|
|
A PEDRA Se alguén tén paciencia dabondo para ler estas páxinas, vaise decatar de que en varias seccións facemos referencia á pedra. Xa no comenzo a citamos coma un dos elementos característicos da zona. Guitiriz foi terra de canteiros porque os afloramentos graníticos están moi presentes na paisaxe. Co paso do tempo, a expansión industrial tamén chegou aquí e puxo en marcha a explotación de canteiras, sobre todo por parte de INGEMARGA, a industria principal do Concello. A decadencia dos CANTEIROS fixo desaparecer case por completo a figura destes artesáns, pero hai uns anos renaceu e hoxe hai bos exemplos que nos animan a ver un futuro prometedor.
|
|
||||||||