ECONOMÍA - EMPREGO

Dende sempre, Guitiriz foi un concello agrícola en tódalas parroquias agás a capitalidade, Pardiñas e Parga onde o turismo era a principal fonte de ingresos dos seus habitantes debido a que en cada un dos tres núcleos de poboación había e hai unha fonte de auga medicinal. Na actualidade podemos afirmar que non ten cambiado moito, modernizánronse as explotacións agrícolas e gandeiras, decae de xeito notorio o turismo por mor do peche do Hotel-Balneario na década dos 70 e a zona lonxe de medrar vai perdendo pulo e poboación de xeito preocupante. A industria, aínda que presente, é deficitaria en tódolos sectores exceptuando a relacionada coa pedra onde destaca Ingemarga como a principal de todo o Concello. Outras pequenas industrias ou negocios familiares dan traballo a un reducido pero importante núcleo de habitantes.

En resume os alumnos/as  do noso centro proceden de dous ámbitos ben diferenciados:

1.-Un núcleo familiar rural constituído por pais, fillos e avós que viven nunha explotación agrícola-gandeira, en casa unifamiliar. En moitos casos o pai traballa fóra da casa.

2.-Un núcleo familiar máis urbano, centrado na capitalidade e en Parga, que está formado por pais e fillos e onde non é tan xeralizada a presencia dos avós. Neste caso o pai traballa nas escasas empresas da zona ou no sector servicios. Moitas veces a nai traballa algunhas horas fóra da casa.

Industria

Visitas dende 24/04/2003: 324869 | Visitas hoxe: 194

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462