|
FONTE DE VALDOVIN É unha fonte pública situada na parroquia de Parga preto da ponte de "Retorta". Para chegar a ela, podemos deixar a autoestrada na saída de Parga, cruzar a nacional VI, no Mesón da Cabra, e chegar á vila. A entrada da mesma, tomamos unha desviación á esquerda, despois dun kilómetro máis o menos, apartamos por un camiño que cruza a vía. Foi nos seus comenzos unha fonte cunha sinxela pedra que fixera un canteiro para coller ben a auga. No ano 1950 constrúese a estructura actual que agora se atopa nun entorno de mesas, bancos e parrillas á beira de río Parga. As augas son gratuitas por ser propiedade dos habitantes da vila. As características son similares ás de S.Xoán e Pardiñas o mesmo cas indicacións. Dado que Parga é unha vila moi activa é posible que nun futuro non lonxano, teñan arranxado unha senda para paseo que vai dende o C.I.T. ( Centro de Iniciativa Turística ) situado á beira do campo da feira e da área recreativa " A CARBALLEIRA ", ata a mema fonte; seguindo o curso do río, e baixo fermosas árbores frondosas e autóctonas na súa meirande parte. |
|
||||||||