B.- BIBLIOTECA

 

1.- Organización, Funcionamento e Horario

  

CURSO ESCOLAR: 2005-2006


ÍNDICE

0.- CONSIDERACIÓNS INICIAIS:

1.-PRINCIPIOS BÁSICOS NOS QUE SE FUNDAMENTA A BIBLIOTECA DE CENTRO:

2.- FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA:

3.- OBXECTIVOS:

4.- ORGANIZACIÓN DO ESPACIO:

5.- PROFESORADO ENCARGADO DO SERVICIO DE BIBLIOTECA. COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN E ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA.

6.-ORGANIZACIÓN E UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA.

7.-NORMAS QUE REGULAN AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

8.-PRESUPOSTO:

 

0.- CONSIDERACIÓNS INICIAIS:

A reforma educativa invita a concibi-la  biblioteca de centro como un dinámico centro de recursos e un activo servicio de información que cumpre un papel esencial en relación coa aprendizaxe dos alumnos, coas tarefas docentes e co entorno social e cultural do centro.

Aparece como un espacio educativo, que alberga unha colección organizada e centralizada de tódolos materiais informativos que precisa o centro para desenvolve-la súa tarefa docente, baixo a supervisión de persoal cualificado, e as súas actividades se integran plenamente nos procesos pedagóxicos do centro e se recollen, por tanto, no PEC, PCC e PXA.

Ha de ser, un lugar favorable para o estudio, a investigación, o descubrimento, para a autoformación e para a lectura.

As principais razóns  de ser da biblioteca de centro están encamiñadas a:

  • Apoia-la totalidade do currículo.
  • Ser un novo lugar de aprendizaxe no que alumnos e profesores teñan o seu alcance unha gran diversidade de recursos educativos e poidan por en práctica unha metodoloxía máis activa e participativa.
  • Un lugar de encontro, un espacio de comunicación e intercambio no que se poidan desenvolver experiencias interdisciplinarias e aborda-los contidos transversais ó currículo, igualdade de oportunidades, acceso a cultura en igualdade de condicións, etc.
  • Favorece-la autonomía e a responsabilidade dos alumnos na súa aprendizaxe.
  • Lugar de formación dos alumnos no uso das diversas fontes de información.
  • Que permita fomenta-la lectura como medio de entretemento e ocio.

 

1.-PRINCIPIOS BÁSICOS NOS QUE SE FUNDAMENTA A BIBLIOTECA DE CENTRO:

  • Os usuarios da biblioteca de centro son tódolos integrantes da comunidade educativa.

 

  • A biblioteca é , ante todo, un lugar de aprendizaxe, de encontro e comunicación, integrada no proceso pedagóxico para favorece-la autonomía e responsabilidade do alumno.
  • Debe incluír tódolos recursos bibliográficos, materiais informativos, didácticos, en xeral encontraremos documentos impresos en papel ( libros, revistas, periódicos,...), soportes introducidos polas novas tecnoloxías, acceso a internet, etc.

 

  • A xestión da biblioteca ha de ser centralizada, en permanente contacto e colaboración  coas bibliotecas dos distintos Departamentos didácticos. As distintas adquisicións dos departamentos procesaranse a través da Biblioteca, quedando incluídas nos catálogos da mesma.
  • A biblioteca debe relacionarse co seu entorno social e cultural, colaborar con outras institucións, emprega-las novas tecnoloxías para estar en contacto con outras bibliotecas  centros educativos, Centros de Profesores e de Recursos e con outros centros ou servicios de documentación educativa.

2.- FUNCIÓNS DA BIBLIOTECA:

 Funcións educativas: afectan en xeral á formación integral da persoa e en concreto ó deseño, desenvolvemento e innovación curricular. A destacar:

  • Fomento da lectura de todo tipo de linguaxes e de todo tipo de soportes.
  • Formación na busca, análise e tratamento da información e a documentación.    
  • “Educación Documental”.
  • Fomento da expresión e da creatividade.
  • Educación para o ocio e o tempo libre.
  • Información e orientación.

