ACTIVIDADES
VIAXE A COSENZA 
miércoles, enero 31, 2007, 02:54 PM
O xoves 8 de febreiro, ás cinco da tarde, teremos unha reunión no Instituto cos pais e nais do alumnado que irá a Cosenza e Roma entre o 19 e o 26 de febreiro. Informarase das actividades, hoteis, transporte e de tódalas dúbidas que se poidan plantexar.

[ 53 comentarios ] ( 644 visualizaciones )   |  enlace permanente
“Cine, do Super 8 ao dvd”.Lili Films, traballadores do Super 8  
miércoles, enero 31, 2007, 02:52 PM
Dentro das actividades organizadas pola Biblioteca, temos esta conferencia mañán, día 1 de febreiro, no salón de actos e co seguinte horario:

1º da ESO e 2º A e B da ESO, de 11:30 a 12:40.
2º C , 3º ESO, PIP e PGS, de 12:50 a 14:00


[ 40 comentarios ] ( 1011 visualizaciones )   |  enlace permanente
CHARLA-COLOQUIO DE XAQUÍN MARÍN E EXPOSICIÓN DOS SEUS DEBUXOS 
miércoles, enero 31, 2007, 02:02 PM
Podedes ver na entrada e na biblioteca unha exposición de debuxos de Xaquín Marín.
Hoxe o debuxante estivo con nós, nunhas charlas co alumnado de 1º de bacharelato e 4º da ESO.
Esta é unha actividade desenvolvida dentro do Plan de Mellora da Biblioteca.

[ 71 comentarios ] ( 509 visualizaciones )   |  enlace permanente
VIAXE A BARCELONA 
domingo, enero 14, 2007, 12:01 AM
O alumnado de ciclos viaxará a Barcelona entre os días 26 de febreiro e 1 de marzo. Irán acompañados polos profesores Xosé Luis Cabarcos e Manuel López Saavedra.

[ 173 comentarios ] ( 2017 visualizaciones )   |  enlace permanente
TEATRO EN FRANCÉS 
jueves, enero 11, 2007, 05:05 PM
O alumnado de Francés do Instituto acudirá o vindeiro xoves día 18 a unha representación de teatro en francés; a representación terá lugar en Lugo. O alumnado irá acompañado das profesoras Beatrice Muiño e Ángeles Serrano.

[ 54 comentarios ] ( 3642 visualizaciones )   |  enlace permanente
OBSERVATORIO DA VIOLENCIA 
jueves, enero 11, 2007, 08:44 AM
Segue no 1º andar do Instituto o panel onde podedes deixar as vosas opinións, denuncias ou suxestións sobre a violencia de xénero.

[ 19536 comentarios ] ( 1307 visualizaciones )   |  enlace permanente
A VIDA COTIÁ NO PRIMEIRO FRANQUISMO 
miércoles, enero 10, 2007, 06:57 PM
Xa podedes ver esta exposición, sobre a vida durante os primeiros anos da ditadura franquista, no primeiro andar do Instituto.
Son 20 paneis elaborados pola Fundación 10 de Marzo. O Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia vai aproveitar isto para desenvolver unha serie de actividades cos diferentes grupos sobre este tema.
Os paneis estarán no noso centro ata o día 24 de xaneiro

[ 66 comentarios ] ( 794 visualizaciones )   |  enlace permanente

Siguiente