A TORTA DE MILLO

   Producto gastronómico que, xunto coas augas medicinais, deu renombre a Guitiriz. É coñecida en toda Galicia, parte de España e aínda noutros paises, gracias á distribución que dela teñen levado a cabo as xentes que por aquí pasaron. É destacable o feito de que non resulta doado atopar alguén a quen non lle goste. Todos repiten cando a proban  e dende entón practican o arte de mercala para eles ou para levar á casa como agasallo ós familiares.

  Á súa orixe remóntase a finais do s. XIX cando a familia Tomé, que tiña unha fonda perto da estación, animou á panadería Seixas a elaborar un pastel que ela ofrecía ós clientes. Parece ser que tivo éxito e pouco a pouco foi medrando a producción e a distribución.

   A " Panadería David", on 40 anos de existencia, deixou de facer pan para adicarse en exclusiva ás tortas.

   A  Panadería " A  Esquina" empezou a facela a finais da década dos 50. Os primeiros anos só se elaboraba en época estival, cando os augueiros e veraneantes enchían Guitiriz, logo pasaron a facela varias veces á semana e, co paso do tempo, case non dan feito para saciar a demanda existente no mercado.

   Na actualidade podemos mercalas en " Panadería David" , na estrada N-VI na zona do Curro Vello, na  Panadería " A Esquina" , que fai esquina á rúa Luis Espada e a N-VI, na pastelería "Nimbos" na rúa Diputación e na pastelería "Fariñas", situada na rúa Xeral Franco.

   Hai algúns anos, pouca xente pasaba por Guitiriz sin deterse a mercar as tortas. despois da entrada en servicio da Autoestrada A-6, decaeu a súa venda, pero moitos viaxeiros desvíanse para mercala. Tamén se distribúe en varias cidades galegas e outros puntos do pais.

INGREDIENTES:

-Fariña de millo

-Manteiga

-Ovos

-Zucre

-Limón

Visitas dende 24/04/2003: 350835 | Visitas hoxe: 167

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462