ROTEIRO DO RÍO PARGA

TRAMO SAN ALBERTE-TOAR.

    Sitúase o comenzo desta rota no entorno de San Alberte, ó que se accede dende a N-VI cruzando o río Parga pola Ponte de San Alberte. Neste tramo o trazado principal do roteiro de senderismo segue o mesmo trazado do Camiño Norte de Santiago. Discorre dende a Capela de San Alberte ata Toar (San Breixo de Parga) por un camiño de terra, flanqueado en case tódolo seu percorrido por muros de laxas de pedra en bo estado de conservación. Os principais valores que se poden encontrar neste tramo son: o entorno de San Alberte (Ponte, Capela, muíño); paraxes de alto valor paisaxístico (mosaico de pastizales, cultivos e masas arboradas); caseríos de Regodaviña e Fonte; mámoas e fonte de Toar; Igrexia Parroquial de San Breixo (próxima ó trazado da rota)

TRAMO TOAR-MUÍÑO DO PITERO

   Neste tramo  o trazado  principal apártase do Camiño Norte de Santiago para, dende Toar e tomando un sendeiro de terra( flanqueado tamén  por muros de laxas e pedra) baixar polo Monte de Lagares ata o Muíño de Pitero. Os principais valores que se poden atopar son medioambientais ( destacando principalmente as masas de frondosas autóctonas) e etnográficos(Muiño de Pitero e Muíño de Lagares).

TRAMO MUÍÑO DE PITERO- PRADO

    Pequeno tramo que discorre en primeiro termo, e por espacio duns poucos metros, por unha pista asfaltada, para  tomar logo un camiño de terra que nos levará de novo ata o curso do río Parga, seguindo aquí o sendeiro dos pescadores ata coller outro camiño de terra que nos levará ata o lugar de Prado. Destacan os valores mediombientais neste tramo.

TRAMO PRADO- FONTE DE VALDOVÍN

    Discorre na súa totalidade por sendeiros que atravesan zonas de cultivo, matogueiras e masas de piñeiros e frondosas, polo que os principais valores son medioambientais. Chegados ás inmediacións da Fonte de Valdovín, tomaremos un curto sendeiro que serve de acceso ó entorno desta fonte de augas menciñais.

TRAMO FONTE DE VALDOVÍN- POBRA DE PARGA.

    O trazado discorre por unha pista asfaltada ata chegar á Pobra de Parga (Santo Estevo), podendo visitar neste lugar a Capela de San Roque, o entorno do Campo da Feira, a área de lecer de A Carballeira, o Muíño de Parga, e  xa cruzando a  Ponte de Parga, e do outro lado do río, a Igrexia Parroquial de Santo Estevo e os restos da Fortaleza de Parga.

TRAMO POBRA DE PARGA- MUÍÑO DE FERREIRA.

    O trazado discorre na súa totalidade seguindo o sendeiro dos pescadores, pola marxe esquerda ( augas arriba) do río.  Destaca a vexetación típica de ribeira e os paraxes de pastizais; ó remate deste tramo poderase visitar o Muíño de Ferreira e o seu entorno coa illa que forma o río nese lugar.

    O percorrido completo deste roteiro aproxímase ós 10 km.

Visitas dende 24/04/2003: 340496 | Visitas hoxe: 219

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462