FUNCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR
O Consello Escolar do centro é o órgano
a través do cal participan na súa xestión
os distintos membros
da comunidade escolar. O Consello Escolar dos institutos de educación
secundaria que teñan oito, ou máis, unidades estará composto
polos seguintes membros:
a) O director ou directora, que será o seu
presidente.
b) O xefe ou xefa de estudios, e, de se–lo caso, o xefe ou
xefa de estudios de nocturno.
c) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que
estea situado o instituto.
d) Sete profesores elixidos polo claustro.
e) Tres representantes dos pais ou nais de alumnos.
f) Catro representantes do alumnado.
g) Un representante do persoal de administración e servicios.
h) O secretario ou secretaria ou, se é o caso, o administrador
ou administradora do instituto, que actuará como secretario
do consello, con voz, pero sen voto.
1. Dos representantes que lles corresponden ós pais e nais
no Consello Escolar un será proposto pola asociación
de pais máis representativa, os outros serán elixidos
por votación ante a mesa electoral polo pai
e a nai ou titores legais de acordo co procedemento establecido
no Decreto 92/1988, do 28 de abril.
|