DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES |
Unha educación de calidade basease en:
Responder ás novas demandas sociais
Mellora-la súa calidade de vida
Igualdade, xustiza e oportunidades para todos.
As Actividades Complementarias e Extraescolares contribúen a unha formación integral de tódolos alumnos/as.
Permiten a participación da comunidade educativa, desenvolvendo valores que teñan moito que ver coa socialización, a participación, a cooperación, o respecto ás opinións dos demais, e asunción de responsabilidades.
NORMATIVA QUE REGULA O DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
DOGA – Nº 156- venres, 9 de agosto de 1996. Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos Institutos de educación secundaria.
Capítulo III.- Artigo 61º ó 70º ámbolos dous inclusive.
DOGA – Nº 168 – Martes, 2 de setembro de 1997.
Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento Orgánico dos Institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento.
Artigo- 69, apartados a, b, c, d, e, f.
DIFERENCIAS ENTRE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
Considéranse Actividades Complementarias , aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación , teñen carácter diferenciado das propiamente lectivas, polo momento, espacio ou recursos que utilizan.
- Así cabe considera-las:
Visitas
Traballos de campo
- Viaxes de estudio
- Conmemoracións
Dado que se realizan dentro de horario escolar, o centro debe arbitra-las medidas necesarias para atender educativamente ó alumnado que non participe nelas.
No caso de actividades complementarias que suporían a saída do centro de alumnos menores de idade, requirirase a correspondente autorización escrita dos seus pais/nais ou titores legais.
Considéranse Actividades Extraescolares As organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo consello escolar están encamiñadas a potencia-la apertura do alumnado en aspectos referidos á ampliación do seu horizonte cultural, a preparación para súa inserción na sociedade, e o uso do tempo libre. Realízanse fora do horario lectivo, teñen un carácter voluntario para tódolos alumnos/as do centro.
Non forman parte do proceso de avaliación polo que pasa o alumno para a superación das distintas areas ou materias curriculares que integran os plans de estudio.
ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
A programación xeral anual – aprobada polo consello escolar, no DOC nº 7 – recolle o programa anual de actividades complementarias e extraescolares que se vaian a realizar o longo do curso.
Nos I.E.S. estas actividades serán promovidas e organizadas polo xefe do departamento de actividades extraescolares (vicedirector), a tales efectos desempeñará as súas funcións (recollidas no artigo 66º do decreto 324/1996) en colaboración cos distintos departamentos didácticos, xunta de delegados, APAS, Administracións locais e outras institucións.
PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
A proposta de programación de actividades complementarias e extraescolares que se eleven para a inclusión na P.X.A., para a sua aprobación polo consello escolar do centro comprenderá:
- Denominación específica da actividade
- Obxectivos
- Horario, temporalización e lugar no que se desenvolverá
- Alumnos que participan ( cursos implicados)
- Departamento ou profesor/profesora responsable que a dirixirá, levará a cabo e participará en cada actividade
- Custo e fórmulas de financiamento das actividades, e no seu caso, achegas que se propoñen os alumnos e alumnas que participen nelas, como axuda de financiamento das mesmas.
INFORMACIÓN ÓS PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS
Unha vez aprobadas polo consello escolar as actividades complementarias e extraescolares que vai a ofrece-lo centro debéraselles facilitar ós pais /nais dos alumnos información detallada sobre as mesmas.
Segundo autorización modelo
FINANCIAMENTO DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Para a financiamento dos gastos ocasionados pola realización destas actividades, os centros empregarán os seguintes medios para obtelos recursos económicos, logo da aprobación polo consello escolar:
- As cantidades aprobadas polo consello escolar procedentes da asignación que o centro recibe da Consellería de Educación en concepto de gastos de funcionamento.
- As cantidades procedentes dos presupostos xerais da comunidade autónoma de galicia que poidan asignárselle ós centros con carácter específico para estas actividades.
- As cantidades procedentes de asociacións, ou calquera ente, público ou privado.
- As achegas realizadas polos usuarios:
- Os usuarios contribuirán a financiamento das actividades tendo en conta o estipulado a tal efecto polo consello escolar.
- O consello escolar arbitrará as medidas oportunas para asumir total o parcialmente o pago de actividades de aqueles alumnos/as que se encontren nunha situación desfavorecida.
- Os ingresos que se obteñan por estes conceptos aplicaranse os gastos de funcionamento do centro.
|