SETE MUÍÑOS

   É, sen dúbida, o lugar emblemático de Guitiriz, o máis coñecido polos seus habitantes, polas xentes que se achegan á zona para pasar uns días ou simplemente a facer turismo rápido pero por enriba de todo resulta un recuncho que non decepciona a ninguén que alí se achega. ¿Que ten de especial?. Non se podería explicar, máis ben debe ser un conxunto de elementos que alí se xuntan:  auga, pedra, árbores, vellos muíños, minúsculas illas con vexetación, unha piscina natural ben adaptada ó contorno e sobre todo unha inxente obra de inxeniería feita polos antepasados para canalizar a auga ós muíños do lugar. Tamén chama a atención a enorme cantidade de pequenas pías nas pedras, feitas pola forza da auga a través dos séculos.

Para chegar á zona en coche, collemos a primeira estrada á esquerda( si saímos da autoestrada). A menos de 1 km.xa estaremos no lugar. Non hai problema para deixar o coche.Si entramos dende a NVI, pola rúa Diputación chegamos á praza de Guitiriz , bordeámola e seguimos dirección autoestrada; a moi poucos m.collemos a primeira rúa á dereita. Hai sinais que indican o lugar.

   Pero os Sete Muíños non se disfrutan se non se patean, polo que recomendamos deixar o coche no estacionamento e baixar ata o río xusto polo camiño que hai ó lado da señalización do lugar  e seguir río arriba, con calma e con tódolos sentidos ben atentos ata que nos atopemos coa ponte da autoestrada.

   Hai outro xeito de chegar ós Sete Muíños aínda máis interesante que o anterior. Deixamos o coche na zona da Ponteveiga,  xunto á gasolineira e achegámonos ó río tomando a rúa que leva ó barrio de O Perexil; sen cruzar a ponte, tomamos á esquerda un pequeno descenso pegado a un taller de coches dende onde podemos contemplar un muíño e unha pequena fervenza, en época de choivas, formada pola presa do muiño. É un lugar fermoso, pero descoidado. Seguimos río arriba por un carreiro que en poucos metros nos leva ó paseo do Forxá que remata xusto na zona de Os Sete Muíños onde escomenzaba a opción citada en primeiro lugar.

   Neste último roteiro imos pasar por outro fermoso lugar chamado Os Pasales, que en tempos era a vía de comunicación dos veciños dunha pequena aldea, Sesulfe, coa vila. Por alí ían á misa á igresia de San Xoán situada xusto ó comenzo deste carreiro. O nome de Os Pasales débese a existencia de grandes pedras colocadas no río para vadealo. Alí aínda se conserva unha fonte sen uso na actualidade pero moi apreciada en tempos pasados.

   

 

Visitas dende 24/04/2003: 337693 | Visitas hoxe: 97

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462