Funcións culturais:

  • Organizar actividades culturais, na súa condición de espacio interdisciplinario.
  • Proporcionar información cultural, acerca de todo tipo de actividades, recursos e servicios externos.

Funcións técnicas:

  • Xestionar e organiza-las  instalacións e o equipamento.
  • Xestionar, organizar e trata-los recursos de información e documentación.
  • Difundir e facilita-lo acceso ós recursos propios.
  • Actualizar a sección “Biblioteca” da páxina Web do IES.
  • Actuar como enlace con outras fontes e servicios de información externos

Funcións participativas:

  • Potenciar a presencia do alumnado en órganos de decisión (Comisión de dinamización e adquisicións)
  • Implicar ó alumnado directamente nas actividades encamiñadas á dinamización da biblioteca (formación de usuarios, animación á lectura, club de lectura,...)

 

 

3.- OBXECTIVOS:
A biblioteca escolar concibida non só como unha institución para a “promoción da lectura” senón tamén como un espacio de “aprendizaxe”. Debe responder ós seguintes obxectivos:

  • Proporcionar un continuo apoio ó programa de ensinanza-aprendizaxe.
  • Asegura-lo acceso a unha ampla gama de recursos e servicios.
  • Dota-los alumnos de capacidades básicas para obter e empregar unha gran  diversidade de recursos e servicios.
  • Habitua-los alumnos á utilización das bibliotecas con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente.
  • Manexar autonomamente os recursos dispoñibles na biblioteca.
  • Buscar, clasificar e aproveita-los recursos para amplia-los coñecementos adquiridos na aula.
  • Amplia-la súa visión do mundo, abri-la súa mente a outras realidades e culturas, con actitude de respecto.

 

4.- ORGANIZACIÓN DO ESPACIO:

O espacio da biblioteca, a súa situación no centro educativo e as características do mobiliario e dos equipos informáticos instalados deben facilita-lo cumprimento dos obxectivos propostos. A tal fin, é necesario contar co espacio suficiente para que os alumnos traballen, tanto en grupos como individualmente. Cara a este curso, propoñémonos dotar á zona de lectura con asentos máis  cómodos.

A situación actual permítenos diversifica-lo espacio existente (con serias limitacións de espacio , e de instalación dos correspondentes equipamentos), creando catro zonas diferenciadas:

a).- ZONA DE LECTURA RELAXADA E RECREATIVA e ZONA DE ESTUDIO: zona compartida para a lectura de publicacións periódicas e para a realización de actividades de documentación, traballo en grupo  ou  tarefas individuais.

b).- ZONA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS: con conexión á Internet.

Dotada de 9 ordenadores e unha impresora.

c).- ZONA PARA ATENCIÓN DO USUARIO, PRÉSTAMO E INFORMACIÓN:

Dotada de mostrador de atención de alumnos/as; espacio para realiza-lo traballo técnico a cargo do profesorado encargado do servicio de Biblioteca, con equipo de xestión de Biblioteca.

d).- REVISTEIRO:

Conten revistas, publicacións periódicas, xornais,etc.

 

Non se dispón dunha zona complementaria para ALMACÉN E ARQUIVO.

 Circunstancia que nos obriga a manter parte do material bibliográfico nos respectivos departamentos didácticos.

 


5.- PROFESORADO ENCARGADO DO SERVICIO DE BIBLIOTECA. COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN E ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA.

As funcións do profesorado encargado do servicio de biblioteca, segundo indica o Decreto 324/1996 de 26 de Xullo, art. 69, serán:

  • Asegurar a organización, mantemento e axeitada utilización dos recursos documentais e da biblioteca do centro.
  • Atender aos alumnos que utilicen a biblioteca, coa axuda dos profesores que teñan asignadas horas de atención a ela, facilitándolles o acceso ás diferentes fontes de información e orientándoos sobre súa utilización.
  • Difundir, entre os profesores e os alumnos, información administrativa, pedagóxica e cultural.
  • Colaborar na promoción da lectura como medio de información, entretemento e lecer.
  • Recoller as propostas e trasladalas á dirección de compra de novos materiais e fondos para a biblioteca.

