|
| BALNEARIO DE PARDIÑAS
Pardiñas é unha pequena aldea situada a 3 Km do casco urbano de Guitiriz. Saíndo da vila en dirección Coruña, cóllese a 1º derivación á dereita que nos leva ó contorno da fonte. Este está dentro duns pequenos edificios rectangulares de pedra ( Construído en 1956) que forma unha minúscula plaza con outro edificio de pedra ( onde ás veces atopanse servicio de bar ) e unha capela privada. Pero Pardiñas ten un encanto especial xa que ese conxunto citado está no medio dun arboledo que cautiva a quen se achega alí. Só desentona unha casa de pisos e varios apartamentos que nos lembran que a explotación turística xa tentou adueñarse do contorno, pero ata o de agora non o deu conseguido. As Augas da fonte de Pardiñas son similares ás de Guitiriz e tómanse igual. No verán hai servicio gratuito de autobuses dende a Praza de Sta María. Pardiñas como centro de auga data dos anos 40 e tivo máis visitantes despois do peche do Hotel-Balneario de Guitiriz. As súas augas tamén foron declaradas de utilidade pública. A fonte de Pardiñas, igual que a de Guitiriz, é de propiedade privada polo que o tratamento supón un módico desemboloso, do que están excentos os habitantes do núcleo onde se atopa.
Precio: 30 €
Inclúe: A auga dos días que o usuario decide (entre 9 e 21 días), unha ou dúas veces ó día. No verán tamén ten médico e servicio de buses dende a praza de Guitiriz. Horario: Aberto todo o ano
1. Verán (Xullo, Agosto, Setembro) de 8 a 12 horas, mañá de 5 a 8 horas, serán 2. resto do ano: de 9 a 13 horas Teléfono de información: 982 370 451
|
|
||||||||