AGRICULTURA E GANDERÍA

   Tradicionalmente a  agricultura de Guitiriz estivo encamiñada ó propio consumo. Colleitanse principalmente patacas e productos de horta para abastecemento familiar e, nalgúns casos, para vender nos mercados e feiras en cantidades moi pequenas.  En tempos pasados tamén se sementaban cereais (trigo e centeo) en extensións considerables, pero agora teñen unha presencia minoritaria.

    Tempo  atrás, sementábase millo en abundancia para alimentar o gando, pero o cultivo foi desaparecendo de xeito notorio durante os últimos 20 anos aproximadamente. Por sorte este cultivo está a renacer,  feito importante por que é a pranta mais destacada  na alimentación gandeira. Sería unha pena desaproveitar a calidade dos terreos para adicalos só  a  herba como viña sucedendo nos derradeiros anos.

    Se nos centramos na gandería, veremos que é o sustento da meirande parte dos labregos. Son abundantes as explotacións de vacuno. Tamén hai algunhas granxas de porcos e de pitos, pero insignificantes.

    As explotacións predominantes son as de  leite, aínda que tamén as hai de carne e mixtas.

 

EXPLOTACIÓNS DE LEITE.

      A media do concello é baixa e estaría entre as 20 e 30 cabezas, pero podemos atopar de volumen considerable, que pasan das 100 cabezas.

    A meirande está en Mariz que ten na actualidade 130 cabezas e vende diariamente de 1200 a 1300 litros de leite. Esta é unha explotación mixta onde tamén atopamos 20 cabezas de carne. No Buriz hai unha que sobrepasa as 100 e en  Labrada outra.

    O leite véndese a varias empresas foráneas (ningunha é galega). En moitos casos os gandeiros pertencen a cooperativas como  XERTIRIZ ou GANDEIROS DE GUITIRIZ que son primeiros compradores e comercializan o leite, os abonos, os piensos, os productos fito-sanitarios e os zoo-sanitarios para os socios.

    Pero non tódolos gandeiros pertencen ás cooperativas.

    Ás explotacións deste tipo non as afectou o problema das vacas tolas pero agora baixou entre 4 e 5  céntimos de euro por litro, xa que as industrias se unen para pactar os prezos, a pesar de non estar permitido.

 

EXPLOTACIÓNS DE CARNE

    Son menos traballosas que as de leite polo que están en mans de xente maior  ou familias de xente nova nas que o home traballa fóra da casa. Poden ter entre 6 e 80 cabezas. A máis grande tamén está en Mariz e conta con más de 80 cabezas.

    O precio da carne está moi baixo, máis baixo que hai 10 anos, xa que se viu moi afectado polo problema  das vacas tolas. Dende entón os becerros baixaron e non se recuperou o mercado, o que contrasta coa subida constante no nivel de vida.

    Unha vaca que marche ben dá unha cría ó ano. O rendemento aproximado rondaría 480 euros.

 Algúns gandeiros reciben subvencións polas vacas de  carne  e outros queixanse porque non saben a que se deben estas subvencións.

Visitas dende 24/04/2003: 340485 | Visitas hoxe: 208

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462