A AUGA

        Guitiriz é coñecida como" a vila dos balnearios" e podemos afirmar que estamos nun concello onde a palabra AUGA se asocia cos significados de: saúde, riqueza e miragres. Saúde, porque a auga da fonde de San Xoán, a de Pardiñas, a de Valdovín e a do Perexil, teñen curado, andan a curar e curarán a milleiros de persoas do contorno e de visitantes  que pasan aquí unha ou dúas tempadas (entre nove e vinteún días) cada ano para sanar as súas doenzas de fígado, pel, falla de apetito...Riqueza, porque na vila de Guitiriz e Pardiñas os augueiros deixan cartos. Milagreira,porque os Santuarios de Báscuas e San Alberte contan con sendas fontes á beira ás que se lles atribúen propiedades especiais.

A AUGA

        A riqueza acuífera de Guitiriz é incuestionable. Hai abondosos ríos e regatos, pero tamén fontes que lle dan pulo á zona. Proba delo é a cantidade de lendas autóctonas que están relacionadas con ela: " A DE LAGOSTELLE ", " PONTE DÁ", " A COVA DA SERPE ", ( a serpe ía beber ó río de Mariz), etc. De tódolos xeitos, esta terra non ten sona pola abundancia de auga senón polas tres fontes de augas minero-medicinais ben coñecidas fóra de Galicia e que reciben cada ano centos de "augueiros" que se achegan aquí para curar as suas doenzas. Son:  A Fonte de San Xoan, situada dentro do Balneario de Guitiriz, A Fonte de Pardiñas, tamén coñecida como Balneario de Pardiñas e A Fonte de Valdovín en Parga.

Visitas dende 24/04/2003: 324868 | Visitas hoxe: 193

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462