 

Tendo á vista estes obxectivos, créase neste curso académico a COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN E ADQUISICIÓNS (en adiante, CDA) DA BIBLIOTECA. O seu cometido será dinamizar todas as actividades (listas de libros máis lidos, novidades, xogos...) que dende a Biblioteca se promovan como apoio á lectura, e á divulgación de música e cine.

Esta CDA estará formada por profesorado e alumnado, sendo os membros da mesma:

JOSÉ ROMERO PÉREZ (Vicedirector)
ANTONIO FRADE FRAGA (Xefe do Departamente de Lingua e Literatura Españolas)
JULIO-JOSÉ GONZÁLEZ IGLESIAS (Profesor de Filosofía e encargado da Biblioteca)
OLGA AGUIAR ENRÍQUEZ (Profesora de Filosofía, encargada da Biblioteca e Coordinadora da Comisión)
JENNIFER LÓPEZ LAGE (alumna de 1º Bacharelato)
ALBA CAMPOS MIRAGAYA (alumna de 1º Bacharelato)

 

ASIGNACIÓN DE PROFESORADO PARA O CURSO 2005–2006:

 

PROFESOR/A  ENCARGADO/A

HORAS

OLGA AGUIAR ENRIQUEZ

6

JULIO JOSÉ GONZÁLEZ IGLESIAS

6

Total =

12

 

HORARIO:    

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

HORAS

8,30-9,20

 

 

 

 

 

8,30-9,20

9,20-10,10

 

 

J.J. GONZÁLEZ

J.J. GONZÁLEZ

 

9,20-10,10

10,10-11.00

 

J.J. GONZÁLEZ

J.J. GONZÁLEZ

J.J. GONZÁLEZ

 

10,10-11,00

11,00-11,20

PRÉSTAMO
RECREO

PRÉSTAMO
RECREO

PRÉSTAMO
RECREO

PRÉSTAMO
RECREO

PRÉSTAMO
RECREO

11,00-11,30

11,20-12,10

 

O. AGUIAR

 

 

O. AGUIAR

11,30-12,20

12,10-13,00

 

 

O. AGUIAR

O. AGUIAR

J.J. GONZÁLEZ

12,20-13,10

13,00-13,20

PRÉSTAMO
RECREO

PRÉSTAMO
RECREO

 

 

 

13,10-14,00

13,20-14,10

O. AGUIAR

 

 

14,10-15,00

O. AGUIAR

 

6.-ORGANIZACIÓN E UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA.

 

PLAN DE ACTUACIÓN

6.1.-MATERIAL BIBLIOGRÁFICO “ADQUISICIÓN E ACTUALIZACIÓN”

TEMPORALIZACIÓN: 1º,2º e 3º Trimestre

 

6.2.- MATERIAL BIBLIOGRÁFICO “REDISTRIBUCIÓN E REORGANIZACIÓN”
AUTOMATIZACIÓN DO CATÁLOGO:

 

TEMPORALIZACIÓN: 1º,2º e 3º Trimestre

 

6.3.-ORGANIZACIÓN DO ESPACIO

DIVERSIFICACIÓN DE ZONAS:

ATENCIÓN ÓS USUARIOS:

SINALIZACIÓN DA BIBLIOTECA:

TEMPORALIZACIÓN: 1º,2º e 3º Trimestre


 

6.4.- ACTIVIDADES CULTURAIS

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA:

Achegamento ao libro:

 
Actividades de expresión escrita ou creación literaria:

Achegamento ás “Músicas do Mundo”:

Achegamento ao cine:

TEMPORALIZACIÓN: 1º,2º e 3º Trimestre

 

 

6.5.-RECURSOS INFORMÁTICOS E A CONEXIÓN Á INTERNET

TEMPORALIZACIÓN: 1º,2º e 3º trimestre

 


6.5.- PROGRAMA DE RECURSOS INFORMATICOS E A CONEXIÓN A INTERNET

 

OBXECTIVOS:

Descubrir as potencialidades que Internet ofrece como nova fonte de información e as súas aplicacións educativas.

