|
INGEMARGA
É a empresa máis importante do Concello. Empezou a funcionar no ano 1982. Ten unha plantilla de 260 empleados directos e 60 indirectos que proceden de empresas de contratación (traballo temporal). A súa facturación é superior ós 30.000.000 € ó ano. A materia prima é a pedra de granito, importa e exporta. IMPORTA:bloques de granito e mármol. Na súa canteira de Parga extrae granito de tres tipos: - Gris Parga - Albero - Silvestre Na fábrica faise aserrado e pulido de pedra EXPORTA: plaquetas e taboleiros.
UBICACIÓN: A fábrica está á beira da autoestrada xusto na saída de Parga. Hai que tomar a dirección BURIZ. As canteiras están no monte comunal de Parga e en Labrada
GUITIRIZ: OUTRAS EMPRESAS A segunda empresa (despois de Ingemarga) do concello é TEIXIDO. É un grupo funerario, de ambulancias, floristería, almacenamento de flores, complementos florais e promoción de obras. O grupo está formado por dúas empresas físicas e dúas sociedades limitadas. Ten na actualidade 35 empregados. Despois de Teixido, están: TIVAYGASA,( reparación de bombonas de butano) e GUITIEC, empresa de instalacións eléctricas. Cun número máis reducido de postos de traballo, podemos citar: MADERAS GALICIA, CERÁMICAS ARIAS, talleres de aluminio, talleres de automóbiles, HORMIGONES GUITIRIZ, varias moblerías, bancos, tendas de roupa e calzado, tres supermercados, moitos bares, un hotel, varios hostales e algúns restaurantes... Dato a destacar: dun tempo a esta parte están a desaparecer moitos pequenos negocios familiares: mercerías, fruterías, tendas de alimentación... |
|
||||||||