OCIO

       O  feito de ser Guitiriz unha pequena vila situada nun concello rural fainos pensar que non haberá aquí moitas posibilidades de disfrutar do tempo libre dun xeito variable e satisfactorio. A realidade non é tan mala como a pintan; porque se nos paramos a pensar   imos  descubrir moitas cousas que facer e moito que ver para non aburrirnos. É certo que o verán resulta a mellor época, pero en calquera das outras estacións podemos atopar en que pasar o tempo. Non esquezamos o seguinte:

    1.- A natureza hai que disfrutala en tódalas épocas. Un rincón cambia de xeito notorio en cada época do ano; todas teñen o seu encanto e, aínda que sexa na mesma época, non é o mesmo ver un lugar un día de choiva, un de sol, con vento...¿ Por que non imos disfrutar do que a propia natureza nos ofrece?. Non esquezades que estamos nunha zona de moita variedade de paisaxes. Probade a descubrir este encanto nos múltiples lugares que aquí temos; " Os Sete Muíños", " O Pantano", " O Boedo", "Pardiñas", " A Carballeira", " San Alberte"; " O Muíño da Ruxida", " A Presa de Merra"...

                  
A terapia da auga  
A paisaxe                         

Visitas dende 24/04/2003: 437124 | Visitas hoxe: 66

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462