Fomentar os recursos informáticos na aula como ferramenta didáctica, de acceso e intercambio de información.

Procurar a alfabetización na busca e utilización da información na rede.

Potenciar o uso da Páxina Web do centro, coñecer as posibilidades que ofrece como guía dos recursos materiais e didácticos dispoñibles na propia Biblioteca e nos fondos dos Departamentos Didácticos.

Introducirse no mundo da comunicación a través das novas tecnoloxías.

Realizar intercambios virtuais a través de Internet, entre os nosos alumnos e os alumnos doutros centros.

Empregar sistematicamente os servicios da rede para intercambiar información entre os alumnos do noso centro acerca dos seus intereses, preferencias, actividades, etc e os de outros centros empregando a Lingua Galega, castelá e estranxeira.

Manter intercambios de información a través dos recursos informáticos con carácter disciplinar e didáctico entre os profesores do noso centro e os centros de intercambio.

 

6.5.1.- APLICACIÓN DOS RECURSOS INFORMÁTICOS NA AULA COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA.

 O obxectivo  é realizar actividades con alumnos facendo uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación empregando ademais Internet, en materias distintas á informática e que sirvan de apoio didáctico á actividade realizada na aula.

 

6.5.1.1.-ACTIVIDADES:

  • Navegar por páxinas WEB.
  • Emprega-los recursos que ofrecen determinadas páxinas WEB como apoio  na aula.
  • Manexar Programas de creación, enciclopedias electrónicas, etc....
  • Utilizar buscadores.
  • Conectar con grupos de noticias e emprega-lo correo electrónico.

 


7.-NORMAS QUE REGULAN AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

7.1.-NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO POLOS ALUMNOS:

  • A biblioteca é un lugar de estudio, lectura, traballo, consulta e préstamo. En consecuencia os alumnos están obrigados a gardar silencio e a compostura debida.

 

  • Non é lugar de consumo de alimentos, lambetadas e bebidas.
  • Existirá un control do uso do material bibliográfico, revistas, equipos informáticos, etc.

 

.. O alumnado será responsable do material que use. ASUMINDO OS GASTOS DE REPARACIÓN DO DANO CAUSADO POR NEGLIXENCIA, OU DE XEITO INTENCIONADO.

 

USO DOS EQUIPOS INFORMÁTICOS:

  • Non se poderán introducir CD’s nin disquetes.
  • Número máximo de alumnos por ordenador: 2
  • Non se poderá navegar por páxinas WEB de contido non apto para menores.
  • No parte diario anotaranse os alumnos/as que fan uso da biblioteca e dos equipos informáticos, e as incidencias que se produzan.

 

O alumnado poderá acceder á biblioteca en todos os PERÍODOS DE LECER.

 

7.2.-HORARIO DE  BIBLIOTECA:

“A biblioteca ten unhas  horas que son de uso exclusivo a Préstamo Bibliográfico, servicio de catalogación e documentación, PERÍODOS DE LECER  e actividades lectivas” que se contemplan no seguinte cadro horario.

HORAS

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

HORAS

8,30-9,20

 

 

INFORM.
3º DC

AMB. CT
4º DC

INFORM.
3º DC

8,30-9,20

9,20-10,10

 

Cult. Rel.
3º A

Servicio
C e D

Servicio
C e D

AMB. CT
4º DC

9,20-10,10

10,10-11,00

IáTI
3ºB

Servicio
C e D

Servicio
C e D

Servicio
C e D

FiCT
2º AB

10,10-11,00

11,00-11,20

PRÉSTAMO

PRÉSTAMO

PRÉSTAMO

PRÉSTAMO

PRÉSTAMO

11,00-11,30

11,20-12,10

FiCT
2º AB

Servicio
C e D

FiCT
2º AB

IáTI
3ºB

Servicio
C e D

11,30-12,20

12,10-13,00

PGS
Amb. L.

