser é omnipotente, entón cada ocurrencia, incluíndo cada acción humana, cada pensamento humano e cada sentimento e aspiración humana tamén é a Súa obra; ¿como é posible pensar en facer responsable ó home polos seus actos e pensamentos ante tal Ser Todopoderoso? Ó dar castigo e recompensas, ata certo punto tamén se xulgaría a si mesmo. ¿Como pode esto combinarse coa bondade e xusticia que se lle adxudica? * O pensamento lóxico puro non pode brindarnos ningún coñecemento do mundo empírico; todo coñecemento da realidade empeza coa experiencia e termina nela... Galileo comprendeu esto e, particularmente comunicoullo ó mundo científico; por iso é o pai da física moderna e, en verdade, de toda a ciencia moderna. * Non existen suficientes experimentos que demostren que teño razón, pero basta un só para mostrar que estou errado. * Moitos profesores gastan o tempo facendo preguntas para descubrir o que non sabe o alumno, cando a verdadeira arte de preguntar ten como fin coñece-lo que o alumno sabe ou é capaz de saber. * Unha teoría é algo no que ninguén cre, excepto quen a formulou. Un experimento é algo no que todos cren agás quen o fixo.
|
|
Max Planck (1858 - 1947)
|
* A ciencia é a progresiva aproximación do home ó mundo real. * Unha nova teoría non se impón porque os científicos estean convencidos dela, senón porque os que seguen abrazando ás ideas antigas van morrendo pouco a pouco e son substituídas por unha nova xeración que asimila as novas desde o comezo. * O que chegou tan lonxe que xa non se equivoca, deixou tamén de traballar. * A importancia da teoría da relatividade abarca tódolos fenómenos do microcosmos, desde os átomos que irradian ondas e corpúsculos, ata os movementos dos corpos celestes situados a millóns de anos luz. |
|
Leonardo da Vinci (1452 - 1519) |
* Ningunha investigación humana pode ser denominada ciencia se non pasa a través de probas matemáticas. * Fuxe dos estudios cun resultado que morre co que os fixo. * Non existen coñecementos máis elevados ou máis baixos, senón un coñecemento único que emana da experimentación. * Moitos pensarán que teñen motivo para reprocharme, dicindo que as miñas probas contradin a autoridade de certos homes tidos en gran estima polas súas inextimables teorías, sen considerar que as miñas obras son o resultado da experiencia simple e sinxela, que é a verdadeira mestra. * Os teóricos antigos chegaron á conclusión de que a facultade intelectiva que lle foi concedida ó home é estimulada por un instrumento co que están conectados os cinco sentidos por medio do órgano da percepción. A este instrumento chamóuselle "sentido común". Utilízase esta sinxela denominación por se-lo xuíz común dos outros cinco sentidos: vista, oído, tacto, gusto e olfato. * Non é posible describi-lo proceso do movemento da auga se non se define primeiro qué é a gravitación e cómo se orixina e cesa. * O movemento espiral e rotatorio de todo líquido é máis rápido na proporción á cercanía do centro de xiro. Este é un feito digno de terse en conta, posto que o movemento dunha roda é moito máis lento canto máis cercana está ó centro do obxecto en revolución. *Son vás e están cheas de erros as ciencias que non naceron do experimento, nai de toda certidume. * A ciencia máis útil é aquela co froito máis comunicable. |
|
Arquímedes (287 a de C - 212 a de C) |
* Dádeme un punto de apoio e moverei a Terra. * ¡Eureka, eureka!(¡Atopeino!)(Parece ser que o dixo correndo nu pola rúa ó resolver un problema proposto por Hierón, rei de Siracusa). |
|
Blaise Pascal (1623 - 1662) |
* Coñecémo-la verdade non soamente pola razón, senón tamén polo corazón. * ¿Pode haber algo máis ridículo que a pretensión de que un home teña dereito a matarme porque vive ó outro lado da auga e o seu príncipe teña unha "querella" co meu aínda que eu non a teña con el? * O home está sempre disposto a negar todo aquelo que non comprende. |
|
Louis Pasteur |
* As ciencias aplicadas non existen, só as aplicacións da ciencia. * A fortuna xoga en favor dunha mente preparada. |
|
Benjamin Franklin (1706 - 1790) |
* Dimo e olvídoo; ensínamo e lémbroo; involúcrame e apréndoo. * A chave que se usa constantemente reloce como a prata: se non se usa, énchese de óxido. O mesmo pasa co entendemento. * Nunca houbo unha guerra boa ou unha paz mala. |
