BALNEARIO DE GUITIRIZ

 Está formado por unha vasta extensión de terreo, rodeada de árbores vellas, dunha mezquita mozárabe, xa restaurada,

unha capela católica e dun gran edificio que foi en tempos un hotel de 4 estrelas

Hoxe está totalmente rehabilitado, mantendo a súa estructura orixinal e dotado de modernas instalacións, que combinan o relax no seu impresionante balneario de augas termáis de 4000 m2, coa práctica do deporte no seu campo de golf de 9 buratos, pistas de tenis, pistas de paddle...


    O conxunto está situado preto do núcleo urbán da vila. Chégase a ela tomando a estrada que parte  da gasolineira e cruza a vía do tren a menos de 300 metros.

    O descubremento da fonde data de comenzos do século XVIII, pero ó longo da súa existencia pasou por etapas de esplendor: fins do século XVIII, finais do XIX e comenzos do XX, ( a casa da fonte e o hotel datan de 1904 e 1905), as décadas dos 50 e 60, aínda que tamén coñecen etapas decadentes, despois da guerra do século XIX, durante a guerra civil (estivo ocupado daquela por moitos moros ) e o periodo que vai dende a década dos 70 ata os nosos días.

 

CARACTERÍSTICAS DA AUGA

  • Teñen algunha radioactividade

  • A temperatura media e de 15'2 ºC

  • Desprenden un forte cheiro a ovos podres

  • Son incoloras, claras e transparentes, aínda que se poden tornar verdosas- amarelas se están en gran cantidade debido a que son sulfuradas.

  • Son untuosas e suaves ó tacto

O Caudal da fonte é de 28 l. por minuto

 

TRATAMENTO

    Deben tomarse en periodos dunha duración mínima de 9 días e máximo de 21 días, consecutivos.

Mellor bebela á beira da fonte, antes de almorzar, a intervalos e despois dar un paseo.

    Ó lavarse con ela, cúranse os problemas de pel.

    O Balneario é de propiedade privada e os   augueiros han de pagar unha tarifa por recibir o tratamento, aínda que é módica. 

 

PRECIO:35 EUROS

    Inclúe toda a auga que se poida tomar nun mes. Os clientes están entre 9  e 19 días, pero poden estar todo o mes, se o desexan.

 

COMO SE TOMAN.

-Os tres primeiros días tómase 1 vaso

-Os tres seguintes, 2 vasos

-A partir do sexto día, 3 vasos

As tomas fanse con intervalos de 15 a 25 minutos, sempre antes de almorzar.

HORARIO:

     VERÁN:Xullo, Agosto e Setembro

                            -Máñás, de 8 a 13 horas

                            -Tardes, de 17 a 20 horas

    RESTO DO ANO.

                               -Só polas mañás de 9 a 12

   No verán hai servicio de médico dúas veces por semana.

TELÉFONO DE CONTACTO: 607283700

 

 

 

Visitas dende 24/04/2003: 340484 | Visitas hoxe: 207

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462