ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ACTIVIDADE
Viaxe fin de estudios de:
1º BAC
PROGRAMAS DE GARANTIA SOCIAL
ORGANIZA
DPTO: AEC
TRIMESTRE

31 Marzo ó 7 de Abril
CURSOS IMPLICADOS
1º BAC A e B
PGS: SOLDADURA e PIP
Nº ALUMNOS
28
LUGAR DE REALIZACIÓN
CATALUÑA
FINANCIAMENTO
Achegas alumnos e achegas de institucións
1.-OBXECTIVOS:

1.1.-Relativos ó aproveitamento da actividade:

-Participar en actividades de tempo libre dun modo divertido e creativo.
-Gozar de actividades lúdicas e/ou deportivas, enriquecéndose culturalmente.
-Coñecer de xeito directo algún elemento do patrimonio cultural (histórico, xeográfico, artístico...)
-Aprender a desenvolverse en medios distintos dos habituais.

1.2.-Relativos á organización da viaxe.

-Aprender a organizar actividades colectivas, compartindo responsabilidades.
-Asumir responsabilidades, recoñecendo os propios errores e comprendendo os alleos.
-Respecta-los procedementos democráticos na toma de decisións.
-Fomenta-la solidariedade e o bo compañeirismo.
-Aprender a manexarse en certos mecanismos habituais na sociedade actual: envío de fases, organizar un presuposto e controla-la súa posta en marcha ( gastos, ingresos, facturas...), pedir información por teléfono, redactar cartas, instancias,.. etc.

2.-CONCEPCIÓN DA VIAXE:

Ten un carácter activo.
É unha viaxe organizada polos alumnos, coa colaboración do Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias.
A función do Departamento de A.E.C é a de orientar ós alumnos, respectando as súas decisións puntuais, sempre que non contradigan os obxectivos marcados para a viaxe.
A viaxe é indiscutiblemente, de carácter cultural ou deportivo.

3.-ORGANIZACIÓN DA VIAXE:

a) O Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias ofertará ós alumnos uns itinerarios posibles entre os que escollerán un. Estes itinerarios implicarán unha oferta cultural ampla e variada, ou ben estarán orientados a unha práctica deportiva.
b) Tódalas decisións relativas á organización da viaxe serán tomadas dun xeito democrático, e deberán ser respectadas por tódolos membros do grupo.
c) Os alumnos presentarán ó xefe do D. A.E.C. un plan temporizado e secuenciado das actividades encamiñadas a obte-lo diñeiro para a viaxe.
d) As actividades comezarán a principios do mes de decembro.
e) O grupo de alumnos reunirase periodicamente nalgún recreo. O xefe do D. A.E.C nomeará un presidente e un secretario. O presidente encargarase de presidi-las reunións; o secretario levantará acta dos acordos, así como das informacións oportunas.
f) Haberá un reparto igualitario de tarefas, de xeito que todos traballen para todos.
g) Ó final, os alumnos farán entrega ó Xefe do Dpto. Dun resumen das actividades realizadas, informando dos gastos e ingresos que supuxo para o grupo cada unha delas.
h) No caso de que algún alumno abandone a viaxe antes da súa realización, perderá, de tódolos xeitos, o diñeiro gañado para o grupo, e só poderá recupera-lo aportado en caso de que abandone a actividade por causa de forza maior.
i) Respecto ós acompañantes, se non houbera os profesores necesarios ( un por cada vinte alumnos), un membro da APA pode exercer tal papel.
j) Nas actividades, nas que se contemplan "guateques" e requiran o nome do centro, deberá figurar en sitio visible a palabra "sen alcohol".

  • 4.-ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA RECADAR FONDOS:

    Lotería de Nadal.
    .Realización de Guateques (sen alcohol).
    .Realización de Maratóns de Fútbol Sala.
    .Concurso de baile.
    .Realización de karaoke (concurso de canto).
    .Venta de camisetas e material relativo a viaxe.
    . Venta de caraveis no día de San Valentín.
    .Campionato de futbolín.
    .Porras.
    .Fotos das clases.
    .Aprende a "Xogar na bolsa"
    .Venta de cerámica.
    .Cine na biblioteca.
    .Pedir axuda económica a entidades financeiras, xuntas do monte, establecementos hostaleiros, etc.
ANEXO Nº I
NORMAS QUE REGULAN A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FÓRA DO CENTRO
VIAXE FIN DE CURSO DE 1º DE BACH - PROGRAMAS DE GARANTIA SOCIAL
.Todo alumno/a que participe na viaxe programada, aterase en todo momento o establecido no RRI do IES de Guitiriz.. Os alumnos/as seguirán as instruccións dos profesores que os acompañan en relación a calquera aspecto da viaxe (visitas programadas, horarios establecidos, medidas de seguridade, etc).

. Os alumnos teñen o deber de coidar e utilizar correctamente as instalacións do hotel, albergue, autobús, museos e demáis lugares visitados, cumprindo en cada caso a normativa propia de cada un deles ( comportamento correcto coas persoas e instalacións do lugar que se visita).Os alumnos/as, que causen danos, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións ou o material ( Individual ou colectivamente), quedan obrigados a repara-lo dano causado ou facerse cargo do custo económico da súa reparación e poderán ser obxeto das medidas correctoras que se consideren oportunas.

. Os alumnos/as respetarán os horarios establecidos, tanto para o desenvolvemento das actividades previstas dentro do programa da viaxe, como para o descanso no hotel, albergue, etc.

.Durante o tempo de estancia no hotel, albergue, etc gardarase a compostura debida, permitindo o descanso de tódolos acompañantes do grupo e demáis residentes.

.Durante o desenvolvemento do programa de actividades os alumnos/as permanecerán sempre en grupo, salvo autorización expresa por parte dos profesores que os acompañan.

. As actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros do grupo no desenvolvemento das actividades previstas ( Tenencia de bebidas alcohólicas, drogas, etc), e que poñan en risco o normal desenvolvemento da viaxe, o alumno/a que infrinxa as normas establecidas, será enviado de regreso o seu domicilio particular, asumindo os pais ou titores legais os gastos extraordinarios que xeren tal circunstancia. E aplicaráselle o establecido no RRI para conductas consideradas graves.

. Todo alumno/a que por prescrición do médico siga un tratamento continuado ou padeza algunha enfermidade ( calquera incidencia relacionada coa saúde, asma, diabetes, etc.) deberá comunica-lo de xeito privado aos profesores acompañantes antes de inicia-la viaxe.

Visitas dende 24/04/2003: 324865 | Visitas hoxe: 190

© 2002 -2005 - I.E.S Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Reservados tódolos dereitos.
    Resolución mínima recomendada: 800 x 600
Rúa Xermade, s/n
27300 Guitiriz (Lugo)
Tfno:982 370 026
Fax: 982 370 462