|
Santiago Ramón
y Cajal |
* Todo home pode ser, se se propón, escultor do seu propio cerebro; o peor dotado é susceptible, do mesmo xeito que as terras pobres pero ben cultivadas e abonadas, de rendir copioso froito. * Ó carro da cultura española fáltalle a roda da ciencia. |
|
Leucipo (século V a de C) |
* Nada procede do azar, senón da razón e da necesidade. | |
Demócrito (século V a de C) |
* Todo o que existe no Universo é froito do azar e da necesidade. * Nada existe agás átomos e espacio baleiro; todo o demais son opinións. |
|
Sócrates |
* Eu só sei que non sei nada. | |
Lucio Anneo Séneca |
* Estudia non para saber máis, senón para ser algo mellor. | |
Hipócrates |
* A vida é breve, a ciencia extensa. | |
Platón |
* Existe un só ben, chamado coñecemento, e só un mal, chamado ignorancia. | |
Confucio |
* Contáronmo e esquencino; vinno e entendino; fíxeno e aprendino. | |
Marie Curie |
* Deixamos de temer o que aprendemos a entender. | |
René Descartes |
* As ciencias están todas elas entrelazadas entre si; é moito máis fácil aprendelas todas xuntas e á vez que separadas unhas de outras. | |
Steven Weinberg |
* Canto máis comprensible parece o universo, máis absurdo parece tamén. | |
Leo Szilard |
* Preguntáronme se o drama do científico é a súa capacidade de producir grandes avances no coñecemento que poida usa-la humanidade para destruir. A miña contestación é que non se trata da traxedia do científico: é a traxedia da humanidade. | |
H. Oppenheimer |
* Hai que desconfiar dos inxeñeiros. Empézase pola máquina de coser e termínase coa bomba atómica. | |
Niels Böhr |
* O oposto a unha formulación correcta é unha formulación incorrecta. Pero o oposto a unha verdade produnda pode ser outra verdade profunda. * Todo aquel que non queda fortemente impresionado pola teoría cuántica é porque non a entendeu. |
|
Juan Aguilar |
* Contrariamente ó que pensa a maioría da xente, a ciencia non é nin moito menos un conxunto de libros; a ciencia é un método lóxico de proceder para adquirir novos coñecementos. * Todos somos científicos cando somos nenos; pero ó medrar, só algúns conservan un pouco da curiosidade que é a nai da Ciencia. |
|
Isaac Asimov |
* A frase máis excitante que se pode escoitar en ciencia, a que anuncia novos descubrimentos non é "¡Eureka!" ("¡Atopeino!") senón "É estrano..." | |
Adam Smith |
* A ciencia é o antídoto para o veleno do apaixoamento e a superstición. | |
André Marie Ampère (1775 - 1836) |
* Se eu posuise todo o que se pode desexar no mundo para ser feliz, faltaríame todo: a felicidade do próximo. | |
Miguel de Unamuno |
* A verdadeira ciencia ensina, por riba de todo, a dubidar e a ser ignorante. | |
François Marie Arouet, Voltaire |
* Unha falsa ciencia fai ateos, unha verdadeira ciencia postra ó home diante a divinidade. * A ignorancia afirma ou nega rotundamente; a ciencia dubida. * A ciencia é coma a terra; soamente podemos posuir un pouco dela. * Non estou de acordo co que dis, pero ata coa miña vida defenderei o dereito que tes de dici-lo que pensas. |
|
Stanislaw Jerzy Lec |
* A ignorancia humana non permañece detrás da ciencia, medra tan rapidamente coma ela. | |
Erwin Schrödinger |
* Se un non pode comunicar o que estivo facendo, o seu traballo carecerá de valor. | |
Paul Davies |
* A nosa capacidade para descubrir e describir matematicamente as ecuacións de Newton non teñen un valor de supervivencia inmediato. Esta idea é aínda máis patente, por exemplo, no caso da Mecánica Cuántica. A razón pola que á xente lle custa entende-la Física Cuántica é precisamente porque entendela non ten ningún valor cara á supervivencia. | |
Michael Faraday (1791 - 1867) |
* Ata o final seguirei sendo, simplemente, Michael Faraday. (Referíndos á súa humilde orixe). | |
Baltasar Gracián |
* Saber e sabelo demostrar, é valer dúas veces. | |
Marcus Jacobson |
* A ciencia pode descubrir o que non é certo, pero non o que é bo, xusto e humano. | |
Miguel de Cervantes |
* Ningunha ciencia, en canto a ciencia, engana; o engano está en quen non sabe. | |
Ruy Pérez Tamayo |