ÉtFi
1ºAB

Servicio
C e D

Servicio
C e D

Servicio
C e D
INFORM.

12,20-13,10

13,00-13,20

PRÉSTAMO

PRÉSTAMO

ÉtFi
1ºAB

CULT. REL
4º A

 

13,10-14,00

13,20-14,10

Servicio
C e D
INFORM.
3º DC

 

 

14,10-15,00

Servicio
C e D

 

 


PERÍODOS DE LECER:  haberá un profesor de garda asignado para este espacio.

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

11,00-11,20

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS
INFORMÁTICOS

 

P.G:
Manuel A. Fdez.

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS
INFORMÁTICOS

 

P.G:
Carmen Marrondo

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS
INFORMÁTICOS

P.G:
Begonia Iglesias

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS INFORMÁTICOS

P.G:
Guadalupe Pardo

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS
INFORMÁTICOS

P.G:
Carlos Vigo

 

13,00-13,20

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS INFORMÁTICOS
P.G:
Marisa Conles

PRÉSTAMO
ESTUDIO E LECTURA
EQUIPOS INFORMÁTICOS

Isabel Ferreiro
Santiago Dans
Mª Antonia A. Arcay
José Mª F. Segura
(quendas)


NAS SEMANAS PREVIAS ÁS AVALIACIÓNS A BIBLIOTECA SERÁ DE USO EXCLUSIVO  PARA ESTUDIO NOS PERÍODOS DE LECER.

 


7.3.-UTILIZACIÓN DA BIBLIOTECA NAS RESTANTES HORAS LIBRES

Priorízase a súa utilización como segue:

 

7.3.1.-APLICACIÓN DOS RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS E INFORMÁTICOS NA AULA COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA:
Para  realizar actividades con alumnos facendo uso dos fondos bibliográficos  existentes e das novas tecnoloxías da información e da comunicación empregando ademais interne, en materias distintas a informática e que sirvan de apoio didáctico á actividade realizada na aula.

  • Poderá ser utilizada mediante reserva horaria  polo profesor correspondente no “libro de utilización” da mesma cunha antelación de dous días.
  • No caso de proxectos  de uso didáctico estables a reserva  horaria manterase mentres duren os mesmos.

 

7.3.2.-EN PERÍODOS DE GARDA DE AULA.

A criterio do “profesor de garda” e sempre que nese momento a biblioteca  non se encontre ocupada  polos servicios e actividades descritas anteriormente.

 


8.-PRESUPOSTO: 

ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E FONDOS PARA A BIBLIOTECA

Publicacións:

  • Libros de referencia (Obras de divulgación científica ou formativos en xeral).
  • Libros recreativos (que fomenten o hábito de lectura).
  • Libros propostos pola Comisión de Biblioteca en atención ao Buzón de Suxerencias.
  • Música para desenvolver o Programa de “Músicas do Mundo”
  • Cine en DVD´s  (“Cine Europeo” e “Cine e Literatura”)

 

1400 euros

ORGANIZACIÓN DO ESPACIO

  • Sinalización Biblioteca

100 euros

ACTIVIDADES CULTURAIS

  • Animación a lectura.
  • Conmemoracións de carácter oficial.
  • Actividades de dinamización.

 

500 euros

RECURSOS INFORMÁTICOS

  • Compra de Impresora Laser

125 euros

MATERIAL FUNXIBLE

  • Papel e tinta para a impresora.

100 euros

MANTENEMENTO DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

 

 

TOTAL = 2.225 euros

Visitas dende 24/04/2003: 324870 | Visitas hoxe: 195

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462