* O esqueleto da ciencia son os feitos, pero os músculos e os nervios son o significado que se lles confire, e a alma da ciencia son as ideas. * A ciencia ten unha característica marabillosa: aprende dos seus erros, utiliza as súas equivocacións para reexamina-los problemas e volve a intentar resolvelos, cada vez por novos camiños. |
|
Thomas B. Macaualay |
* A ciencia avanza a pasos non a saltos. | |
Heyendhal |
* No punto onde se detén a ciencia, comeza a imaxinación. | |
Thomas Henry Huxley |
* O nacemento da ciencia foi a morte da superstición. | |
Lamennais |
* A ciencia apenas serve máis que para darnos unha idea da extensión da nosa ignorancia. | |
Gregorio Marañón |
* Toda a historia do progreso humano pódese reducir á loita da ciencia contra a superstición. | |
George Bernard Shaw |
* A ciencia é sempre profunda e simple. Son só as verdades a medias as que son perigosas. | |
| Iván Karamazov (de Fedor Dostoievski) |
* Eu non nego a Deus, só que non sei se Deus creou ó Home ou o Home creou a Deus. | |
Javier Correa |
* Sen o Home non hai Deus. Soamente o Home pode ser tan vanidoso para crer que se fixo para el todo o Universo. | |
Manuel Toharia |
* É posible que un crea que Deus pode facer voa-los obxectos, pero para voar de xeito seguro, e tódolos días, a ciencia tivo que inventar avións. * Creo firmemente que un pobo máis culto é tamén un pobo máis libre. |
|
Carl Sagan |
* Crer é fácil, o difícil é saber. | |
Hubert Reeves |
* Sempre se nos dixo que eramos pó e que en pó iámonos converter; nada máis certo. O que, en cambio, se nos ocultou é que somos pó, si, pero nada menos que pó... de estrelas. | |
Pilar Álvarez
Pellicero |
* Profundizar no coñecemento científico é unha das mellores vías para lograr plenitude e libertade. | |
Henry Ford |
* Pensar é o traballo máis difícil que existe. Quizais sexa esa a razón pola que hai tan poucas persoas que o practican. | |
Amos Bronson Alcott |
* A enfermidade do ignorante é ignora-la súa propia ignorancia. | |
Barón de Montesquieu |
* Hai que estudiar moito para saber pouco. | |
Pubilio Siro |
* Polos defectos dos demais, o sabio corrixe os propios. | |
Johann Wolfgang von Goethe |
* Non basta saber, débese tamén aplicar. Non é suficiente querer, débese tamén facer. | |
Napoleón Bonaparte |
* Os sabios son os que buscan a sabiduría; os necios pensan que xa a atoparon. | |
Anónimo |
* Moitos homes pasan por sabios gracias á ignorancia dos demais. | |
Anónimo |
* Crer é máis fácil que pensar. Esta é a razón de que haxa máis crentes. | |
Proverbio grego |
* O que nada dubida, nada sabe. | |
Anónimo |
* "Non saberei facelo", non produciu xamais bo resultado. "Probarei facelo", fixo marabillas. "Fareino", acadou milagres. | |
Anónimo |
* O optimista atopa unha resposta para cada problema. O pesimista ve un problema en cada resposta. | |
Anónimo |
* Non é máis sabio o que dá as respostas correctas, senón o que fai as preguntas axeitadas. | |
Proverbio latino |
* Ubi dubium ibi libertas: Onde hai dúbida hai libertade. | |
Henri Poincaré (1854 - 1912) |
* O científico non estuda a natureza porque sexa útil; estúdiaa porque se deleita nela, e deléitase nela porque é fermosa. Se a natureza non fose bela, non valería a pena coñecela. |
|
Herón de Alexandría (126?a. C. - 50?a.C.) |
* Que os raios procedentes dos nosos ollos se moven con velocidade infinita pódese inferir da seguinte consideración. Cando despois de ter pechados os ollos os abrimos e miramos ó ceo, non se necesita ningún intervalo de tempo para que os raios visuais alcancen o ceo. En efecto, vemos as estrelas tan pronto como as miramos, aínda que podemos dicir que a distancia é infinita. | |
Sir William Henry Bragg (1862 - 1942) |
* Os físicos empregan a teoría ondulatoria os luns, mércores e venres, e a corpuscular, os martes, xoves e sábados. (Referíndose á dobre natureza da luz e da materia) |
|
Henry Needler (1685 - 1760) |
* Quen formou a curiosa estructura do llo e o revestiu coas súas diversas túnicas de exquisita textura, e o colmou de néctar cristalino para transmiti-los raios de luz? | |
John Wesley (1703 - 1791) |
* A electricidade é a alma do universo. | |
Alexander Pope (1688 - 1744) |
* A natureza e as súas leis xacían ocultas na noite. Deus dixo: "que se faga Newton"". E fíxose a luz. | |
Se he interesa atopar citas non só científicas, aquí tes moitas: proverbia. |
(Volver á páxina principal)